"Blanco" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 113.
-
GALICIA
Sacerdote e profesor de Filosofía. Emigrou á Arxentina, onde comezou os estudios sacerdotais (1892). Regresou a España en 1898 e iniciou o estudo das linguas clásicas. Estudiou Filosofía en Tortosa e dedicouse ao ensino de Ciencias Físicas e Naturais no Colexio de San Salvador de Zaragoza. En 1908 continuou cos seus estudios de Teoloxía e foi catedrático de Elocuencia Sagrada e Hebreo. De volta en América, en 1913, obtivo a cátedra de Física Experimental en Montevideo e as de Psicoloxía, Cosmoloxía e Ciencias Físicas e Naturais na Universidad Pontificia de Bos Aires. Publicou La evolución antropológica y Ameghino (1916), Las ideas preconcebidas y la ciencia, El diprothomo y la orientación frente-glabelar (1919) e La Antropología y la Ciencia (1921). Fundou a revista El Salvador (1926) e publicou traballos de investigación na revista Estudios. Así mesmo, editou un Canto, en hexámetros e en grego, e un ensaio sobre a Ilíada. Organizou...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e director de escena. Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago, foi un dos animadores da vida teatral en Ourense durante os sesenta e setenta. Principiou a súa traxectoria teatral no teatro universitario de Santiago de Compostela e como actor do grupo de teatro Valle-Inclán, participando no espectáculo Don Hamlet, estreado en 1970, nese mesmo ano creou o colectivo Histrión 70, un dos primeiros grupos independentes, canteira de futuros profesionais, con esta compañia dirixirá varios espectáculos entre os que cómpre salientar Antígona (1976), a partir da adaptación de Bertolt Brecht, e A pancarta (1978), a partir do texto homónimo de J. Díaz. Desde finais dos anos setenta reside en Portugal, primeiro traballou co Teatro Experimental do Porto e, finalmente, instalouse en Lisboa onde fundou o Teatro Ibérico, compañía coa que creou un repertorio baseado en textos de autores da dramaturxia castelá. En 1990 volveu a Galicia para asumir a...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Emigrado en Suíza, foi redactor xeral da revista El obrero, editada pola Federación da construción da Unión Sindical suíza, e secretario de organización da Unión General de Trabajadores (UGT). De volta a Galicia, foi secretario de organización do Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) e parlamentario polo PSdeG-PSOE nas tres primeiras lexislaturas galegas, de 1981 a 1993.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e poeta. É autor dos poemarios en castelán Gemas de luz, Ánfora e Sonora soledad, e dos poemarios en galego Dor e saudade (1968), dentro dunha liña clasicista, e A corazón aberto (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Formado en Madrid e Barcelona, é profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. A súa obra non se adscribe a ningunha tendencia, segue fielmente as súas vivencias e foxe de toda convención ao utilizar a súa liberdade creativa como motor da súa produción artística. Entre as súas obras máis salientables destacan o Pub Irán de Ourense (1983), a vivenda da Abarcala (O Grove, 1991) e intervencións no patrimonio construído, como as Adegas de San Clodio (Ourense, 1991). Así mesmo, realiza esculturas, pinturas, murais, labores de deseño e instalacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz e profesora. Licenciada en Xeografía e Historia, dá clases de Humanística no Instituto Politécnico de Pontevedra. Dende 1970 interveu en diversas montaxes de grupos de teatro afeccionado de Santiago de Compostela. En 1984 codirixiu con Daniel Domínguez a curtametraxe O segredo; tamén realizou varios traballos sobre plástica contemporánea en soporte vídeo. En 1989 debutou como actriz cinematográfica dando vida a Xonxa, a protagonista da primeira longametraxe do director Chano Piñeiro, Sempre Xonxa. Nos últimos anos compaxinou a súa faceta de actriz coa de presentadora de programas na TVG, como DeZine, espazo dedicado a analizar as últimas producións cinematográficas. Entre a súa filmografía destacan: Huídos (1992), Hermana pero qué has hecho? (1995), A lingua das bolboretas (1999) e Terra do Fogo (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz. Iniciou a súa actividade no grupo afeccionado Tespis, para logo continuar a súa carreira no ámbito profesional, participando en diversos espectáculos como Xoana (1985) de Teatro do Atlántico. Posteriormente formou parte do elenco de espectáculos como A casa dos afogados (1991), Un soño de verán (1992) ou Valle-Inclán 98 (1998), realizados polo Centro Dramático Galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, realizou estudios de Interpretación na Real Escuela Superior de Arte Dramático (Madrid) e de Psicoloxía na Universidade da Coruña. Dende 1988 traballa no gabinete de prensa da CRTVG. Coordinou e colaborou na Revista de RTVG (1991-1994). No eido da literatura infantil publicou Tres nenos nas alturas (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e relixioso franciscano. Coñecido polo pseudónimo de Teófilo Hispano, foi colaborador de El Eco Franciscano. Escribiu as obras: Jerusalén. Cuadros de vida religiosa contemporánea en la Ciudad Santa (1915), Breve tratado de Caligrafía y escritura española (1925) e Lecciones de Dibujo para los Colegios y Escuelas primarias (1926), amais doutras publicacións que aínda se conservan inéditas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. É Doutor en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de bacharelato de Lingua e Literatura Española dende 1974. Dende 1986 vén traballando no eido da literatura oral tradicional de Galicia, especialmente dos ss XVIII, XIX e XX, tema sobre o que escribiu numerosos artigos nas revistas Grial, Verba e Boletín Galego de Literatura, e publicou varios libros, destacando entre eles: A poesía popular en Galicia 1745-1885 (1992), Historia da literatura popular galega (1994) e Escolma de literatura popular galega (1996). En 1990 recibiu o Premio á Investigación da Deputación de Pontevedra polo seu traballo “Xosé Casal Lois e a súa aportación á literatura popular galega”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecta. A súa obra destaca pola posta en valor dos espacios ordenados e polo emprego do oco nos muros exteriores. Obras súas son a casa de Vilar das Tres, no Carballiño (1974), e a rehabilitación da Casa da Cultura de Carballiño (1980-1983), realizado xunto a Alfredo Freixedo Alemparte e Fernando Blanco Guerra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Persoeiro relacionado coa música e coas corais galegas do primeiro cuarto do s XX, empregou o pseudónimo de White Haven. Estudiou Dereito na Universidade de Compostela e foi o primeiro director da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra. Asiduo conferenciante e articulista de temas relacionados coa música galega, foi tamén colaborador do Diario de Pontevedra e do Progreso.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Iniciou a súa andaina co grupo Candea, participando nos espectáculos Noite de lobos (1975) e O mestre (1978). Foi cofundador do grupo Maiolongo, en Culleredo, para o que escribiu as pezas Camiñar a cegas, estreada en 1976 e publicada en 1990 nos Cadernos da Escola Dramática Galega, e O día que o sol alumeou pola noite, estreada en 1977. Deixou o borrador dunha terceira peza titulada A cinza, ultimada por Carlos Pereira Martínez. A primeira destas pezas analiza o impacto do alcoholismo na sociedade galega tradicional, a segunda os efectos da emigración e na terceira o autor inicia unha segunda etapa, atenta a escritas máis contemporáneas e actuais, recuperando técnicas no tratamento da materia dramática propias do teatro do absurdo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cirurxián. Foi catedrático de Anatomía Topográfica e Operacións e de Patoloxía Cirúrxica da Universidade de Santiago de Compostela. Destacan as súas publicacións sobre os tratamentos da pneumonía fibrinosa, a diagnose de invaxinación das crónicas intestinais, as luxacións de cóbado e a ptose hepática. Foi alcalde de Santiago de Compostela e reitor da súa Universidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Coñecido co pseudónimo de Helenor, foi redactor do Faro de Vigo e de La Concordia. Fundou os semanarios locais La Luz e La Garra, de carácter político. No eido cultural, foi un dos promotores e organizadores do Ateneo vigués.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e economista. É doutor en Dereito e Ciencias Políticas e Económicas pola Universidad de Madrid, graduado en Estudios Sociais e diplomado en Organización e Métodos de Administración Pública. Foi profesor de Dereito do Traballo na universidade madrileña e na escola social da Universitat de Barcelona. O seu traballo centrouse no estudo da Seguridade Social e as funcións previsoras do estado. É autor de Rusia no es cuestión de un día: etapas de la división azul (1954), Antología del nacimiento de la previsión social española (1908-1910) (1959), La planificación de la seguridad española desde 1957 a 1963 (1963), La planificación de la seguridad social española: ensayo social (1964). Ademais, escribiu numerosos artigos en revistas especializadas como a Revista Iberoamericana de Seguridad Social ou Estudios, publicada polo ministerio de Traballo. É membro do Instituto de Estudios Políticos e da Academia de Doutores.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástica. Profesora na Facultade de Belas Artes de Bilbao entre 1989 e 1992, imparte clases de Pintura na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. A súa obra nace dun proceso intuitivo, onde as sensacións dirixen a acción, acadando un acto creativo como experiencia de carácter máxico, traspasando a liña do cotián. Dende 1993 desenvolve traballos relacionados coa natureza e coas enerxías telúricas que dela se desprenden. Entre as súas obras destaca: Asexo proposto. Asexos para provocar encontros (1993-1994) e Asexo á curiosidade (1994). Realizou diversas exposicións tanto fóra como dentro de Galicia, especialmente no País Vasco e en Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Dende 1956 exerceu a docencia na Escola Oficial de Xornalismo. Os seus comezos profesionais foron en El Español, dende onde pasou a Radio Nacional, para incorporarse en 1946 ao diario Pueblo como comentarista de política internacional. Publicou: El Kominform: quinta columna del comunismo (1948), USA: patología de la prosperidad (1963), La América invisible (1966), Rapsodia americana (1966) e Blues para una democracia (1977), e as novelas El guapo americano y el feo ruso (1964) e Vísperas de juicio final (1966); o seu Diario íntimo permanece inédito. En 1952 acadou o Premio Nacional de Periodismo e, en 1972, o de Periodista de Honor. Desempeñou os cargos de director xeral de Prensa e de Cultura Popular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crego, ensaísta e profesor. Estudiou Filosofía, Psicoloxía e Teoloxía no Seminario de Santiago de Compostela e na Universidad Pontificia de Salamanca. Como ensaísta publicou A ascensión dun poeta. Xosé María Díaz Castro (Premio Ánxel Fole de ensaio) e foi o editor e coordinador dos libros colectivos Doce anos na busca da nosa identidade e Homenaxe a X. M. Díaz Castro. É colaborador en diversas revistas (Xermolos, Encrucillada, Irimia) e xornais (El Progreso, La Voz de Galicia). Participou activamente na normalización do galego na sociedade e na Igrexa e en obras de carácter colectivo sobre aspectos relacionados co desenvolvemento da cultura galega e sobre a comarca da Terra Chá. Fundou e coordinou a Asociación Cultural Xermolos e recibiu os premios IAR de Folklore (1993) e Moncho Valcarce de Promoción da Terra (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e poeta. Non fixo máis estudios que os primarios, pero as inquietudes sociais, políticas e sobre todo culturais do pai, e a instrución da nai fixeron alicerzar nel unha sólida formación autodidacta e un gusto máis que notable pola cultura clásica greco-latina, moi perceptible no seu estilo prosístico e na súa inspiración poética. Aos 15 anos emigrou a Cuba tralos pasos dos seus irmáns maiores. Se o ambiente familiar definiu en Blanco Torres un primeiro factor biográfico singular -o autodidactismo cultural-, a experiencia cubana determinou a súa complicidade coa causa agraria, o que deseñou xa o seu estrato ideolóxico fundamental. En La Habana, entrou en íntimo contacto cos intelectuais e artistas da colonia galega e coa súa rica actividade societaria (Curros, Waldo Álvarez Insua, Ramón Cabanillas, Basilio Álvarez, Antón Villar Ponte, Nan de Allariz, Xosé Fontenla Leal, Virxilio Blanco Garrido, Xulio Sigüenza, Mercedes Vieito Bouza, Ricardo Fortes e Chané, entre outros) e desenvolveu...
VER O DETALLE DO TERMO