"Celso" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 22.

  • GALICIA

    Teólogo e filólogo. En 1956 foi ordenado sacerdote da diocese de Tui. En 1961 doutorouse en Teoloxía pola Universidade Gregoriana de Roma e, en 1976, en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesor universitario de latín desde 1966, exercendo primeiro en Salamanca, despois en Santiago de Compostela e, a partir de 1973, en Vigo. Foi nomeado catedrático de Filoloxía Latina da Universidade de Vigo en 1995 e, desde 2004, é catedrático emérito. Nesta mesma universidade ocupou o cargo de decano da facultade de Humanidades (1994-1998). Especialista en haxiografía e en literatura litúrxica medieval, publicou El Antifonario Visigótico de la Catedral de León (1985), La pasión de San Pelayo (1991) e, en colaboración con J. M. Díaz de Bustamante, A propósito de la ‘In Martinum Lutherium Oratio Paraenetica’ de Luis Marliano (2003). Como sacerdote a súa vocación está centrada na mocidade. Foi profesor durante moitos anos do Seminario de Tui, fundou o movemento apostólico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Briallos, Portas 9.12.1952) Pintor. Os seus cadros amosaron unha tendencia intimista que se mantivo entre a figuración e a abstracción. Tocou diferentes temáticas como os bodegóns, (Peixes e froitas, 2002; Polbo, 2002), retratos (Carmela, 1989; María con sopa, 1989) e paisaxes (Parque, 1989; A miña aldea, 2001). Destacaron tamén as súas composicións de interiores (Elisa a contraluz, 1988; O almorzo, 1988), en espazos que mesturaron a visión xeométrica con outra máis visceral, próxima ao abstracto e ás escenas festivas (Cíngaros, 2002), que empregou como pretexto para poñer de manifesto un variado xogo cromático, tendencia que nalgunhas obras se trocou por tons máis agrisados (Elisa, 2002). Foi o gañador do I (1985) e do III (1989) Premio da Bienal Internacional de Pintura da Fundación Araguaney en Santiago de Compostela e do XI Premio de Pintura Durán de Madrid (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO