"Gabriel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 93.
-
PERSOEIRO
Poeta italiano. Introduciu a métrica clásica na poesía italiana. Cultivou a anacreóntica, as odas pindáricas, etc, cunha lingua altisonante e dunha gran musicalidade: Canzonette (1591), Il rapimento di Cefalo (1600) e Gelopea (1604).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e arquitecto inglés. Estudiou en Roma e estableceuse en Londres. Introdutor en Inglaterra das formas do barroco italiano, en 1674 realizou os relevos que decoran a base do monumento que lembra o grande incendio de Londres de 1666. Entre as súas obras destacan A loucura e A melancolía (1675?), realizadas para a porta do antigo hospital Bedlam. Como arquitecto traballou con Christopher Wren na catedral de San Paulo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista francesa. Dedicada tamén á crítica teatral e ao xornalismo, a súa obra caracterízase por unha prosa sinxela e unha sutil percepción psicolóxica dos instintos eróticos e do desengano amoroso. Publicou, entre outras obras, a tetraloxía Claudine (1900-1907), La vagabonde (A vagabunda, 1911), Mitsou (1919) e Chéri (Querido, 1920).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo e filósofo. Catedrático de Historia da Pedagoxía, colaborou na Grande Enciclopédie e no Ditionnaire de pédagogie de Buisson. Rector das universidades de Poitiers (1890) e Lyon (1895-1905), entrou na Académie des Sciencies Morales et Politiques (1907). Está considerado como o primeiro historiador da pedagoxía; e entre as súas obras destaca Histoire de la Pédagogie (Historia da Pedagoxía, 1885), Histoire critique des doctrines de l’education en France depuis le XVIème siècle (Historia crítica das doutrinas da educación en Francia despois do s XVI, 1897) e Les grands éducateurs (Os grandes educadores, 1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático suízo. Foi catedrático de Matemáticas e de Filosofía na Universidade de Xenebra. Estudiou a teoría newtoniana das curvas alxébricas e clasificounas segundo o grao da ecuación. En 1750 reintroduciu o algarismo, chamado regra de Cramer, que xa empregara Leibniz a finais do s XVII, para resolver sistemas de ecuacións lineais cunhas cantas incógnitas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e litógrafo. Cultivou a caricatura e a litografía irónica para despois dedicarse á pintura. En Esmirna (1828) adoptou a temática oriental e máis tarde cultivou un realismo precursor de Millet e Courbet.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Mestre de capela de Xoán IV de Portugal e autor dun vilancico en galego de 1646, recollido na Escolma da poesía galega (1959) de Xosé María Álvarez Blázquez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Cultivou o retrato feminino e a pintura decorativa. Foi conservador do Museé Jacquermart-André (1956) e membro da Académie des Beaux-Arts. En 1913 recibiu o Prix de Rome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político italiano. Estudiou en Florencia e posteriormente na Universidade de Roma. Viviu en Roma dende 1881 e posteriormente trasladouse a Settignano. Foi elixido deputado en 1897 e logo dun período en Francia (1909-1915) regresou a Italia e tomou parte activa na Primeira Guerra Mundial. Gozou dun gran prestixio na época de Mussolini, xa que nos seus escritos defendía a política fascista. Representante do decadentismo, cultivou a poesía, o teatro e a novela. A súa obra divídese en tres períodos: ao primeiro (1882-1893) pertencen Canto novo (Canto novo, 1882), Intermezzo di rime (1884), Elegie romane (Elexía romana, 1893) e Poema paradisiaco (Poema paradisíaco, 1893), ademais de contos e novelas como Il piacere (O pracer, 1889); no segundo (1894-1910), influenciado por Nietzsche, escribiu novelas como Il trionfo della morte (O triunfo da morte, 1894) e Il fuoco (O lume, 1900); e no terceiro período (1921-1935), denominado...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. De formación autodidacta, comezou a traballar no obradoiro marmorista do seu pai na rúa Nova. A través de Sixto Aguirre coñeceu o grupo de Os Novos ou Renovadores da arte galega que o animaron a dedicarse á escultura. Participou activamente nos parladoiros composteláns dos anos trinta e, a través de Luís Seoane e Carlos Maside, coñeceu a escultura foránea e interesouse polas novas tendencias. Instalou o seu estudo nas proximidades do Sar. A tardía vocación e o seu repentino falecemento, fixeron que deixase un número escaso de obras, moitas delas só modeladas no bosquexo en xeso. Aínda así, a súa obra tentou renovar a linguaxe plástica do momento ao arredarse do folclorismo e da anécdota imperante, inquedanzas artísticas relacionadas co movemento renovador da arte galega. Potenciou os aspectos intrínsecos da escultura, a forma, o volume, a materia e o espacio, pero espiu as súas esculturas de calquera detalle anecdótico ou pintoresco. Eliminou por completo a caracterización das...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Licenciouse en Dereito pola Universidad de Madrid. Foi xefe do gabinete técnico do ministerio de Información e Turismo e, como membro do Partido Popular, foi deputado do Congreso por Castelló de la Plana desde a segunda á quinta lexislatura (1982-1996) e senador electo desde a sexta lexislatura (1996), encargado da presidencia da comisión de Asuntos Exteriores. Membro fundador e director da revista Familia española, escribiu, entre outras obras, Información y política (1964) e La vocación política (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista italiano. Publicou Centum fabulae ex antiquis autoribus delectae (1564).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico alemán. En 1709 ideou o termómetro de alcohol e en 1714 substituíu o alcohol dos termómetros polo mercurio, e nestes introduciu a escala que leva o seu nome en 1716. En 1724 nomeárono membro da Royal Society de Londres. Realizou importantes descubrimentos sobre a temperatura de ebulición dos líquidos, a solidificación da auga no baleiro e o peso específico dos corpos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e anatomista italiano. Foi profesor de cirurxía e anatomía nas universidades de Pisa (1548) e Padua (1551), onde sucedeu a Vesalius. Ocupou a cátedra de Anatomía en Venecia e está considerado un dos grandes anatomistas da historia da medicina. Estudiou o desenvolvemento dos ósos e a osteoloxía do cranio. Descubriu o oído interno, os músculos dos ollos e outras estruturas, como o canal ou hiato de Fallopio e os tubos uterinos ou trompas de Fallopio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Estudiou na Escola Niedermeyer de París, foi organista en Rennes e exerceu a docencia. De regreso a París, foi profesor de composición do Conservatorio, en 1905 director do mesmo e titular de órgano na igrexa da Madeleine. Da súa produción destacan as cancións, as pezas para piano, nas que desenvolveu un estilo propio e innovador, e as pezas para escena Prométhée (1900) e Pénélope (1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Autor do primeiro texto da literatura dramática galega, o entremés titulado La contienda de los labradores de Caldelas e máis coñecido como Entremés famoso sobre a pesca do río Miño, escrito arredor de 1671 e que se conserva nun manuscrito do século XVII depositado na Biblioteca Nacional de Madrid. Non existen datos fiables respecto deste autor, a súa procedencia e as súas ocupacións, aínda que semella ter sido persoa culta, oriúnda da raia do Miño.
-
GALICIA
Pintor. Realizou, entre outras obras, a pintura do coro de Santa María de Beán (Ordes, 1577) e do altar de Nosa Señora en San Martiño de Noia (1581). Asociouse en 1583 con Juan Bautista Celma e Domingo González. En 1586 realizou a obra de pintura das festas da confraría do Rosario de Santiago e en 1587 pintou a porta do Camiño da cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Farmacéutico galego. Realizou estudios farmacéuticos en Madrid e pasou despois á Escuela Práctica de Química de Madrid. En 1804 foi nomeado, a proposta de L. Proust, profesor de química na Universidade de Santiago de Compostela e, posteriormente, acudiu a París para rematar a súa formación con Fourcroy, Vauquelin, Deyeux e Thenard. Cando regresou en 1811 a Santiago recuperou, tras unha negativa inicial, a docencia da disciplina de química. Pero en 1814, coa volta do absolutismo, a universidade aproveitou a conxuntura política para queixarse das presións recibidas para readmitilo e despediuno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e lingüista. Foi profesor de lingüística e crítica literaria da Universitat Autònoma de Barcelona. Estudiou os textos positivistas dos junggrammatiker, ata chegar ao transformacionalismo de Chomsky pasando polo estruturalismo. Traduciu Language, de Bloomfield, e Cartesian linguistics, de Chomsky. A súa obra poética consta de tres libros Da nuces pueris (1960), Menja’t una cama (1962) e Teoria dels cossos (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘dedo’.