"Elef" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 31.

  • Chamada telefónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comunicar algo por teléfono.

    2. Chamar a alguén por teléfono.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte de construír, instalar e manexar os teléfonos.

    2. Sistema de telecomunicación que consiste na transmisión a distancia do son mediante dispositivos eléctricos. A súa invención debése a Antonio Meuci, aínda que foi patentado por A. Graham Bell. O teléfono de Bell consistía nun micrófono e nun receptor separados a unha certa distancia. No micrófono, a voz do que falaba facía vibrar unha lámina de ferro moi fina, e modificaba así o campo dun imán permanente que levaba unha bobina asociada, na que se inducían correntes eléctricas proporcionais a aquelas variacións: no receptor, as correntes variables que chegaban modificaban o campo doutro imán, o que provocaba a vibración dunha lámina de ferro e reproducía os sons. O micrófono de carbón, ideado en 1888 por D. Hughes e perfeccionado despois por Ader, constituíu unha mellora do sistema. Posteriormente foi substituído polo micrófono de grans de carbón, ideado por Hunnings no ano 1891. Para efectuar a interconexión pódense poñer todos os abonados en contacto cunha terceira persoa (operadora)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa fundada o 19 de abril de 1924 co nome de Compañía Telefónica Nacional de España, SA. Xurdiu do convenio entre o Estado e a empresa estadounidense International Telephone and Telegraph Corporation (ITT), e dispuña do monopolio das comunicacións telefónicas en España. En 1945 o Estado converteuse en socio maioritario. Desde finais da década de 1980 abriuse ao mercado internacional e adquiriu accións en empresas operadoras de redes de telecomunicacións en Hispanoamérica. En 1994 lanzou o servizo de telefonía móbil dixital, Movistar, en 1995 presentou o seu servizo de Internet, Infovía, e en 1999, Terra. En 1997 privatizouse. Paralelamente, comezou as probas coa tecnoloxía ADSL. En 2000 creou Telefónica Móviles e Telefónica DataCorp.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao teléfono ou á telefonía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que traballa nun servizo telefónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema eléctrico que permite transmitir sons a distancia a través dunha liña que conecta uns aparatos emisores e receptores, grazas ao que poden conversar dúas persoas. O 12 de xuño de 2002 o Congreso de EE UU aprobou a resolución número 269 que declaraba ao italiano, nacionalizado estadounidense, Antonio Meucci como o inventor do teléfono. Meucci emigrou a Cuba (1835) onde traballou en investigacións científicas de aplicacións militares e en electromedicina. En La Habana descubriu accidentalmente, durante o emprego dun dos seus descubrimentos, a transmisión de sons a través de condutores, e decatouse das posibilidades que isto representaba para as comunicacións. En 1850 trasladouse a Nova York, e en 1860, dez anos antes da patente de Bell, fixo unha demostración dun sistema telefónico que denominou teletrófono. Meuci rexistrou o seu prototipo (1871) sen obter unha patente, protestou a de Bell, pero non tivo éxito. Entre as invencións que se atribúen a Meucci figura o uso de bobinas para...

    2. Aparato para transmitir sons a distancia mediante unha instalación de telefonía. O teléfono está constituído fundamentalmente por un micrófono, un auricular e os dispositivos complementarios que permiten enviar e recibir as chamadas (como o disco de marcar). O micrófono e o auricular van aloxados no microteléfono, que se separa do teléfono e que se mantén na man ao falar. Nalgúns modelos o microteléfono ten, ademais, o disco de marcar. A chamada orixínase cando se descolga o microteléfono. No teléfono automático prodúcese a través do disco de marcar, que, no movemento de retroceso ata a posición de repouso, interrompe, cunha cadencia regular, a corrente continua de alimentación da central. Co tempo substituíuse o disco de marcar por teclas, que, ao ser premidas, envían á central unha combinación de dúas frecuencias entre cinco preestablecidas, como identificación do díxito correspondente.

    3. Número particular de cada aparato.

    4. Terminal telefónica portátil que usa redes dixitais ou analóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imaxe que pode ser enviada por medio de ondas radioeléctricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fototelegrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fototelégrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Tomou parte na revolta cretense contra os turcos (1897) e obtivo o recoñecemento da autonomía de Creta. Conselleiro de Xurxo I de Grecia (1901), axiña proclamou pola súa conta a enose da illa con Grecia (1905). Presidente do consello de ministros, marcou a política grega entre 1910 e 1935. Constituíu un goberno provisional en Tesalónica e declaroulle a guerra a Alemaña, polo que conseguiu diversas cesións territoriais (Macedonia, Tracia e Esmirna, cunha franxa interior de Asia Menor), a través dos tratados de Neuilly e Sèvres (1919). Tras a ofensiva de Turquía (1922), regresou a Atenas (1924), pero foi desterrado. Refuxiado en París (1935), foi condenado a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO