"Ely" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 31.
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Flevoland, Países Baixos, situada á beira do pólder de Flevoland Leste (60.557 h [1997]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe de Gales (1194-1239). Achegouse aos baróns ingleses que se opuñan a Xoán sen Terra. En 1215, na Carta Magna, fixo recoñecer a este os dereitos dos galeses. En 1238 ingresou como monxe nun mosteiro do Císter. Á súa morte case non quedaron establecementos ingleses en Gales.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe de Gales (1258-1282), neto de Llewelyn I. En 1267 fíxose recoñecer príncipe de Gales polos ingleses. Someteu os príncipes galeses do N, pero foi finalmente derrotado polos ingleses. Ao negarlle a homenaxe a Eduardo I de Inglaterra, este atacouno e, tras vencelo, impúxolle o duro Tratado de Conway (1277). Coa súa morte rematou a independencia de País de Gales.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Gales, neto de Llywelyn ap Iorweth (1173-1240). Obrigou a Enrique III de Inglaterra a que o recoñecese príncipe soberano de Gales. En 1276 loitou con Eduardo I de Inglaterra a quen lle negou a homenaxe. Foi derrotado en 1277 e en 1282 volveu rebelarse cos outros nobres galeses, pero morreu na revolta, co que se puxo fin á independencia galesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
William Williams.
-
PERSOEIRO
Financeiro e político alemán. Presidiu o Reichsbank (1924-1930), tivo un papel importante na estabilización da moeda alemá e opúxose ao pagamento das reparacións da guerra. Colaborou co movemento nacionalsocialista, foi ministro de Economía Nacional (1934-1937) e ministro sen carteira (1937-1944). Foi arrestado en xuño de 1944 porque participou nun complot contra Hitler. Xulgado en Nuremberg, foi absolto e posteriormente condenado a oito anos no campo de concentración de Mai, de onde saíu en 1949. Presidiu a Banca Schacht (1953-1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Profesor na Universidade de Montréal, puxo de manifesto en diversas obras as características comúns da resposta orgánica ás agresións do ambiente, síndrome coñecida co nome de estrés.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. As súas obras estiveron influenciadas polo surrealismo. Destacaron especialmente Puberté (1983) para a Fundação C. Gulbenkian de Lisboa, Paix (Budapest) ou Soleil Bipède para a Ruta Internacional de la Amistad, nos Xogos Olímpicos de México de 1968.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do megye de Vas, Hungría (82.000 h [2000]). Chamada Claudia Savaria polos romanos, era capital da Alta Panonia e foi destruída polos hunos en 445. No s XI integrouse no Reino de Hungría.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Estudou pintura clásica, pero a partir de 1947 cultivou a escultura. Construíu “máquinas inútiles”, con elementos de residuos industriais, que xiran ou se moven ao redor dun eixe central, en obras como Samurai (1963), Pop, Hop and Op Co. (1965), Chaos (1974) ou as fontes de Zúric, Basilea ou París. Tamén realizou espectáculos como Happening, a miúdo con N. de Saint Phalle, a súa muller.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor húngaro. Foi alumno da Bauhaus de Budapest (1928-1929). Estableceuse en París, onde a partir do estudo da obra de Kandinskij e de Mondrian comezou a crear o novo movemento, que proseguía a obra de Mondrian e de Malevič. Coa súa obra teórica e coa súa plástica cinética negou toda a pintura tradicional e renovou a arte actual.
VER O DETALLE DO TERMO