"Gastón" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 25.
-
PERSOEIRO
Filólogo francés. Foi profesor no Collège de France (1872) e participou na fundación das revistas Revue Critique (1866) e Romania (1872). Especializouse no estudo da literatura medieval, sobre todo da francesa, campo en que tivo especial relevancia pola teoría das cantilenas, en canto á orixe dos cantares de xesta. É autor de Étude sur le rôle de I’accent latin dans la langue française (1862), Histoire poétique de Charlemagne (1866), Vie de saint Alexis (1872), La Poésie du Moyen-Âge (1885) e François Villon (1901). Ademais traduciu, en colaboración, a Grammaire des langues romanes, de F. Diez. Foi membro da Académie de Inscriptions et Belles-Lettres (1876) e da Académie Française (1896).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico francés. Foi profesor no Conservatoire des Arts et Métiers e na Asociación Politécnica de París. Inventou as primeiras baterías acumuladoras a partir de dúas placas de chumbo unidas por un arame e somerxidas nun electrólito de ácido sulfúrico (1859).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Microbiólogo francés. En 1923 descubriu a maneira de converter a toxina diftérica na anatoxina correspondente que, ademais de non ser tóxica, conserva o poder antixénico.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e historiador. Colaborou con numerosas publicacións periódicas e escribiu poemas históricos, como a colección de poesías Enredadas (1902), o poema descritivo O castro de Cañás (1903), a lenda histórica Diego de Samboulo (1903), en prosa e verso; e o romance curto Boicentril. O druísmo e o celtismo gallegos. A epopeya irlandesa (1912); ademais de traballos históricos, como Apuntes para la historia comercial de La Coruña (1900), La revolución gallega de 1846 (1908), Batallón Literario de Santiago. Diario de campaña (1808 al 1812) (1908), Los mártires de Carral (1912) e La torre del homenaje del castillo de Villalba (1912). Foi membro numerario da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Presidente do partido democrático en 1961, ocupou diversos ministerios e foi a un tempo primeiro ministro e ministro de Estado (1974-1979). Presidiu a Internacional Liberal (1970-1982), a Federación de Partidos Liberais e Democráticos da Comunidade Europea (1976-1980), a Comisión das Comunidades Europeas (1981-1984) e o Movemento Europeo.
VER O DETALLE DO TERMO