"CAAM" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 26.
-
GALICIA
Escritor. Colaborador habitual da revista Foro Gallego, foi elixido Académico de mérito da Internacional de Letras, Ciencias e Artes de Pontzen. Publicou obras relacionadas co mundo do dereito, como Contestaciones: Temas de derecho para oficiales primeros de notarías (1975). Da súa obra literaria cómpre salientar Ternuras (1991), Anduriña: Cuadernos de bitácora (1994), Orolín del Pazo: notario y torero (1995), Poemario de chispas: Valle-Inclán y xacobeo (1996) e Chazarel: sonetario de los Pazos de Ulloa (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Johan Nunez Camanêz.
-
GALICIA
Perito industrial e político. Emigrou a Uruguay en 1956, onde desenvolveu actividades galeguistas no Patronato da Cultura Galega de Montevideo, do que foi directivo. Nesta mesma cidade colaborou como locutor da emisión radial en lingua galega Sempre en Galicia, emitido por Radio Carve. De volta a Galicia, en 1977, fundou a libraría Castelao, en Vigo, e fixou a súa residencia na casa familiar que tiña en Soutomaior. Foi alcalde desa vila entre os anos 1979 e 1991 -o primeiro elixido democraticamente-, e converteu o concello nun dos primeiros de Galicia en galeguizar a súa actividade administrativa. Colaborador de diversas publicacións das colectividades galegas no exterior, escribiu diferentes artigos, como “A prolongada peregrinación riopratense” publicado en A Galicia exterior (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Inicialmente a súa obra aproximouse a un certo expresionismo que recordaba as vangardas galegas da década de 1930. Vinculado aos movementos artísticos da década de 1980 en Vigo, destacou como paisaxista, aínda que nos seus cadros mostra un grande interese pola figura humana, nunha pintura de raizame antropocéntrico incluso en obras en que a abstracción e as influencias do cubismo e das vangardas internacionais de principios de século están presentes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Profesor desde 1940 na Universidade de Santiago de Compostela, foi xuíz de primeira instancia en Vilalba (1908), Lalín (1911) e Betanzos (1915), e maxistrado de Audiencia desde 1933. Deputado pola Coruña como independente en 1921 e polo Partido Republicano Conservador en 1933, foi presidente da Caixa de Aforros e Monte de Piedade e decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico e compositor. Sacerdote franciscano, organizou un coro infantil no convento de San Francisco de Compostela, e, en Canedo (Ponteareas), fíxose cargo en 1965 do coro infantil que creara o padre Manuel Feijoo. Dirixiu a Coral Polifónica do Centro Artístico Sportivo de Ponteareas, fundado en 1965. Con ela recibiu o primeiro premio de Masas Corales de Mieres e de Masas Corales de León; e o segundo no Concurso Nacional da Canción del Mar de Ferrol e no certame de Masas Corales Galegas en Santiago de Compostela. É autor de varias composicións, como Romaxe da Picaraña, Ave María no Morro e Morriña.
VER O DETALLE DO TERMO