"Ayr" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 35.
-
PERSOEIRO
Poeta árabe. Fillo do tamén poeta Zuhayr ibn Abī Sulma, é autor dunha casida, das máis coñecidas da literatura árabe.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Armenia (211.700 h [1999]). Fundada en 1840 co nome de Aleksandropol, en 1924 recibiu o de Leninakan ata que en 1991 adoptou o nome actual. En 1988 perdeu a metade dos seus habitantes por causa dun terremoto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo alemán. Interesouse polos procesos de especiación e pola xenética de poboacións. Propuxo unha definición de especie que levou ao descubrimento de moitas especies previamente descoñecidas. Publicou entre outras obras Systematics and the Origin of Species (1942), Animal Species and Evolution (1963), Principles of Systematic Zoology (1969), Evolution and the Diversity of Life (1976), The Growth of Biological Thought (1982) e One Long Argument (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor alemán. Foi mestre de Donizetti, e compuxo oratorios, La Passione (1794) e Samuele (1821); e óperas, L’ amore coniugale (1805) e Medea in Corinto (1813).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo alemán. Coñecido como Simon Marius, estudiou astronomía con Tycho Brahe. En 1610 descubriu e bautizou, independentemente e pouco despois que Galileo, os catro satélites grandes de Xúpiter, e redescubriu a galaxia de Andrómeda (1612).
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago de auga salgada situado ao N de Suez (Exipto), atravesado polo canal homónimo. Anteriormente estaba separado en dous brazos alongados de 22 e de 13 km de lonxitude, case baleiros, pero que durante as obras do canal foron recheos de auga de mar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral árabe. Coñecido como Muza, foi gobernador de Ifrīqiya (708). Conquistou o norte de Magreb e decidiu o paso do estreito cara á Península Ibérica (712), cun exército comandado por Tāriq ibn Ziyād. Ese mesmo ano reuniuse con Tāriq en Toledo e pasou a Zaragoza, desde onde emprendeu as incursións a Galicia, en 714 as súas tropas atravesaron O Cebreiro e conquistaron Lugo. Regresou a Damasco, chamado por Walid pero, antes de partir, deixoulle o goberno de Al-Andalus ao seu fillo ‘Abd al-’Azīz ibn Mũsà ibn Nu Palatino; ṣ ayr.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito unitario de Escocia, Reino Unido (884 km2; 138.850 h [estim 2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. No ámbito político, foi primeiro radical e despois socialista. Fundador de La Tribuna (1888), colaborou en La Nación. Algúns dos seus traballos xornalísticos foron reunidos en La Australia Argentina (1898) e En las tierras del Inti (1909). Como escritor, é o autor máis importante do costumismo crioulo, e das súas obras destacan El casamiento de Laucha (1906), Pago Chico (1908) e Las divertidas aventuras del nieto de Juan Moreira (1910).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Kairouan.
-
PERSOEIRO
Cristián renegado. Xefe da mesnada cristián ao servizo dos almohades, Abū Ya’qub Yūsuf enviouno ás Illes Balears (1183) para que se recoñecese a súa soberanía á morte de I ṣ hāq inb Ġāniya e foi apreixado por Alī ibn I ṣ naq cando atacaba Mallorca. Alzouse cos prisioneiros cristiáns na alcazaba e devolveu o poder a Mu ḥ ammad, irmán de Alī, a cambio de aceptar a Abū Ya’qub. De novo en Ifrīqīya, caeu en poder dos Banū Ġāniya e foi executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ayrton Senna da Silva.
-
PERSOEIRO
Automobilista brasileiro. Coñecido como Ayrton Senna, obtivo 65 pole positions, 41 vitorias en grandes premios e foi campión do mundo en 1988, 1990 e 1991, e subcampión en 1989 e 1993. Morreu nun accidente no GP de San Marino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Primeiro Valí (gobernador) de Al-Andalus, fillo de Mūsà ibn Nusayr. Conquistou unha boa parte do sur peninsular. Asinou unha capitulación amistosa co Rei godo Teodomiro. Estableceuse definitivamente en Sevilla, onde morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gobernador de Ifrīqiya, fillo de Mūsà ibn Nu ṣ ayr. No ano 707, sen ter o cargo, capitaneou o primeiro ataque musulmán ás Illes Balears. Foi destituído e asasinado por orde do Califa Sulaymān.
VER O DETALLE DO TERMO