"Chur" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 47.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, na marxe dereita do río Guadalhorce (6.458 h [1996]). A principal actividade económica é a industria, da que destacan os produtos alimentarios, os tecidos e a maquinaria. A fertilidade da zona permite o desenvolvemento dunha importante actividade agrícola e gandeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Churruchao.
-
FAMILIAS
Familia de artistas de orixe catalá que traballou en Madrid e Salamanca desde o s XVII. A súa orixe remóntase ao escultor Josep de Xoriguera, activo en Catalunya no s XVII. O seu fillo José Simón de Churriguera (? - Madrid 1682) estableceuse na capital e castelanizou o seu apelido. Entallador de retablos, os seus fillos tamén foron entalladores e arquitectos. José Benito Churriguera (Madrid 1665 - 1725) foi autor do proxecto do poboado de Nuevo Batzán (Madrid, 1707) por encargo do banqueiro Goyeneche. Tratábase dunha cidade industrial dotada dun palacio, unha igrexa, casas para os colonos e dependencias para a instalación dunha fábrica de vidros finos. Como entallador de retablos a súa obra desenvolveuse entre Madrid e Salamanca. Realizou o retablo maior da capela de Ayala, na catedral de Segovia (1686), o retablo maior do convento de San Esteban (Salamanca, 1692), o retablo maior e colaterais da igrexa do Salvador (Leganés, 1701) e o retablo maior da igrexa das Calatravas...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao estilo churrigueresco.
-
Estilo arquitectónico e decorativo desenvolto pola familia Churriguera a finais do s XVI e comezos do s XVII en España, e que tivo a súa continuidade en Hispanoamérica ata finais do s XVIII. O termo foi creado polos académicos do s XIX cun matiz despectivo ao considerala unha estética de mal gusto. De forma xenérica emprégase para referirse ao rococó na arquitectura española e o exceso de decoración. Ademais dos Churriguera, desenvolveron este estilo Narciso Tomé no Transparente da catedral de Toledo, Leonardo Figueroa no palacio de San Telmo de Sevilla, Francisco Hurtado no sagrario da catedral de Granada, Hipólito Rovira no palacio do Marqués de Dos Aguas en València e Jaime Bort na fachada da catedral de Murcia. A fachada do Obradoiro da catedral de Santiago de Compostela de Fernando de Casas Novoa pode considerarse, pola súa abundante decoración, unha mostra deste estilo.
-
-
-
Masa de fariña e auga disposta en tiras alongadas e acanaladas e fritida en abundante aceite moi quente de maneira que quede dourada e crocante. Sérvense azucrados. Nos ss XVIII e XIX empezaron a gozar de singular popularidade debido ao costume de consumilos co chocolate. Habituais nas feiras e verbenas de moitos lugares, gozan de especial tradición en Madrid. Consómense en almorzos e merendas, preferentemente quentes, acompañados con frecuencia dunha cunca de chocolate ou café con leite.
-
Especie de rizo que se fai no cabelo.
-
Espiga de millo aínda verde que se prepara asada.
-
-
-
Aplícase á raza de ovellas, autóctona da Península Ibérica, que se caracteriza por ter unha la branca e suave en guedellas irregulares de pouca densidade, unha pel branca con manchas negras no fociño, arredor dos ollos, nas orellas e no extremo das patas, por non presentan cornos as femias e a maioría dos machos, e por non precisar de bos pastos para obter dela unha boa produción de leite. Durante moito tempo considerouse que a ovella galega pertencía ao grupo da raza churra. A súa cría esténdese polo extremo N da Península Ibérica.
-
Dise da la producida polas ovellas da raza churra.
-
Especie de chaqueta que se usaba nas aldeas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
peliqueiro.
-
PERSOEIRO
Arquitecto filipino. Foi un dos fundadores do Grup d’Arquitectes i Técnics Catalans per el Progrés de l’Arquitectura Contemporània (GATCPAC). A súa obra máis representativa é a casa dos veciños da Diagonal, en Barcelona (1934-1937). Outras obras súas, tamén en Barcelona, son a Delegación do Patronato Nacional de Turismo (1930) e a casa da rúa de Iradier (1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e cartógrafo. Levou a cabo diversas expedicións marítimas, das que deixou relatos de interese xeográfico e técnico como Apéndice al primer viaje de Magallanes (1788). Colaborou na realización do atlas marítimo de América do Sur.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Churruchao.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe dos arredores de Laxe que emprega tamén as formas Churruchaos, Churrichaos, Churruchano e Torrichaos. Son os Suárez de Deza e tiveron como casa principal a Torre de Rodeiro. As súas armas levan, en campo de ouro, un castelo de pedra, sobre ondas de azul e prata, con tres peixes nadando. Outra variante trae, en campo de azul, unha torre de pedra, acompañada de dúas cambas, de prata, nos cantóns do xefe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Churruchao.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción nobre de trazas góticas situada no núcleo histórico de Pontevedra. Construíuse a finais do s XV ou principios do s XVI baixo o patrocinio de Paio Gómez de Soutomaior. Modificada pola destrución de parte dos seus atributos ornamentais, conserva os escudos de armas dos Soutomaior e dos Ulloa nas fachadas principais.
-
-
Demostración de afecto e cariño. Ex: Fíxolle catro churruscadas e xa quedou contenta.
-
Acción ou expresión graciosa e enxeñosa.
-
-
-
Aplícase á persoa graciosa e ocorrente que resulta agradable.
-
Aplícase á persoa que posúe un corpo harmonioso e que é elegante. Ex: Tes unha moza ben churrusqueira.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘barro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘gaiteiro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘música’.
-
-
Gordura da carne.
-
Líquido que expulsa a carne crúa ou ao cociñala.
-
Preparado líquido máis ou menos espeso feito a base de diferentes substancias que acompaña as comidas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘aceite’.