"Doro" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 123.

  • PERSOEIRO

    Poeta. Típico expoñente da época clasicista da literatura rusa, fíxose famoso co poema Dušenka (1775), imitación da Psyché de Lafontaine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. En 1870 trasladouse a Arxentina, onde actuou en numerosos melodramas. De volta a Barcelona (1883), ingresou no Romea para seguir coa súa carreira. Ángel Guimerà elixiuno como protagonista das súas obras Mar i cel (Mar e ceo), L’ànima morta (O espírito morto), Rei i monjo (Rei e monxe) e Terra baixa (Terra baixa). Estreou tamén obras de Frederic Soler e de Josep Pin i Soler. Nos últimos anos especializouse en papeis cómicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e realizador cinematográfico ucraíno. Como realizador consagrouse coa triloxía tolstoiana de Vojna i mir (Guerra e Paz). En 1980 rodou en México o filme Campanas Rojas, biografía cinematográfica do xornalista norteamericano John Reed.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, narrador e ensaísta. En 1906 escribiu o seu primeiro relato La visera fatal, inspirado nun episodio do Quixote e un traballo sobre a mitoloxía grega, un ano máis tarde traduciu do inglés El príncipe feliz, de Oscar Wilde. En 1914 trasladouse a Europa e, despois de visitar Londres e París, instalouse en Xenebra e posteriormente en Lugano, onde estudiou o bacharelato. Dende 1919 e ata 1921 residiu en España, primeiro en Mallorca, logo Sevilla e finalmente en Madrid. Nestes anos comezou a publicar poemas e a colaborar na prensa e revistas (Grecia, Ultra, Cervantes, etc), participou no movemento literario altruísta e escribiu en 1919 o seu primeiro artigo na revista suíza La Feuille titulado “Chronique des lettres espagnoles”, reseñando dous traballos de Azorín e de Pío Baroja, e o seu primeiro poema titulado “Al mar”. En 1921 regresou a Bos Aires onde publicou un manifesto ultraísta na revista Nosotros e creou a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Iniciou os seus estudios na Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela, da que foi profesor auxiliar en 1862, e despois na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1867), onde foi discípulo de Andrés Gómez. En 1873 viaxou a Roma para ampliar os seus estudios na Academia Española de Bellas Artes e, en 1875, a París. En 1879 obtivo a cátedra de Debuxo da Real Sociedade Económica de Santiago e ao ano seguinte trasladouse á Coruña para ocupar o posto de profesor auxiliar da escola de Artes e Industria, da que obtivo en 1891 a cátedra. Foi mestre de Pablo Picasso. Nunha liña poética realista, introduciu na escultura galega as escenas de costumes. A súa obra ten como referente a tradición escultórica galega, principalmente do barroco compostelán e do neoclasicismo. Cun marcado carácter realista estas obras amosan a representación do descritivo e o anecdótico consonte coas innovacións feitas en París por Meunier e Rodin. A isto hai que engadir o coñecemento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, en 1883 trasladouse a Madrid. En 1903 obtivo a súa primeira acta de deputado a Cortes polo distrito de Ponteareas, ao que representou ata 1914, data na que foi elixido deputado por Ourense sen chegar a tomar posesión do cargo. Foi membro numerario da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación, membro correspondente da Real Academia Galega, secretario da Sección de Ciencias Morales y Políticas do Ateneo de Madrid e vicepresidente do Centro Galego de Madrid. Así mesmo, colaborou na prensa galega e madrileña e publicou Dos semblanzas de Cánovas (1898) e Suiza española: paseando por Galicia (1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten candor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e eclesiástico. Promoveu o desenvolvemento dos estudios históricos sicilianos e foi prefecto da biblioteca Vaticana. En 1872 fundou o Archivio storico siciliano e en 1873 a Società Siciliana di Storia Patria. Entre as súas obras destacan De rebus Regni Siciliae (Sobre o reino de Sicilia, 1882) e Gli archivi e le biblioteche di Spagna in rapporto alla storia d’Italia in generale e di Sicilia in particolare (Os arquivos e as bibliotecas de España en relación coa historia de Italia en xeral e de Sicilia en particular, 1884).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, monxe e político romano. Ao principio do s VI tivo unha importante actividade política; no 533 chegou a prefecto pretorial e influíu poderosamente na reconciliación de Teodorico coa Igrexa romana. Cara ao 550, fundou o mosteiro de Vivarium, preto de Scylacium (Squillace), de liña beneditina, onde se dedicou á transmisión da cultura grega mediante a copia de manuscritos e pergamiños. Ademais, empregaba no ensino algunhas das súas obras e no seu programa de estudios incluía as Sagradas Escrituras e as artes liberais. Como político escribiu Variae (Varias), conxunto de cartas con referencias a decretos e editos imperiais. Dos seus escritos filosófico-teolóxicos destacan De anima (Da alma), Institutiones divinarum et saecularium litterarum (Disposicións sobre as letras divinas e profanas) e Historia ecclesiastica tripartita (Historia eclesiástica tripartita). Tamén escribiu unha recompilación titulada De orthographia (A ortografía),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e xornalista. Colaborou nos xornais El Progreso, El País, La República, El Avisador, La Crónica e na publicación satírica-burlesca El Esquilón, onde escribía baixo o pseudónimo de Frei Zacarías. No Álbum de la Caridad aparece o seu poema “A miña irmán”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capitán de navío que está ao mando dunha escuadra ou dunha división dunha flota, pertencente á mariña de guerra británica ou á norteamericana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Chubut, na Patagonia, Arxentina (124.104 h [1997]). É un importante centro comercial e nó de transportes. A base da súa economía é a extracción de petróleo (a quinta parte da produción do país) e as industrias derivadas, principalmente refinerías e químicas. Da cidade parten gasodutos e oleodutos en dirección a Bos Aires.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político grego. Foi ministro de Asuntos Exteriores en varias ocasións, e sostivo unha política expansionista e de reivindicacións territoriais. Elixido primeiro ministro (1885-1886, 1890-1892, 1895-1897, 1902-1903 e 1904-1905), alentou a sublevación dos cretenses e a guerra con Turquía. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ladrillo empregado polos gregos e romanos que estaba formado por un pé de longo e medio de ancho, é dicir, catro palmos de lonxitude e dous de anchura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo grego. Discípulo de Euclides, foi un dos membros máis destacados da escola de Megara. O núcleo do seu pensamento estaba formado por unha tese de orde lóxico-metafísica sobre a interpretación da substancia que negaba a distinción entre potencia e acto, e polo tanto, negaba tamén o movemento e o devir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador grego. Escribiu unha Biblioteca Histórica, en corenta volumes que se ocupaba da historia universal desde as orixes ata a conquista das Galias. Consérvanse os volumes I-V e XI-XX, que se ocupan da historia de Exipto, Mesopotamia, a India, Escitia, Arabia e o norte de África, ademais de fragmentos da historia de Grecia e Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teológo e bispo de Tarso (378-384). Fundou unha comunidade para fomentar os estudios relixiosos e a ascese en Antioquia. Defendeu a fe de Nicea e as dúas naturezas de Cristo, e enfrontouse ás interpretacións neoplatónicas, especialmente con Apolinar de Laodicea. Fuxiu de Antioquia a causa das súas controversias co Emperador Xuliano o Apóstata. Foi mestre de Xoán Crisóstomo e de Teodoro de Mopsuestia. Só se conservan algúns fragmentos dos seus escritos teolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe epónimo dos dorios, un dos pobos da raza helénica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilarmaior baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Vilarmaior. De estilo románico, unha inscrición no tímpano da fachada principal dátaa no 1162. No 1185 Fernando III doou os seus beneficios a San Xoán de Caaveiro. Ten unha soa nave e unha ábsida semicircular precedida dun curto tramo recto. O arco triunfal é de medio punto, peraltado e dobrado, e está moi elevado. A rosca menor descansa sobre dúas semicolumnas pegadas que non teñen bases e con capiteis con decoración vexetal moi sinxela que non cobre toda a súa superficie. No exterior da capela maior destaca unha colección de canzorros con decoración xeométrica; as metopas que están entre eles adórnanse con grandes flores de botón central en resalte. A nave sufriu algunhas modificacións que afectaron ás partes altas e os canzorros están colocados a distancias desiguais. A porta norte, tapiada, remata nun tímpano semicircular liso, mentres que a meridional presenta ademais un lintel. A portada principal protéxese cun pórtico de madeira con apoios de pedra e...

    VER O DETALLE DO TERMO