"Boris" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 35.
-
PERSOEIRO
Político ruso. Colaborou con Lenin desde 1908, participou na Revolución de 1917 e foi membro da troica que gobernou o país entre 1922 e 1924. Se nun principio se aliou con Stalin contra Trotski, máis tarde enfrontouse a Stalin, que ordenou o seu arresto e execución.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Charles Edward Pratt.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Sofía 1918 - Roma 1993) Baixo búlgaro. Estudiou con R. Stracciari en Roma, onde debutou en 1946 con La Bohème de Pucini. En 1947 cantou Boris Godunov na Scala de Milán , ópera na que se especializou.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente do movemento obreiro que retomou a herdanza dos movementos cartistas, dos fabianos e das Trade Unions. Trala formación do Labour Party, desenvolveu un programa político inspirado en ideais e prácticas do reformismo social.
-
-
Relativo ou pertencente ao laborismo.
-
Partidario do laborismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización obreira, desenvolvida a partir de 1944, de carácter reformista e nacionalista. Tiña o obxectivo de atraer membros da CNT e lexitimar os novos sindicatos verticais. Naceu coa promesa de poder actuar cunha relativa independencia da Central Nacional Sindicalista (CNS). A detención de 60 militantes en Catalunya, València, Madrid e Galicia precedeu á súa disolución en 1947.
-
PERSOEIRO
Escritor e tradutor. Doutorouse en Filosofía e Filoloxía pola Universidade de Moscova. Influído por R. M. Rilke, os seus primeiros poemas teñen un marcado carácter simbolista, como os publicados en Bliznec v tucakh (Un xemelgo nas nubes, 1914), Poverkh bar’erov (Máis alá das barreiras, 1917) e Sestra moja zizn (Miña irmá, a vida, 1922). As obras posteriores caracterízanse pola visión individual da realidade, a complexidade das imaxes e o refinamento da linguaxe, como Lejtenant Schmidt (O tenente Schmidt, 1926), Dev’at’sot p’atyj god (O ano 1905, 1927) e Vtoroje rozdenije (O segundo nacemento, 1932). En 1956 publicou Doktor Zhivago, retrato dos anos da guerra e da revolución. Como tradutor, realizou versións dalgunhas traxedias de Shakespeare, do Faust: Eine Tragödie de Goethe e de obras de poetas xeorxianos. Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boris Andréievich Vogau.
-
PERSOEIRO
Escritor. Autor de novelas de exaltación patriótica, a súa obra principal Povest o nastojaščem čeloveke (Novela dun home auténtico, 1946) recibiu o Premio Stalin 1947, galardón que volveu gañar en 1949 con My sovetskije l’udi (Nós, os soviéticos, 1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico ruso. Investigou en diversos centros de Leningrado (1924-1928 e 1928-1931) e de Arkhangel’sk (1931-1933). Estudou os corpos ferromagnéticos e, desde 1897, traballou na transmisión eléctrica a distancia. En 1907 propuso a utilización do tubo de raios catódicos para a reprodución de imaxes de televisión e un sistema de sincronización forzada pola transmisión e a recepción de imaxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xadrecista. Aos 18 anos conseguiu o título de gran mestre e foi campión mundial xuvenil (Anveres, 1955). En 1962 foi campión, por primeira vez, da URSS. En 1969 gañou o campionato mundial, que perdeu na primeira defensa que fixo en 1972, ante o estadounidense R. Fisher.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo ruso nacionalizado británico. Especializouse en entomoloxía e realizou investigacións importantes sobre os ortópteros da Asia central e a migración das lagostas. Foi membro da Royal Society, e en 1945 foi nomeado director da Antilocust Research Centre.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Relacionado co surrealismo e o existencialismo, na súa obra ofrece unha visión corrosiva da realidade. Destacan a novela J’irai cracher sur vos tombes (1946) e a obra teatral Le goûter des généraux (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Coñecido como Boris Pilniak, evolucionou da eslavofilia namorada da Rusia antiga de Krasnoje derevo (Caoba, 1929) a posicións soviéticas, como Volga vpadajet v kaspijskoje more (O Volga desemboca no mar Caspio, 1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boris Nikolajevic Jelcin.