"BD" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 171.
-
VER O DETALLE DO TERMO
peritoneoscopia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de orixe semítica formado coa raíz abd ‘servo, criado’, polo que pode interpretarse como ‘servo de Deus’. Chamábase Abdón un personaxe bíblico, xuíz de Israel, fillo de Hilel, que ocupou o cargo durante oito anos (Libro dos Xuíces).
-
PERSOEIRO
Personaxe que segundo a tradición foi un persa cristián prendido polos romanos e conducido a Roma xunto con Senén contra o ano 247. Acusado de dar sepultura aos cristiáns executados, non renegou da súa fe, morrendo no 250 durante a persecución do Emperador Decio. Patrón dos labregos e protector das enfermidades da vista. A súa festa celébrase o 30 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Siloxismo en que a maior premisa é evidente de seu, en tanto que a menor, polo tanto a conclusión, soamente é probable.
-
Segundo Pierce, hipótese explicativa inferida a partir dunha serie de datos, pero de natureza cualitativamente distinta da que resultaría dunha indución sinxela. Pierce botou man de varios termos ademais do de abdución, como os de presunción, inferencia hipotética e hipótese. O filósofo comezou coas inferencias siloxísticas, especialmente as aristotélicas, facendo fincapé no concepto de apagoge ou redución das figuras do siloxismo á figura primixenia (siloxismo Bárbara). Segundo Pierce os procesos mentais de descubrimento, xustificación e explicación son inferenciais e clasificables en dedutivos ou analíticos e sintéticos. Non resulta claro en Pierce se a abdución é unha conxectura, as razóns que levan á conxectura, ou as razóns que, unha vez formulada a conxectura, explican por qué se escolleu esta e non outra. Tampouco está sempre claro se a abdución concirne á construción dunha conxectura ou hipótese ou ben á selección razoada dunha delas entre varias.
-
-
Movemento polo cal un membro ou órgano calquera se afasta do plano medio do corpo.
-
Acción de levar a alguén contra a súa vontade do lugar onde vive normalmente valéndose da violencia ou de enganos.
-
Na Roma antiga, dislocación ou ruptura dunha formación militar.
-
Presunto secuestro realizado por seres extraterrestres.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Separar un membro ou extremidade do plano medio do corpo.
-
PERSOEIRO
Tunku (príncipe) e político malaisiano. Ministro de Asuntos Exteriores da Federación de Malaisia (1957-1963) e Xefe do Goberno de Malaisia (1963-1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sultán otomano, irmán de Abdülmecit I, a quen sucedeu no 1861. A súa tímida política de reformas provocou a un tempo a oposición dos tradicionalistas e dos constitucionalistas (Mozos Turcos). As revoltas nacionais na Península Balcánica (1861-1875) e Creta (1866-1868) xunto coa autonomía exipcia (1866), contribuíron á descomposición do Imperio Otomano, por outra banda suxeito ás influencias de Francia, Gran Betaña e Rusia. Obrigado a abdicar (1876), morreu asasinado poucos días despois.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e autor dramático turco. As súas poesías testemuñan o xogo da filosofía occidental coa relixión musulmana. Autor de numerosos dramas históricos de inspiración romántica, destacan Ešber (1881) e Finten (1887), que lle outorgaron un lugar destacado na literatura nova do seu país.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sultán otomano (1774-1789), sucesor do seu irmán Mustafá III. Co gallo da guerra contra Rusia por Crimea e a ribeira esquerda do Danubio (1768-1774), asinou o tratado de Küçük Kaynarca (1774). Reprimiu numerosas revoltas locais, especialmente a de Exipto (1786-1787). No ano 1786 foi derrotado por Rusia. Sucedeuno Selim III.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sultán otomano (1876-1909). Despois da caída do seu irmán Murat V chegou ao poder co apoio dos Mozos Turcos, quen acadaron que promulgase unha constitución liberal (1876). Reprimiu salvaxemente a insurrección dos Balcáns e provocou a intervención de Rusia, que declarou a guerra a Turquía (1877). Despois de derrotala, obrigouna a aceptar o tratado de Santo Stefano e a desmembración do Imperio Otomano no Congreso de Berlín (1878). A súa política represiva continuou e foi especialmente cruenta contra os armenios. O seu goberno, partidario do panislamismo, contribuíu á ruína do Imperio. Foi destronado polos Mozos Turcos e sucedido por Mehmet V (1909).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor malaio. A súa obra está considerada como tránsito da literatura malaia antiga á moderna. Autor dunhas memorias tituladas Hikayat Abdullah (1845) e dun diario de viaxes Kesah Pelayaran Abdullah.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soberano hachemita da Transxordania (1921-1951) deposto como Rei de Iraq en favor do seu irmán (1921) e nomeado polos británicos Emir da Transxordania (1923-1946). Durante a Segunda Guerra Mundial solicitou aos países islámicos o apoio ao bando dos aliados. Proclamado Rei de Xordania despois de que Gran Bretaña lle outorgara a independencia (1946), trocou o nome polo de Reino Hachemita de Xordania. Acusado por membros da Liga Árabe de aceptar a existencia do estado de Israel e a repartición de Palestina, morreu asasinado por terroristas palestinos. Sucedeuno o seu fillo, Talāl I de Xordania.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Monarca do Reino de Xordania (1999). Neto de Abdullah I, iniciador da dinastía hachemita, converteuse no seu cuarto monarca ao suceder ao seu pai Hussein I ao finar este en xaneiro do 1999.
-
PERSOEIRO
Político caxemirés. Fundou, no 1938, a Conferencia Nacional defensora dos dereitos da maioría musulmana. Trala escisión entre Paquistán e a India (1947), en principio favorable para a India, foi Primeiro Ministro da Caxemira (1948-1953). Debido á súa actitude favorable á independencia de Caxemira foi encarcerado (1953-1964). Despois do seu exilio (1971-1972), volveu ser Primeiro Ministro de Jammu e Caxemira (1975-1977 e 1977-1982) e líder do National Conference Party.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sultán otomano (1839-1861). Sucedeu ao seu pai Mahmut II durante a guerra con Exipto, na que combateu coa axuda de Gran Bretaña, Rusia, Prusia e Austria (Tratado de Londres, 1840). A súa política de reformas provocou a oposición das clases dirixentes e dos ulemas. Loitou contra Rusia na Guerra de Crimea (1854-1855) e mantivo a integridade territorial de Turquía mercede ao Tratado de París (1856). Sucedeuno o seu irmán Abdülaziz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Derradeiro Califa turco (1922-1924). Ao se abolir o Sultanato (1922), a Asemblea Nacional elixiuno como xefe exclusivamente relixioso. Trala supresión do Califato (1924), viuse obrigado a marchar ao exilio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico paquistaní. Fundou no ano 1964 o Centro Internacional de Física Teórica de Trieste, destinado á formación de científicos do Terceiro Mundo. Especializado en física de partículas, recibiu o Premio Nobel de Física do 1979, compartido con S. Glashow e S. Weinberg.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Que produce abdución.
-
Músculo ou nervio que produce a abdución.
-
-
Dise dos tubos que nos aparellos de laboratorio recollen os gases desprendidos nunha reacción.
-
-
PERSOEIRO
Rei da Taifa de València (1076-1085). De familia amirita, rebelouse contra o Rei de Toledo al-Qādir acadando unha independencia de feito (1076), pero permaneceu baixo a protección militar de Afonso VI.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gobernador de València, Xátiva e Dénia. Gobernou València de xeito autónomo e fíxose chamar rei. Xaime I obrigouno a rendirlle vasalaxe no ano 1226. A súa incapacidade para facer fronte aos seus inimigos, aumentou a súa dependencia do rei catalán, que o obrigou a tributarlle numerosos impostos e a cederlle parte do seu territorio. Renegou do Islam e bautizouse co nome de Vicente.
VER O DETALLE DO TERMO