"COI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 307.

  • ou Gracchus Babeuf (San Quintín, Picardía 1760 - Vendôme, Orleans 1797) Teórico e revolucionario. Fundou en París o diario Le Tribun du Peuple (A tribuna do pobo), portavoz do seu ideario comunista igualitario, desde onde combateu a Robespierre por conservador. Fundou o Club des Égaux (Club dos Iguais) pechado polo Directorio en 1795. Nos comezos de 1796 creou unha organización secreta para derrocar o Directorio, na que tamén participaron antigos xacobinos e tivo ramificacións na policía e no exército. A Conspiración dos Iguais foi denunciada en maio do mesmo ano a Carnot, feito que provocou a detención de Babeuf e outros conxurados. Os partidarios do babovismo intentaron unha nova sublevación das tropas, pero fracasaron. Babeuf foi executado en 1797.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Alfoz baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro familiar fundado na primeira metade do s X e situado no concello de Alfoz. Sábese da súa existencia e vicisitudes a través dalgunha documentación relativa ao mesmo conservada no tombo de Lourenzá, códice do s XIII procedente do mosteiro de San Salvador de Lourenzá e hoxe en día conservado no Arquivo Histórico Nacional de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aritmético. Autor do primeiro curso de aritmética comercial en Francia. Os seus libros Comptes faits du grand commerce (As contas feitas do gran comercio, 1670) e Livre nécessaire pour tous les comptables (Libro necesario para todos os contables, 1677) tiveron moita difusión. Do seu apelido xerouse a palabra baremo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Mesía baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formado en París, visitou Inglaterra nos anos 1765 e 1766. Contribuíu á creación do estilo Imperio e foi un dos precusores das construcións metálicas modernas. A súa obra máis importante foi o Bagatelle no Bois de Bolougne en París (1777). Deseñou os xardíns de Folie Saint James de Neully (1784) e Méréville (1786). En 1806 fixo o proxecto dunha cúpula de cristal e ferro para o Mercado do gran de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Cultivou a poesía na súa obra Les appréhensions spirituelles (As aprehensións espirituais, 1586) e a narración en La pucelle d’Orléans (A doncela de Orleans, 1593). Coñécese sobre todo por Le moyen de parvenir (O recurso do porvir, 1610).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Profesor na Escola Politécnica e secretario perpetuo da Academia das Ciencias. Estudiou temas de Xeometría, de Aritmética e Mecánica. A conxectura de Bertrand afirma que entre un número n ? 1 e o seu dobre 2n hai sempre, como mínimo, un número primo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico francés. Dedicouse ao estudo da Anatomía e da Patoloxía. Considerado como un dos creadores da medicina científica moderna, foi o introdutor do concepto de tecido como unidade morfolóxica e fisiolóxica dos seres vivos, e como o lugar no que se producen as lesións. Estableceu as bases da histoloxía e da anatomía patolóxicas en Traité des membranes en général et des diverses membranes en particulier (Tratado das membranas en xeral e das diversas membranas en particular, 1800) e Anatomie générale appliquée (Anatomía xeral aplicada, 1801). Na obra Recherches physiologiques sur la vie et la mort (Investigacións psicolóxicas sobre a vida e a morte, 1800), adoptou unha actitude vitalista, ligada en parte ás ideas da escola da Montpeller, pero na que xa había conceptos estritamente organicistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo. É autor de pezas de bulevar insólitas e irónicas como as tituladas Comment va le monde, Môssieu (Como vai o mundo, Môssieu, 1964) e Silence! l’arbre remue encore (Silencio! a árbore aínda se move, 1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de torta de formas diferentes que se fai con biscoitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica a facer ou vender biscoitos. Antigamente, os biscoiteiros formaban parte do gremio dos forneiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pan, xeralmente sen lévedo, feito con moita fariña, moi pouca auga e sen sal que se facía cocer unha segunda vez para que se endurecese e se conservase mellor. Antigamente se empregaba para abastecer os barcos.

      1. Doce feito, basicamente, con flor de fariña, ovos, azucre, manteiga e, posteriormente, cocido no forno, que se caracteriza pola súa lixeireza e esponxosidade. Hai diferentes tipos de biscoitos, en función da proporción dos ingredientes básicos, da adición doutros (chocolate, froitas, etc), do tempo de cocción, etc. Emprégase tamén como base doutras moitas preparacións de pastelería, pois a súa suavidade permite casalo con outros produtos doces como marmelada, chocolate, froitos secos, crema, nata, etc. Na tradición oral recóllense, entre outros, os seguintes ditos: “Pouco me gusta o biscoito cando non é moito”; “Biscoito de monxa e regalo de aldea, doullos a quen queira”.

      2. biscoito borracho

        Doce elaborado xeralmente como biscoito cortado en anacos e bañado cun xarope de auga e ron, ou doutro licor, azucrado e queimado.

      1. Pasta fina e tenra de caolín cocida no forno, á que se lle deixa a superficie en estado mate, sen tinturas nin verniz. Coñecido xa nas manufacturas do Extremo Oriente, difundiuse en Europa a partir da segunda metade do s XVIII.

      2. Calquera pasta cerámica non esmaltada, despois de recibir a acción do lume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Escribiu a súa tese de Dereito titulada L’emploi des loisirs ouvriers et l’education populaire (O emprego dos traballadores do ocio e a educación popular, 1935). Exerceu diversos cargos dentro da administración civil. Intentou definir unha nova empresa adaptada ás transformacións recentes experimentadas pola economía neocapitalista, na que os sindicatos, por medio da participación, deixarían de ser órganos de defensa dos intereses de clase para converterse no vehículo de integración no sistema. As súas obras máis importantes son: Pour une réforme de l’entreprise (Para unha reforma da empresa, 1963) e A la recherche d’une économie concertée (Á busca dunha economía concertada).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e urbanista. Abriu en París unha escola de Arquitectura que dirixiu dende 1743 ata o seu ingreso como profesor na Académie Royale de l’Architecture. Académico en 1756 e teórico influente, defendeu a pureza clásica fronte ao gusto pola ornamentación. Do construído por el só se conservan tres alas da Praza de Armas de Metz. Das súas publicacións destacan: Distribution des maisons de plaisance (Distribución das casas de recreo, 1737), L’Architecture française (A arquitectura francesa, 1752-1756), Discours sur la nécessité de l’étude de l’architecture (Discurso sobre a necesidade do estudo da Arquitectura, 1754) e Cours d’Architecture (Curso de Arquitectura, 1771-1777).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, enxeñeiro e urbanista. No seu Cours d’architecture (Curso de Arquitectura, 1675-1683), defendeu o clasicismo arquitectónico. É autor, en París, do arco de triunfo bautizado como Porte de Saint Denis (1671-1672).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente de madeira destinado a gardar o viño. A súa capacidade media é equivalente a cinco moios, entre trescentos e setecentos litros, e o seu tamaño é máis grande ca o da pipa e o barril, e máis pequeno ca o tonel e a cuba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Profesor do conservatorio de París. Está considerado o principal compositor de ópera en Francia durante o primeiro cuarto do s XIX. A súa obra mestra foi La dame blanche (A dama branca, 1825). Tamén foi autor dun concerto para arpa e orquestra, compuxo sonatas e un concerto para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Foi un dos precursores da Academia Francesa (1634). É autor de Pyrame et Lysimène (Píramo e Lisimene, 1633) e La belle invisible (A bela invisible, 1656).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo e prehistoriador francés. Profesor de Prehistoria na Universidade de Bordeos e director de Antigüidades Prehistóricas da circunscrición bordelesa. Foi un defensor do método científico en Arqueoloxía e creou a tipoloxía empírica, baseada nas técnicas de talla, para clasificar as industrias líticas do Paleolítico inferior e medio. Escavou nos xacementos de La Micoque, Laugerie Haute e Pech de l’Azè. Publicou, entre outras obras, Limons quaternairies du bassin de la Seine (Limos cuaternarios da conca do Sena, 1953), Typologie du Paléolithique ancien et moyen (Tipoloxia do Paleolítico antigo e moderno, 1961) e Le Paléolithique dans le monde (O Paleolítico no mundo, 1968). Escribiu tamén obras de ciencia ficción baixo o pseudónimo de Francis Carsac.

    VER O DETALLE DO TERMO