"Emilia" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 26.

  • GALICIA

    Escritora, condesa de Pardo Bazán. De familia nobre, trasladouse a Madrid en 1869, e alí entrou en contacto cos parladoiros literarios, o Ateneo e o mundo aristocrático, ademais de asistir con asiduidade ás sesións do Congreso. As súas viaxes por Francia, Inglaterra ou Italia foron moi enriquecedoras para a súa formación, e nelas coñeceu a diversos personaxes como os irmáns Goncourt e É. Zola. Foi unha muller cunha cultura literaria moi extensa, xa que leu con especial interese a autores da literatura europea da súa época como Juan Valera, Benito P. Galdós, Peray e Vitor Hugo, e sobre todo a un emerxente Émile Zola. A súa curiosidade intelectual estendeuse tamén a outros campos, como a filosofía e a ciencia. A súa produción literaria comezou coa publicación do libro de poemas Jaime (1876), dedicado ao seu fillo. Despois do éxito logrado con esta obra, o seu traballo literario centrouse na publicación de ensaios en revistas, feito que a colocou na vangarda da crítica literaria de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, situada na rexión de Emilia-Romaña, Italia (141.383 h [2001]). Situada na alta chaira emiliana, á dereita do Crostolo (afluente do Po), na zona de contacto entre os Apeninos e a chaira, ocupa unha posición moi favorable porque representa o centro económico da rexión subapenina nunha zona de rica agricultura. Fundada no s II a C, foi capital dun ducado lombardo (584) e no s XII converteuse en cidade libre. A comezos do s XV pasou aos Este, aos que permaneceu unida ata a época napoleónica. Formou parte do Reino de Italia (1805) e en 1809 pasou como ducado a Oudinot. Devolta ao duque de Modena en 1815, en 1860 integrouse no Piemonte e con este incorporouse ao Reino de Italia (1861).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da rexión de Emilia-Romaña, Italia (2.293 km2; 453.039 h [2001]). A súa capital é Reggio nell’Emilia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emilia Vázquez Rodríguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Coñecida como Emilia Salgueiro, a súa obra evolucionou desde o realismo temático e representivo cara a un expresionismo figurativo baseado en mundos oníricos, con referencias simbolícas e míticas. Nos anos noventa evolucionou cara á abstracción en obras con formas sinuosas que se proxectaban fóra do cadro. Ademais das técnicas tradicionais, experimentou con novos materiais que superan a barreira do pictórico como o ferro, o chumbo ou a madeira

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario mexicano. Organizou unha partida de guerrilleiros (1909), uniuse á revolta maderista e ocupou a cidade de Cuautla. Despois dos Acordos de Ciudad Juárez (1911) rexeitou seguir o presidente Francisco León de la Barra e tampouco recoñeceu a presidencia de Francisco Ignacio Madero. Como alternativa proclamou o Proxecto de Ayala (1911), que propoñía un conxunto de medidas agrarias radicais. O asasinato de Madero e a guerra civil permitiron o rebrote do agrarismo en Morelos, baixo a súa dirección (1914), e a alianza con Pancho Villa. Creada a Soberana Convención Revolucionaria, ambos os dous ocuparon a cidade de México, pero en setembro de 1914 romperon a súa alianza e as forzas de Carranza illárono en Morelos. Instarou entón un réxime revolucionario no estado, onde repartiu as terras dos propietarios e aplicou a reforma agraria. En 1919 o coronel Jesús Guajardo finxiu ser un seguidor seu e atraeuno a unha trampa, onde foi asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO