"Fuentes" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 33.
-
PERSOEIRO
Escritor e diplomático. Licenciouse en Dereito pola UNAM e realizou estudios de posgrao en economía no Instituto de Altos Estudios Internacionais de Xenebra. Profesor de literatura en diversas universidades norteamericanas, colaborou na revista Medio siglo, cofundou e dirixiu a Revista Mexicana de Literatura e foi codirector de El Espectador. Así mesmo, fundou o Movimiento de Liberación Nacional del Comité Nacional de Auscultación y Organización. Da súa produción destacan Los días enmascarados (1954), La región más transparente (1958), La muerte de Artemio Cruz (1962), Aura (1962), Cambio de piel (Premio Biblioteca Breve 1967), Casa con dos puertas (1970), Tiempo mexicano (1971), Terra nostra (Premio Xavier Villaurrutia 1976 e Premio Rómulo Gallegos 1977), La cabeza de la hidra (1978), Gringo Viejo (1985), Cristóbal Nonato (1987), El naranjo o los círculos...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista visual. Realizou instalacións nas que os distintos materiais, metais, motores, cables, plastilina, cristal e outros, realizan un diálogo co medio nos que están inscritos por medio destes, como A máquina que debuxa o infinito (1998), e dos sons, como Concerto para 6v. Opus 00 (1999). Participou, entre outras mostras, en ARCO 2002.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Zamora, Castela e León, situado ao S da provincia, no límite coa de Salamanca (1.896 h [1996]). Está drenado por diversos afluentes do río Guareña. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Santa María del Castillo (s XVI), o oratorio das clarisas (s XVI) e a igrexa de San Juan Bautista (s XVII).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Foi catedrático de Dereito Romano nas universidades de La Laguna, Salamanca e Autónoma de Madrid. Colaborou, entre outras publicacións, en Anuario de Historia del Derecho Español e Revista de Derecho Notarial e foi autor, entre outras obras de, Lecciones de historia del derecho romano (1963), Derecho Privado Romano (1978). Recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1999. En 2002 foi elixido membro da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Coñecido como Tono Galán, realizou, entre outros, estudios sobre o esmalte, o gravado e a caligrafía chinesa. A súa pintura caracterízase pola xeometrización baseada no construtivismo. Foi colaborador nas seccións humorísticas de diversos xornais galegos e traballou na restauración de retablos e vidreiras. Realizou exposicións na Coruña, Santiago de Compostela e Barcelona, e participou, entre outras mostras colectivas, no Foro Atlántico (1993) e na V Mostra Unión Fenosa (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre. Durante a Segunda República foi mestre en Tamallancos e foi un dos principais dinamizadores da ATEO e da súa revista Escuela del Trabajo. Destacou polas súas preocupacións filolóxicas e publicou artigos en La Zarpa (desde 1930), co alcume de Doctor Íñigo, e os folletos La investigación filológica, Las Jergas gallegas e Vocabulario típico panameño, no exilio en Panamá (desde 1941) . Foi un dos represaliados da revolución de outubro (1934) e pasou uns meses no cárcere. Durante o seu exilio en Venezuela foi profesor no Instituto de Cojedes, onde publicou o libro Historia de San Carlos de Cojedes. No terreo pedagóxico, centrou o seu interese nas cuestións didácticas e metodolóxicas dos militantes da ATEO. Dinamizou a formación do profesorado a través de Centros de Colaboración Pedagóxica, antes de que o propio ministerio os crease, e publicou series de artigos didácticos titulados “Por la Revolución didáctica” en Escuela del Trabajo,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Abordou o tema da revolución mexicana e destacou pola súa facilidade narrativa e a creación de personaxes. Publicou Campamento (1931), Tierra (1932) e Mi general (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de capela. Traballou na catedral de Lugo desde 1943 a finais da década de 1960. Doutor en Filosofía e Teoloxía, pola Universidad Pontificia de Comillas, especializouse en música con Nemesio Otaño ou Xosé Ignacio Prieto e reorganizou a Schola Cantorum do seminario, onde impartiu o ensino musical. Da súa produción destacan oito lieders sobre textos de Rosalía de Castro, premiados en Pontevedra no I Festival da Canción Galega (1960); dentro da música sacra Ecce Panis, Tu es Petrus, Estrella del Mar, Señor Sacramentado e Misa Peregrini; no aspecto profano compuxo Rapsodia abulense, Esta gaitiña que eu toco e moitas pezas polifónicas que están baseadas en melodías galegas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor, autor e director. Coñecido como Nancho Novo, desenvolveu unha ampla actividade teatral como intérprete (Defendiendo al cavernícola), director e autor de varias obras (Cyborg, blues por un perro muerto ou Maloficio). Cantante e guitarrista do grupo Los Castigados sin Postre, co que publicou o disco Confieso que he bebido (1996), comezou a súa andaina cinematográfica no filme El juego más divertido (1988) e tivo o seu primeiro papel protagonista en La ardilla roja (1992). Tamén cómpre salientar a súa participación nos filmes La flor de mi secreto (1995), Tierra (1996), A noiva de media noite (1997), Fisterra (1998), Los amantes del Círculo Polar (1998), Tierra de fuego (2000), O lapis do carpinteiro (2002) ou Astronautas (2004). Recibiu o premio ao actor revelación da Unión de Actores de Madrid (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Atleta. Especialista en triatlón, foi campión de España (2001, 2002 e 2004), campión de Europa (2002), campión do mundo (2002), subcampión do mundo (2003 e 2004) e diploma olímpico (2000). Recibiu a Medalla de Galicia (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado ao SL da capital provincial (1.774 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Xan Vieito, emprega unhas tonalidades cromáticas cálidas en ocasións e frías e mornas noutras, nunhas obras que se sitúan entre a figuración e a abstracción. Destacan Foliada (2005) e Ocaso (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e gravador de nome artístico Xan Vieito, realizou a súa primeira exposición individual no mosteiro de Poio (1998). Dende entón ten participado en numerosas exposicións individuales e colectivas galegas e portuguesas, destacando a súa participación como artista estranxeiro invitado en Goisarte, Gois, Portugal (2001 e 2005). As súas viaxes fora da península ibérica o levan a expoñer en Québec, Canadá (2001) e Bolsano, Italia (2007). Socio fundador de GALUART (Asociación Galaico Lusa de Artistas Plásticos e Visuais), tamén é membro da Asociación española de médicos escritores e artistas. Entre os seus premios destaca a medalla do 5ème Salon International de Nantes, Francia (2005). Na súa obra explora o mundo onírico e da infancia, utilizando gradacións de cores cálidas e figuras humanas entre a figuración e a abstracción. Da súa obra destacan Almas sin rumbo (2009) e Universo 1 (2009).
VER O DETALLE DO TERMO