"Cabrera" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 30.
-
PERSOEIRO
Diplomático. Almirante de Castela, duque de Medina de Rioseco e conde de Melgar. Foi mestre de campo en Lombardia en 1671, embaixador extraordinario no Vaticano para a elección do Papa Inocencio XI e gobernador e capitán xeneral do Milanesado desde 1678. En 1688 nomeárono vicerrei de Catalunya. Designado tenente xeneral do rei sobre Andalucía, Extremadura, Canarias, as posesións africanas e o Mediterráneo, foi despoxado de todos os seus títulos e cargos tralo Motín dos Gatos. En 1702 Filipe V nomeouno embaixador en Francia, pero fuxiu a Portugal, desde onde apoiou o arquiduque Carlos de Austria na Guerra de Sucesión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político guatemalteco. Avogado, foi ministro de Gobernación no gabinete de J. M. Reyna Barrios. Á súa morte, asumiu a presidencia do país o 9 de febreiro de 1898. Durante o seu mandato producíronse crimes políticos e aplicou a lei de fugas. Fundou a primeira universidade de obreiros en Guatemala. Tralos tiroteos producidos durante unha manifestación popular o 11 de marzo de 1920, aumentou a oposición ao seu goberno e restrinxíronlle os seus dereitos ao declarar que tiña as súas facultades mentais alteradas. Renunciou ao poder o 14 de abril de 1920 e foi encarcerado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, conde de Chinchón e marqués de Bobadilla del Monte. Tesoureiro xeral do consello de Aragón, era vicerrei de Perú (1629-1639) cando prohibiu o comercio entre os vicerreinados de Perú e México, feito que acabou provocando unha grave crise económica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, duque de Alburquerque. Participou nas guerras contra Francia e nas guerras de Flandres. Capitán xeneral de Catalunya, Flandres e das galeras reais, participou no sitio de Barcelona e venceu os franceses en Cambrils (1650). Vicerrei de Nueva España (1653-1660), durante o seu goberno fundou a vila de Alburquerque e os ingleses apoderáronse de Xamaica. Membro do Consello de Estado, exerceu como vicerrei en Sicilia entre (1667-1670).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, marqués de Villena e duque de Escalona. Foi lugartenente de Catalunya (1693-1694) e vicerrei de Aragón (1694-1695), de Sicilia (1701-1702) e de Nápoles (1702-1707). De volta a Madrid, propúxolle a Filipe V a creación da Real Academia Española de la Lengua (1714), da que foi o primeiro presidente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Estudiou pintura na Escuela de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1943). Na Coruña foi profesor na Escola de Náutica e Máquinas (1948), no Instituto Masculino (1950), na Escola de Comercio e na Escola de Artes e Oficios Artísticos (1957), da que foi director. Membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario (1969), foi dende 1980 vogal do padroado do Museo de Belas Artes da Coruña. Presidiu a Asociación de Artistas da Coruña (1952-1953). Realizou numerosas exposicións individuais na Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Doutor en Dereito (1953), despois dun breve período como ministro de Traballo (1977-1978) foi nomeado embaixador de España ante a OIT en Xenebra. Membro do Tribunal Constitucional desde 1995, en 2001 foi designado presidente do mesmo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, escultor e muralista. Participou en proxectos urbanísticos e decorativos (Mirador del Río, 1973), e realizou pinturas informalistas e obras abstractas, das que destaca Más allá de la ceniza (1977). Recibiu a Medalla de Oro de las Bellas Artes (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Juan Manuel Fernández Pacheco-Cabrera de Bobadilla y Zúñiga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espazo natural protexido, situado no arquipélago de Cabrera, que ten unha extensión de 1.836 ha. Presenta unha cuberta vexetal pouco alterada, onde predominan os arbustos leñosos que forman a garriga. As especies vexetais máis características son a sabina, o piñeiro ou os lentiscos, e existen máis de 30 especies vexetais endémicas, como as especies Rubia angustifolia ssp cespitosa, Rhamnus ludivici-salvatoris, Dracunculus muscivorum, Paeonia cambessedessi e Helleborus lividus ssp lividus. En canto á fauna, nos seus illotes e acantilados viven varias especies de aves mariñas, como a pardela cinsenta, a pardela balear (Puffinus mauretanicus), o paíño común, o corvo mariño cristado, a gaivota de Audouin (Larus audouinii), especie en perigo que conta aquí cunha das mellores colonias do Mediterráneo, e a gaivota patiamarela. É ademais unha zona de paso de aves migratorias, e na que se poden atopar rapaces como o...