"ERS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 626.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Utrecht, Países Baixos, á beira do río Eem (101.974h [1991]). Lugar de veraneo. Torre de Nôtre Dame, dos ss XV-XVII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Interestadio temperado nos comezos da glaciación Würm, aproximadamente entre 70.000 e 65.000 a C.
-
PERSOEIRO
Mariscal británico e barón de Amherst. Xefe das forzas británicas en Canadá, rematou a súa conquista coa toma de Louisbourg (1758) e de Montreal (1760). Foi Gobernador xeral deste país e, xa en Gran Bretaña (1763), Comandante en xefe do exército.
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago de Alemaña, nos contrafortes setentrionais dos Alpes de Baviera. O Ammer apórtalle ao lago as augas procedentes dos Alpes, e como emisario ten ao Amper, afluente pola esquerda do Isar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Símbolo gráfico inglés & que representa a conxunción ou unión dun substantivo ou dunha locución a outra.
-
PERSOEIRO
Xeneral polaco. Foi prisioneiro dos soviéticos entre 1939 e 1941. En virtude do acordo soviético-polaco foi, durante a Segunda Guerra Mundial, Comandante en Xefe das tropas polacas e combateu contra Rommel no N de África (1942) e en Italia (Cassino, 1943). Escribiu unhas memorias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor alemán nacionalizado suízo e un dos fundadores do Grupo 47. Escribiu novelas e narracións de moito éxito, sobre todo a autobiografía Die Kirschen der Freiheit (‘As cereixas da liberdade’) e a novela Sansibar oder der letze Grund (‘Zanzíbar ou o último fundamento’), que constitúe unha crítica do totalitarismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista, poeta, comediógrafo e contista danés. De familia moi humilde, aos 14 anos trasladouse a Copenhaguen, onde conseguiu espertar o interese dos persoeiros do país. Cultivou narrativa, poesía e teatro. Ademais, escribiu a autobiografía Mit livs eventyr (‘A aventura da miña vida’) en 1855, impresións de viaxes como I Spanien (‘España’) en 1863, e varias series de contos marabillosos Eventyr (‘Aventuras’) entre 1835 e 1872. Ao inspirarse en relatos e lendas nórdicas, os seus contos caracterízanse pola súa imaxinación, humor e sensibilidade que os converteu en clásicos da literatura infantil.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Premio internacional de literatura infantil en memoria do escritor danés Hans Christian Andersen que, dende o 1956, concede cada dous anos a International Board on Books for Young People.
-
PERSOEIRO
Escritor noruegués. É autor, entre outras novelas, de I Cancelliraadens dage (‘As xornadas dun conselleiro da chancelería’, 1897), na que narra a crise das clases dirixentes do seu país, e de Mod Kveld (1900), influída polo Romanticismo alemán. A súa prosa, de gran claridade, sitúao coma un dos grandes mestres da literatura noruega moderna.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor dinamarqués. De orixe humilde e formación autodidacta, estableceuse na RDA en 1949. A súa obra literaria, composta de novelas e narracións autobiográficas, reflicte a situación do proletariado. Entre as novelas cómpre mencionar Pelle Erobreren (‘Pelle o Conquistador’), escrito entre 1906 e 1910, e Morten hin Rode (‘Martiño o Rubio’), publicada en 1945. Deixou libros de viaxes e de ensaio; destaca na narración curta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor arxentino. É autor dunha notable Historia de la literatura hispanoamericana (1954) e de estudos literarios como Ensayos (1946), La crítica literaria contemporánea (1957) e Teoría y técnica del cuento (1979), entre outros. Dedicouse tamén á narrativa, con obras como Fuga (1953), La sandía y otros cuentos (1969), El leve Pedro (1976) e El milagro y otros cuentos (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador económico escocés. É autor de An Historical and Cronological Dedution on Trade and Commerce (‘Unha dedución cronolóxica e histórica do comercio’), que foi empregada dende 1762 polos economistas clásicos ingleses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico norteamericano. En 1930 comezou un estudo exhaustivo das partículas ionizadas producidas polos raios cósmicos. Mediante unha cámara de Wilson observou en 1932 a existencia efectiva do positrón, partícula definida teoricamente por Dirac pero non observada ata ese momento. Con este descubrimento acadou o Premio Nobel de Física no ano 1936, que compartiu co seu colega Victor F. Hess.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo escocés. Estudiou a dinámica das fallas, as intrusións ígneas, a alineación dos xistos e o vulcanismo; e deu unha primeira explicación das liñas de Becke, importante método da óptica mineral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pastor escocés, xefe dunha loxia de francmasóns. Redactou as constitucións da francmasonería en The Constitutions of Free-Masons (1723) e publicou Royal genealogies (Xenealoxías reais, 1732).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e empresario agrícola escocés. Na súa obra Essays Relating to Agriculture and Rural Affairs (Ensaios relacionados coa agricultura e os asuntos rurais, 1775), definiu a teoría da renda diferencial da terra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano norteamericana considerada, no repertorio italiano, a sucesora de J. Sutherland. Debutou, por vez primeira, no New York City Opera (1978) e axiña se converteu nunha cantante de proxección internacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador e crítico cinematográfico inglés. Foi o principal promotor e teórico do free-cinema. Iniciouse no cinema coa realización de documentais, nos que xa apuntaba unha decidida vontade testemuñal e crítica. En 1957 realizou o transcendental Every Day except Christmas (‘Todos os días agás Nadal’), obra básica do free-cinema. Con If (‘Se’,1969) gañou a Palma de Ouro do festival de Cannes dese mesmo ano. Tamén dirixiu Lucky Man (‘Home afortunado’, 1973) e The Whales of August (‘As baleas de agosto’,1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Contralto norteamericana. O seu repertorio comprendía tanto negro-espirituais coma obras dos románticos alemáns. Foi a primeira cantante afroamericana admitida no Metropolitan Opera House de Nova York (1955).
VER O DETALLE DO TERMO