"Douglas" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 29.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Douglas Elton Ullman.
-
PERSOEIRO
Médico estadounidense. Dedicouse ao estudo dos cambios químicos que se producen nos tecidos orgánicos expostos a radiacións con gran cantidade de iodos radioactivos, das glándulas tiroides e do metabolismo dos glícidos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar estadounidense. Foi comandante das forzas estadounidenses en Extremo Oriente durante a Segunda Guerra Mundial, e resistiu o ataque xaponés en marzo de 1942. Comandou a ofensiva do Pacífico, e nomeado xefe de todas as forzas aliadas do Pacífico (1945) conseguiu a vitoria sobre Xapón. Dirixiu as tropas da ONU en Corea pero foi destituído por Truman en 1951. Regresou a EE UU e apoiou a candidatura de Eisenhower á presidencia da nación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante. Coñecido como Jim Morrison, formou en 1967, xunto a Ray Manzarek, Robbie Krieger e John Densmore, o grupo The Doors. Os seus continuos escándalos e problemas coa xustiza fixeron que abandonase Los Angeles e se establecese en París. Ademais de compoñer, escribiu diversos poemarios, dos que destacan An American Prayer (1970) e The Lords and The New Creatures (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista estadounidense. Partiu da teoría económica e dos métodos cuantitativos para explicar os cambios sociais e económicos. Recibiu o Premio Nobel de Ciencias Económicas (1993), polos seus estudos da evolución histórica aplicando unha tecnoloxía económica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Estudou no Instituto de Tecnoloxía de California e doutorouse en 1973 pola Universidade de Cornell. En 1996 recibiu, xunto con David Lee e Robert Richardson, o Premio Nobel de Física polo descubrimento da superfluidez do helio-3.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor canadense. Escribiu numerosas narracións baseadas no medio natural do seu país. Destacan Earth’s Enigmas (1896), The Kindred of the Wild (1902) e Neighbours Unknown (1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político zimbabwés. En 1965 proclamou unilateralmente a independencia de Rhodesia. Implantou un réxime de segregación racial que provocou o illamento internacional de Rhodesia e unha sanguenta guerra de guerrillas. Despois das eleccións libres de 1980, foi membro do Parlamento, ata que en 1987 foi suspendido como parlamentario pola súa posición a favor do apartheid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e produtor cinematográfico. Coñecido como Douglas Fairbanks. Sobresaíu como protagonista de filmes de acción, caracterizado polos seus personaxes atléticos, bronceados e sorrintes. Destacan The Mark of Zorro (1920), Robin Hood (1922), The Thief of Bagdad (1924), Mr. Robinson Crusoe (1932) ou The Private Life of Don Juan (1934).
VER O DETALLE DO TERMO