"Gaspar" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 55.
-
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Gaspard Poussin, por ser discípulo e cuñado de N. Poussin, especializouse na pintura de paisaxes. Traballou para o Papa Inocencio X e a familia Colonna. Entre as súas obras destacan os frescos sobre a historia dos carmelitas realizados en San Martino ai Monti.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político brasileiro. Foi ministro da Guerra (1936-1945). Accedeu á presidencia da República en 1946 e no seu mandato redactouse unha nova constitución, a cuarta, que foi aprobada en setembro de 1946, pero que conservou a estrutura sindical corporativa e reprimiu as forzas obreiras independentes. No verán de 1947 tivo lugar a Conferencia Internacional para o Mantemento da Paz e a Seguridade de Petrópolis. Unha disposición do tratado estipulaba a defensa recíproca dos asinantes no caso dunha agresión armada directa contra calquera das nacións asinantes do tratado. En outubro de 1947, desatada a Guerra Fría, rachou as relacións coa URSS e, poucos meses despois, ilegalizou o Partido Comunista e expulsou os comunistas que ocupaban escanos no Parlamento (1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conquistador. Bacharel en leis, formou parte da expedición de Pedrarias Dávila (1514). Foi un dos fundadores da cidade de Panamá (1519) e un dos descubridores de Natá e do golfo de Nicoya. Oidor en Santo Domingo e Panamá, trasladouse a Perú para interceder no enfrontamento entre Francisco Pizarro e D. de Almagro. Escribiu a Relación de lo hecho por el licenciado Gaspar de Espinosa..., primeira descrición etnográfica de Panamá.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
José Gaspar Rodríguez Francia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino procedente do latín tardío Caspar/Gaspar ou Casparus/Gasparus, voz relacionada coa palabra aramea ghizbar ‘tesoureiro’ que ten a súa orixe no iraniano *gaz-bar ‘que leva o tesouro’, ‘administrador do tesouro’. Presenta a variante Gasparo. Con todo, hai investigadores que cren que se trata dunha forma sincopada do nome iraniano Gathaspar, que, á súa vez, procede dun antigo Gundophar/Windafarnah, correspondente ao adxectivo persa windahwarena ‘brillante’. A súa festividade celébrase o 6 de xaneiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dun dos tres Magos de Oriente que, segundo relata o Evanxeo de san Mateo (cap 3, versículos I-XII), acudiron a Belén de Xudea para adorar o neno Xesús na súa condición de Rei dos xudeus. Representa a Europa e na iconografía preséntase adoito como un mozo louro e imberbe, ataviado con ricas vestiduras orientais e levando como atributo incenso, símbolo de Deus.
-
PERSOEIRO
Filóloga. Colaboradora en distintas publicacións, da súa produción destacan As aventuras de Guauguau (1992), A xeración Nós e o Camiño de Santiago (1996), Antoloxía do conto galego de medo (1996), e as traducións das obras de Italo Calvino Marcovaldo (1987), O vizconde demediado (1988), O cabaleiro inexistente (1988) e O barón rampante (1988); de Carlo Levi Cristo parou en Éboli (1990); de Leonardo Sciascia O mar da cor do viño (1991); de Gianni Rodari Xasmín no país dos mentireiros (1991) e Gramática da fantasía (1999); de Carmen Bravo Villasante Endrina e o segredo do peregrino (1992); de Giuseppe Tavani As Cantigas de Escarnio e Maldicir (1996); e de Bruno Munari Carrapuchiña vermella, verde, amarela, azul e branca (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e dramaturgo. Despois de iniciar a súa carreira como autor de xoguetes cómicos e comedias, entre as que destacan Las circunstancias (1867) ou El estómago (1874), comezou unha nova etapa cun corte máis realista e social, con obras nas que denunciaba os vicios e costumes da sociedade burguesa da restauración. Entre estas últimas cómpre destacar Las personas decentes (1890), La huelga de los hijos (1893) ou La eterna cuestión (1895), na que xa agroman temáticas como a liberdade da muller fronte ás imposicións da familia e da sociedade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Autor de óperas, intermezzi, motetes, cantatas, oratorios e obras didácticas, como o tratado L’armonico practico al cimbalo (1708).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe de cómic creado polo debuxante Xaquín Marín. Trátase dun rapaz vestido con boina e dotado dunha sutil ironía. Apareceu en diversos medios de comunicación, e diariamente en La Voz de Galicia. Este personaxe deu título a dúas obras: Gaspariño e Gaspariño II.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino variante de Gaspar.
-
PERSOEIRO
Escritor. Fundador de La Gazzeta Veneta, publicou, entre outras obras, Lettere diverse (1750), Lettere serie, facete, capriciose, strane e quasi bestiali (1752) e Difesa di Dante (1758).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Valido de Filipe IV (1623-1643), terceiro conde de Olivares (1607-1645), duque de Sanlúcar de Barrameda e grande de España, fillo de Enrique de Guzmán y Conchillos. Coñecido como conde-duque de Olivares, estudiou dereito na Universidad de Salamanca. Elixido xentilhome da cámara do príncipe (1615), ocupou trala subida ao trono de Filipe IV os cargos de sumiller de corps (1621) e cabaleirizo maior (1622), antes de se converter, trala morte do seu tío e protector Baltasar de Zúñiga, en valido do rei. Malia intitularse conselleiro real, presidiu todos os consellos e xuntas de Estado e creou unha ampla rede de favores, mediante o reparto de distincións sociais e recompensas económicas, o que lle permitiu acabar con posibles competidores. Herdeiro ideolóxico do arbitrismo e da tradición imperial, concibiu un programa político baseado en manter a hexemonía dos Habsburgo hispánicos en Europa, para o que era necesario unha serie de reformas. A súa política reformista, recollida no Memorial...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dominicano de orixe galega. Tomou os hábitos no convento de San Domingos de Bonaval, aínda que logo foi trasladado a Valladolid de onde saíu colexial de San Gregorio en 1593. Foi profesor de Artes e Filosofía nos conventos de Ávila e Segovia e posteriormente de Teoloxía no convento de Viveiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Traballou no Instituto de Xordomudos de París e escribiu o primeiro tratado importante de otoloxía Traité des maladies de l’oreille et de l’audition (1821). As súas investigacións no campo da educación constituíron o punto de partida da pedagoxía científica de M. Montessori. Está considerado un dos fundadores da endocrinoloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político. Foi alcalde do crime en Sevilla (1767) e alcalde de casa e corte (1778) en Madrid, cidade na que contactou cos ilustrados. Coa chegada ao poder de Godoy, foi perseguido, detido e deportado a Mallorca, confinado primeiro na cartuxa de Valldemossa (1801) e, posteriormente, no castelo de Bellver (1802). Liberado en 1808, trala abdicación de Carlos IV, negouse a participar no equipo afrancesado, e formou parte da Junta Suprema Central y Gubernativa del Reino, onde representaba a tendencia ilustrada oposta ao Antigo Réxime e ao liberalismo político. Distinguiuse polas súas ideas renovadoras (humanización da xustiza, fomento das obras públicas, regalismo, loita contra a Inquisición, racionalización do ensino -que consideraba o motor máis potente de transformacións-, liberalismo económico). Expuxo as súas ideas político-económicas no Informe sobre el Banco de San Carlos (1782) e, especialmente, en Informe en el expediente de ley agraria (1795). Escribiu...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e médico. Foi elixido secretario xeral do Partido Comunista de Asturias (PCA) e coordinador xeral de Izquierda Unida na mesma comunidade (1988-2000). En outubro de 2000 foi elixido coordinador xeral de Izquierda Unida.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor francés. Xunto co seu irmán Balthasar Marsy (Cambrai 1628-París 1674), tamén escultor, traballou nas Tuileries e nos xardíns de Versailles, onde fixo Les Chevaux d’Apollon (1667) e Fontaine orneé de Cupidon. Tamén esculpiu o sepulcro de Xoán II Casimiro de Polonia, na igrexa de Saint-Germain-des-Prés de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Industrial conserveiro, publicista e escritor. Colaborou na edición de Cien obras de la colección Massó, na fundación do Museo Provincial de Pontevedra e no establecemento da Misión Biolóxica e participou na elaboración do Dicionario da Real Academia Española con numerosas achegas técnicas. Publicou Cantares populares gallegos, Itinerarios turístico gastronómicos de la provincia de Pontevedra (1964), Nuestro futuro alimenticio: pesca y conservas (1964), Comentarios gastronómicos, apéndices sobre Economía Conservera (1967), Origen y desarrollo de la industria conservera en Galicia (1967) e Pedro Madruga de Soutomayor, caudillo feudal (1975). Foi presidente da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (ANFACO) entre 1935 e 1937 e membro correspondente da Real Academia Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático francés. Ministro de mariña durante a Revolución Francesa, foi un dos fundadores da École Normale e da École Polytechnique. Creador da xeometría descritiva, neste campo estudou a perspectiva e a polaridade. Traballou tamén no campo da física, especialmente na licuefacción dos gases.
VER O DETALLE DO TERMO