"Diz" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 94.

    1. Que pode ser arrimado.

    2. Aplícase á persoa que se achega a outra coa finalidade de obter un beneficio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se asaña facilmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a quen se asusta con facilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bebida que contén veleno.

    2. Bebida con propiedades curativas ou máxicas.

    3. Bebida á que se lle atribúen poderes máxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e capital da provincia homónima, en Andalucía, situada sobre un istmo que pecha a ampla baía de Cádiz, unindo a terra firme coa antiga Isla de León (145.595 h [1996]). As súas actividades, a industria naval e a pesqueira, están relacionadas co mar. É un dos portos máis importantes da Península, tanto polo número de barcos como polo número de pasaxeiros que o visitan; ademais trátase dun importante centro comercial e administrativo. A economía complétase coa produción de lácteos, derivados do café, do cacao e do azucre. Foi unha antiga factoría fenicia (Gadir), fundada despois do s XVIII a C, que se converteu nun porto de exportación de minerais e de garum. O santuario de Melqart continuou na época romana baixo a advocación de Hércules. Non se atoparon restos da cidade fenicia pero si algunhas tumbas dunha época próxima á romana (un sarcófago antropomorfo) e, no sector de Puertatierra, un sarcófago fenicio de muller dos ss V ou IV a C, que pode ser unha sacerdotisa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Andalucía (7.385 km2; 1.105.762 h [1996]). A capital é Cádiz. Integrada por 44 municipios, o seu litoral constitúe un dos espacios máis densamente poboados de España, cunha rede urbana policéntrica. A cidade de Jerez de la Frontera é o núcleo máis populoso; séguenlle a capital, Cádiz, Algeciras (principal porto mercante da Península Ibérica), San Fernando, El Puerto de Santa María, Sanlúcar de Barrameda, La Línea de la Concepción e Chiclana. Ata a creación da administración provincial, no primeiro terzo do s XIX, formaba parte do antigo Reino de Sevilla. A provincia incluía tamén a cidade de Ceuta, ata que esta se converteu en cidade autónoma en marzo de 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e porto da illa de Negros, en Filipinas (120.000 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada no Océano Atlántico, na costa sudoccidental da Península Ibérica. Ten unha lonxitude de 13 km e unha anchura de 10 km. A súa orixe é lacunar. É un gran refuxio para a navegación, o que fai que se desenvolvan núcleos importantes, sobre todo, Cádiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro texto constitucional da historia política española. Aprobada polas Cortes de Cádiz, foi promulgada o 19 de marzo de 1812, aniversario da subida ao trono de Fernando VII e festividade de san Xosé, polo que foi coñecida como La Pepa. Consta de 384 artigos divididos en 10 títulos. Rompeu co sistema político-social do Antigo Réxime ao declarar que a soberanía residía na nación e ao definir os dereitos individuais. Estableceu como forma do estado a monarquía moderada e limitada pola división de poderes: o poder executivo residía no rei; o lexislativo nas cortes unicamerais formadas por deputados elixidos por sufraxio indirecto e renovados cada dous anos; o xudicial residía nos tribunais de xustiza e a Constitución prohibía a intervención das Cortes e do rei nos asuntos xudiciais. Como órgano consultivo instituíuse o Consello de Estado. A relixión católica foi declarada como a oficial do reino. Ao longo do texto constitucional enumerábanse os dereitos de carácter liberal como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiron as cortes reunidas inicialmente na Isla de León (Cádiz) e posteriormente en Cádiz e Madrid, dende o 24 de setembro de 1810 ata o 10 de maio de 1814, durante o período da Guerra de Independencia e ata o regreso de Fernando VII. Naceron co carácter de Cortes Xerais e extraordinarias, e realizaron os labores de Cortes constituíntes. Nun primeiro momento establecéronse no teatro da Isla de León (actual San Fernando) ata que en febreiro de 1811 se trasladaron á igrexa de San Felipe Neri, en Cádiz, a causa da proximidade dos franceses. O 14 de outubro de 1813 regresaron á Isla de León e finalmente o 15 de xaneiro de 1815 se instalaron no teatro dos Caños del Peral en Madrid. Naceron coa finalidade de coordinar as accións de loita contra os franceses e para reformar politicamente o país. Os deputados chegados a Cádiz procedían da zona libre de ocupación francesa, aínda que algúns proviñan da zona ocupada. A maioría deles eran eclesiásticos e avogados, aínda que tamén había funcionarios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Situado no Océano Atlántico, no litoral sudoccidental da Península Ibérica. Ábrese desde o cabo de San Vicente (Algarve, Portugal) ata a punta de Tarifa (Andalucía), ao longo duns 350 km de costa baixa, formada por depósitos de aluvión dos ríos Guadiana e, sobre todo, do Guadalquivir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que cae con facilidade ou que está a piques de caer.

    2. Aplícase ás estruturas vexetais, especialmente aos pétalos, que se desprenden facilmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que empeza a apodrecer, especialmente aplicado aos alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se propaga por contaxio.

    2. Infección que se produce no tecido celular dos dedos, xeralmente na terceira falanxe no bordo da uña, e que vai acompañada de pus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é doado de contentar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao nó que corre e que permite apertar ou afrouxar con facilidade unha atadura.

    2. Que se desliza sobre carrís.

    3. Que non ten rizos.

    4. Aplícase ao viño livián, con pouco corpo, pastoso e agradable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que creba ou rompe con facilidade.

    2. Que é débil física e moralmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non mostra afecto nin interese por nada nin por ninguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non é fácil de contentar ou se descontenta con facilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pasar de diploide a haploide.

    VER O DETALLE DO TERMO