"Dinamarca" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 49.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Bondadoso (? 1095 - Chipre 1103) Rei de Dinamarca (1095-1103), fillo ilexítimo do Rei Svend Estridsen. Reformou a Igrexa dinamarquesa, conseguiu que Lund se convertese en arquidiocese e construíu un mosteiro na memoria do Rei Canuto IV o Santo. No 1103 iniciou unha peregrinación xunto á súa dona a Terra Santa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Memorable (Odense 1082 - Ribe 1137) Rei de Dinamarca (1134-1137), fillo ilexítimo de Eric I. Accedeu ao trono trala morte do seu irmán Canuto e trala vitoria de Fodeving (1134) sobre o seu primo Magnus o Forte. O seu reinado caracterizouse polas loitas labregas nas que el mesmo morreu asasinado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Cordeiro (? 1100 - Odense 27.8.1146) Rei de Dinamarca (1137-1146). Loitou contra o seu primo Olavo, quen se proclamara rei de Escania. Concedeulle numerosos privilexios á Igrexa dinamarquesa. En 1146 abdicou e retirouse ao mosteiro de Odense.
-
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1241-1250), fillo de Valdemar II o Victorioso. De nome Eric Plovpenning, enfrontouse ao seu irmán Abel, duque de Schleswig, nunha guerra civil que provocou un aumento dos impostos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Vesgo (? 1249? - Finderup, Xutlandia 1286) Rei de Dinamarca (1259-1286), fillo do Rei Cristovo I e de Margarida de Pomerania. De nome Eric Klipping, reuniu en 1282 unha dieta na que se elaborou unha carta que limitaba o poder da monarquía. En 1285 enfrontouse ao seu curmán Eric, duque de Schleswig. Foi un rei déspota e só á fin do seu reinado realizou algunhas reformas.
-
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1286-1319), fillo de Eric V e de Agnes de Brandemburgo. De nome Erik Menved, enfrontouse co clero e apresou en 1294 ao arcebispo Jens Grand. Durante o seu reinado enfrontouse aos noruegueses, aos que lles cedeu o Halland setentrional, e aos suecos. En 1309 asinou en Copenhaguen a paz con Noruega e Suecia. Despois de derrotar os nobres dirixidos por Valdemar IV de Schleswig, ocupou algunhas vilas alemanas. Desde 1313 sucedéronse as revoltas campesiñas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Pomerano (? 1382? - Rügenwalde, Pomerania 3.5. 1459) Rei de Dinamarca (1412-1439), de Suecia (Eric XIII, 1396-1439) e de Noruega (Eric III, 1389-1442), fillo do duque Bratislavo VII de Pomerania e sobriño neto da Raíña Margarida I de Dinamarca. Nomeado sucesor da raíña de Dinamarca, foi elixido rei de Noruega en 1389, de Suecia en 1396 e coroado rei dos tres países na Dieta de Kalmar (17.6.1397). Non obstante , non exerceu como rei de Dinamarca ata a morte da súa tía no 1412. Converteu Copenhaguen na capital de Dinamarca e loitou contra a Liga Hanseática e os condes de Holstein (1417-1435). O seu goberno autocrático provocou a súa destitución como rei de Suecia e Dinamarca no 1439, e de Noruega en 1442. En 1449 retirouse a Pomerania.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Copenhaguen? 1471 - Gottorp 1533) Rei de Dinamarca (1523-1533) e de Noruega (1525-1533), e duque de Slesvig- Holstein, Fillo do Rei Cristián I. Foi elixido rei de Noruega na Dieta de Vyborg (1523). Partidario do luteranismo, favoreceu o seu desenvolvemento nos seus territorios.
-
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca e de Noruega (1559-1588), fillo de Cristián III. A súa ambición por dominar o Báltico levouno a atacar Suecia en 1563 e iniciar unha guerra que finalizou coa Paz de Stettin (1570). Impulsou o comercio, as ciencias e as artes e foi o principal protector do astrónomo Tycho Brahe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca e de Noruega (1648-1670), fillo de Cristián IV. Declarou a guerra a Suecia en 1657. Tralo fracaso das accións militares perdeu Escania, Halland, Bornholm e Trondheim, aínda que trala sinatura da Paz de Copenhaguen (1660) recuperou as dúas últimas. Apoiado pola burguesía, proclamou o carácter hereditario e absoluto da monarquía (1660-1661) e confiou o goberno a un consello de Estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca e de Noruega (1699-1730), fillo de Cristián V. Aliouse sen éxito en 1700 con Rusia e Polonia contra Suecia. En 1709 volveu declarar a guerra a Suecia e invadiu o ducado de Slesvig e a Pomerania sueca. Polo Tratado de Frederiksborg (1720) devolveu todos os territorios conquistados durante a contenda aos suecos, agás os ducados de Slesvig-Holstein. En 1702 aboliu a servidume da gleba, aínda que a reforma non tivo unha aplicación real.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1947-1972), fillo do Rei Cristián X. A modificación da constitución (1953) permitiu a sucesión feminina ao trono, e sucedeulle a súa filla Margarida II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca e de Noruega (1746-1766). Monarca ilustrado, iniciou unha serie de reformas internas que levaron á creación de numerosos centros educativos e ao financiamento dunha expedición multidisciplinar á Península Arábiga.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1808-1839) e de Noruega (1808-1814), fillo de Cristián VII. Aliado de Napoleón contra Inglaterra, polo Tratado de Kiel (1814) cedeu Noruega a Suecia e recibiu a cambio a illa de Rügen e a Pomerania sueca, que trocou polo ducado de Lauenburg.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1848-1863), fillo de Cristián VIII. A Revolución de 1848 induciuno a outorgar unha constitución liberal (1849) común a Dinamarca e aos ducados de Slesvig-Holstein, pero os separatistas dos ducados subleváronse, apoiados por Prusia. Na convención de Londres (1850) foi garantida a integridade dos territorios daneses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe do Reino Unido (1957), duque de Edimburgo, conde de Merioneth e barón de Greenwich, fillo de Andrés de Grecia e de Alicia de Battenberg. Foi educado en Inglaterra polo seu tío materno, o almirante Louis Mountbatten, e adoptou este apelido ao naturalizarse británico en 1947, ano en que casou coa Raíña Isabel II de Inglaterra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (798-810). Resistiu as acometidas de Carlomagno (800) e comezou a construción dunha serie de fortificacións entre os fiordes Sli e Eider. Detivo o avance dos vendos ao destruír Reric, unha das súas marcas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (826?-863?). Loitou contra os fillos de Godofredo I de Dinamarca axudado por Ludovico Pío, a cambio da súa conversión ao cristianismo. Bautizado xunto coa súa familia no 826, facilitou a chegada a Dinamarca de santo Anscario, que evanxelizou o país.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (940?-986?), fillo de Gorm o Vello. Estendeu a soberanía danesa ao S de Noruega e rexeitou os vendos no Hoder. Tolerante co cristianismo ao que se converteu no 966, foi vencido por un grupo de nobres rivais entre os que se encontraba o seu fillo Sven I.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra dramática de Álvaro Cunqueiro, escrita no ano 1958. O Hamlet de Álvaro Cunqueiro remite á traxedia da vinganza (revenge tragedy) de W. Shakespeare, pero incorpora ingredientes edípicos e elementos típicos do teatro do s XX. Dunha textura erudita e mítica, profundamente lírica, a peza presenta como novidade no asunto hamletiano o descubrimento da verdadeira paternidade de Hamlet, verificada a través da técnica do teatro dentro do teatro, técnica que xa estaba presente na peza de Shakespeare. Pesimista, tráxica e existencialista, a obra acaba sendo unha grave e reiterativa interrogación sobre a existencia humana, e dentro dese universo, sobre o sentido e a esencia do amor. O 31 de agosto de 1959 foi estreada baixo a dirección de Antón Naveyra, polo grupo Teatro de Cámara da Asociación Cultural Iberoamericana no Teatro Colón da Coruña. En 1991 o Centro Dramático Galego, coa dirección de Ricard Salvat, promoveu a primeira representación profesional.