"Ava" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 621.

  • CIDADES

    Cidade do estado de Mahārāshtra, na India, no O de Nagpur (421.456 h [1991]). Está situada nas terras basálticas de Berar, zona de gran produción de algodón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ferir cunha navalla ou outra arma branca.

    2. Dar forma de navalla a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Boimorto baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Vendôme (1537-1562), Rei de Navarra (1555-1562) polo seu casamento (1548) con Xoana III, Raíña de Navarra (1555-1572). Tras este casamento Navarra pasou da casa de Albret á dos Borbóns. Á morte de Francisco II de Francia foi nomeado lugartenente do reino (1561). Ao constituírse en Francia o Triunvirato Católico (1562), Filipe II conseguiu que adoptara o Catolicismo. Fillo seu e de Xoana foi o futuro Enrique IV de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso situado no noroeste da India que se estende ao longo de máis de 500 km desde o norte da chaira de Gujarat ata o límite suroeste do estado de Punxab, tamén na India.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depósito documental formado en Pamplona cos arquivos diplomáticos, de gobernación e de contabilidade do antigo Reino de Navarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIA

    Praia protexida como Espazo Natural situada no concello de Cangas.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 800 metros ANCHURA MEDIA: 30 metros GRAO OCUPACIÓN: Alto GRAO URBANIZACIÓN: Aillada PASEO MARÍTIMO: Non
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Ondada moderada ZONA DE FONDEO: Non NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Si Tipo: Espazo Natural BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Si
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Praza de Montecelo, s/n. Pontevedra TELÉFONO: 986 80 00 00 DISTANCIA...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela A Mancha, no Campo de Calatrava, drenado polo Tirteafuera (5.500 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Dereito, exerceu como notario e como fiscal. Desde 1944 foi gobernador civil e xefe provincial do Movemento en León, Santa Cruz de Tenerife e Navarra; foi director xeral de Seguridade (1957-1965) e alcalde de Madrid (1965-1973). Ministro da Gobernación (1973) durante a Presidencia do Goberno do almirante Carrero Blanco, substituíuno no cargo (xaneiro de 1974), promovendo unha tímida apertura política sen modificar as estruturas propias da ditadura franquista. Trala morte de Franco en 1975, o Rei Xoán Carlos I ratificouno no cargo, pero, contrario a aceptar a transición a unha democracia plena, foi substituído por Adolfo Suárez en 1976. Recibiu o marquesado de Arias Navarro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Myanmar na ribeira do Irauadi. Fundada no 1364 por Thadominbya, converteuse na capital da alta Birmania ou Reino de Ava. O seu nome actual é Inywa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Tamil Nadu, India, na aglomeración de Madrás (180.291 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminuír ou perder a forza algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer costuras ou vaíñas nos extremos dunha peza de roupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sinatura que pon ao pé dunha letra ou doutro documento de crédito a persoa que responde do pagamento no caso de non facelo a persoa obrigada.

    2. Acción pola que unha persoa física ou xurídica responde da solvencia moral ou económica doutra.

    3. Fianza de carácter mercantil incorporada a unha letra de cambio, mediante a cal o avalador comprométese a pagar o importe da letra nos mesmos casos e da mesma maneira na que están obrigados os outros responsables do seu pagamento. Debe facerse por escrito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: alude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Garantizar un documento ou a unha persoa por medio dun aval.

    2. Responder unha persoa dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser avaliado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de avaliar.

    2. Valor atribuído a un ben ou un dereito.

    3. Etapa do proceso educativo que ten por finalidade comprobar dalgún xeito se se acadaron os obxectivos pedagóxicos propostos.

    4. alor atribuído a un ben ou dereito obxecto de expropiación forzosa, establecido de mutuo acordo entre a administración e o interesado, ou segundo o procedemento previsto na lexislación específica sobre a materia.

    5. Cálculo do valor dunha empresa ou de partes da súa estrutura e da súa actividade, de acordo cos parámetros de bens patrimoniais, de rendibilidade, mixtos e de capitalización bolsista.

    6. Procedemento para determinar a base impoñible dun imposto. Consiste na estimación obxectiva ou calculada do rendemento conxunto dunha determinada actividade económica gravable referida a un ámbito territorial concreto, para poder distribuíla posteriormente a cada suxeito fiscal mediante sinais externos, índices ou módulos que poñan de manifesto o rendemento global desta actividade económica. Este procedemento, abolido hoxe en día, foi substituído polos sistemas de estimación directa e estimación obxectiva singular.

    7. Xuízo de valor verbo dunha lingua ou das súas variantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que avalía.

    2. Persoa ou instrumento que se encarga de realizar a avaliación.

    VER O DETALLE DO TERMO