"Gap" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 28.

  • Prótalo formado nos pteridófitos heterosporios a partir dunha megaspora, sobre o que se desenvolven os arquegonios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos cetáceos misticetos, da familia dos balanoptéridos, que ten como única especie a M. novaengliae (xibardo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Zambales, na rexión de Luzón Central, Filipinas, situada ao SO da illa de Luzón (192.000 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Nicasio Pajares, estableceuse en Uruguay e Arxentina, onde fundou o diario El Despertar Hispano e colaborou en revistas como Alfar, Fomento de la Instrución Gallega, España e Mundo Argentino. Xa de volta en España, dedicouse a escribir novelas de tema americano e ton humorístico, como Teatro de la emigración (1922), El conquistador de los Trópicos (1923), coa que deu comezo o subxénero de “novela de ditadores”; e El pensador en la selva (1925). Tamén foi autor de obras como Don Quijote y Tío Sam (1930) e Cómo pervirtieron a Palleiros (1931). En xullo de 2004, as fundacións Rosalía de Castro e Camilo José Cela, no marco da mostra Padrón, berce de escritores, tentaron recuperar a súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e capital de Singapur, situada no extremo S da illa homónima e atravesada polo río Singapur (2.540.650 h [estim 1995]). É un gran centro financeiro e o porto comercial máis grande de Asia suroriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado insular situado en Asia suroriental, formado pola illa homónima e algúns illotes, situados no extremo S da península de Malacca, da que está separada polo estreito de Johor (683 km2; 3.306.000 h [estim 2001]). A súa capital é Singapur.
    Xeografía
    O territorio está dividido na illa de Singapur e outras illas de menor tamaño. A illa maior está constituída por unha chaira, as súas costas son baixas e areosas e están cubertas de mangleirais. O clima é ecuatorial cálido e húmido, con variacións estacionais mínimas e precipitacións moi abundantes e ben distribuídas ao longo do ano. A vexetación autóctona é a selva ecuatorial, que antes cubría toda a illa pero que actualmente quedou relegada a determinados enclaves, pois máis do 80% da illa está urbanizada. Conta con numerosos ríos de curto percorrido dos que destacan o Seletar e o Jurong. O sector primario achega cultivos de coco, tabaco, piña, hortalizas, plantas ornamentais como a orquídea,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo de mar que separa Singapur do arquipélago de Riau (Malaisia) e comunica o estreito de Malacca co mar da China Meridional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Singapur ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Singapur.

    VER O DETALLE DO TERMO