"Gil" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 160.

  • GALICIA

    Actor e director de escena. Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago, foi un dos animadores da vida teatral en Ourense durante os sesenta e setenta. Principiou a súa traxectoria teatral no teatro universitario de Santiago de Compostela e como actor do grupo de teatro Valle-Inclán, participando no espectáculo Don Hamlet, estreado en 1970, nese   mesmo ano creou o colectivo Histrión 70, un dos primeiros grupos independentes, canteira de futuros profesionais, con esta compañia dirixirá varios espectáculos entre os que cómpre salientar Antígona (1976), a partir da adaptación de Bertolt Brecht, e A pancarta (1978), a partir do texto homónimo de J. Díaz. Desde finais dos anos setenta reside en Portugal, primeiro traballou co Teatro Experimental do Porto e, finalmente, instalouse en Lisboa onde fundou o Teatro Ibérico, compañía coa que creou un repertorio baseado en textos de autores da dramaturxia castelá. En 1990 volveu a Galicia para asumir a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Entre 1957 e 1969 dirixiu na Universidade de Virginia un centro de estudios de economía política e filosofía social. As súas investigacións céntranse no eido da economía pública. En 1986 concedéuselle o Premio Nobel de Economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e naturalista. Estudiou gramática, filosofía, matemáticas e medicina en València e dereito en Salamanca. Interesouse pola arqueoloxía e pola botánica. Mantivo correspondencia con Haller e con Linné, de quen traduciu ao castelán Philosofia botanica (Filosofía botánica) e Species plantarum (As especies das plantas). A súa publicación máis destacada é Teoremas y problemas para examinar y saber usar cualesquiera aguas minerales (1785).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico canadense. Nas súas producións reflíctese o seu interese por Québec, polas comedias musicais e pola poesía. Obtivo unha importante difusión internacional cos filmes La vie heureuse de Leopold Z (A feliz vida de Leopold Z, 1967), Red (Vermello, 1969), La vraie nature de Bernardette (A verdadeira natureza de Bernardette, 1971), Fantastica (1980) e La Guêpe (A avespa), entre outras películas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Botánico, fillo de Antonio Casares Rodríguez. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1894), ingresou posteriormente no Instituto de Higiene Militar onde ideou un novo método de tinxidura de cilios de bacterias. Foi a París, Berlín e Londres para estudar a vacina antitífica que aplicou nas campañas militares españolas en Marrocos. Traballou en distintos laboratorios botánicos europeos, principalmente en Alemaña e Inglaterra, e abordou o estudo dos briófitos peninsulares. En 1928, despois de acadar o grao de coronel médico, trasladouse á Coruña como director do Hospital Militar. Publicou o libro Flora Ibérica. Briófitos (1919), dedicada ás hepáticas, e en 1932 editouse, postumamente, o segundo volume desta obra dedicado aos mofos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico, fillo de Antonio Casares Rodríguez. En 1884 licenciouse, simultaneamente, en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela e en Ciencias Químicas na de Salamanca. Doutorouse en Madrid en 1887 e, en 1888, obtivo a cátedra de Técnica Física e Análise Química na Universitat de Barcelona. Entre as súas publicacións destacan as dedicadas á análise do fluor, do bromo e de varias augas minerais de Galicia. Foi membro da Junta para Ampliación de Estudios e presidente dos institutos Alonso Barba e Santa Cruz do CSIC. Recibiu o premio de química da fundación Juan March e foi nomeado doutor honoris causa por diferentes universidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Gravador. Recibiu clases de debuxo e de pintura con Manuel Fole. Cunha bolsa concedida pola Deputación de Lugo en 1907, marchou a Madrid onde foi discípulo de Alejandro Ferrant. Estudiou tamén nos talleres da Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando con Muñoz Degrain e Carlos Verger. Obtivo os títulos de profesor de debuxo, pintura e gravado. En 1925 recibiu unha bolsa da Junta para la Ampliación de Estudios e viaxou a París e posteriormente aos Países Baixos e Inglaterra. Foi mestre na Escuela Nacional de Artes Gráficas e gravador do Banco de España e da Casa de La Moneda. En 1920 colaborou nas revistas La Esfera e Blanco y Negro. Dominou todas as técnicas do gravado, aínda que destacou nas augafortes e na punta seca. As súas obras son dun marcado realismo pero non exentas dun certo romanticismo. Entre os seus gravados destacan Estampas de Guerra, Catedral de Santiago, Castelo de Andrade, Praza Maior de Lugo e Dolmen Galego. Participou en diversas exposicións tanto colectivas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Autor de novelas de cariz social e de signo cristián, publicou Les saints vont en enfer (Os santos van ao inferno, 1952), Chiens perdus sans collier (Cans perdidos sen colar, 1954) e Et moi aussi je vous aimais (E eu tamén vos amaba, 1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hermenegildo Díaz de Cevallos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi crítico literario e con Heretics (1905) iniciou as obras de pensamento de tendencia católica. Escribiu obras históricas e sociolóxicas de sentido demócrata e anticapitalista. Destacou tamén como poeta e como novelista, entre outras obras con The Man who was Thursday (1908) e coas narracións policíacas do Padre Brown (1911-1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor belga. Exiliouse en Frankenthal (Alemaña) no 1588 a causa da persecución relixiosa; alí fundou unha escola paisaxística maneirista. En 1595 estableceuse definitivamente en Amsterdam. A súa temática inspirouse nos feitos da antigüidade pagá ou relixiosa e converteu a paisaxe na protagonista principal do cadro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • -Os-Montes, Alto Douro 1888 - Coimbra 1944) Historiador da arte portugués. Fundou as publicacións Arte e Arqueologia e Terra Portuguesa, e dirixiu o Diário de Coimbra. Entre as súas obras cómpre destacar Monumentos e esculturas (séculos III-XV) (1924), Pintores portugueses dos séculos XV e XVI (1928), A escultura em Portugal no primeiro terço do século XVI (1929) e Excursões no centro de Portugal (1939). A Universidade de Coimbra publicou Obras (1944), unha escolma dos seus estudios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Comentador e intérprete doutros pensadores nos libros Nietzsche et la philosophie (Nietzsche e a filosofía, 1962), La philosophie critique de Kant (A filosofía crítica de Kant, 1963) e Spinoza et le problème de l’expression (Spinoza e o problema da expresión, 1969), achegou unha crítica da razón edipo-psicanalítica. Así mesmo escribiu Logique du sens (Lóxica do sentido, 1969), Cinéma 1: L’image-mouvement (A imaxe-movemento: estudios sobre cine 1, 1983), Cinéma 2: L’image-temps (A imaxe-tempo: estudios sobre cine 2, 1985), Foucault (1986) e Pourparlers (1990). En colaboración con Félix Guattari publicou Capitalisme et schizophrénie (Capitalismo e esquizofrenia), formada por L’anti-Oedipe (O anti-Edipo, 1972) e Mille Plateaux (Mil mesetas, 1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. De orixe española, comezou como pintor de porcelanas e cultivou a temática histórica. Coñeceu a Théodore Rousseau e adheriuse á escola de Barbizon. Entre as súas obras destacan Cans na fraga e Proximidade da tempestade (1871). Entre outros galardóns, cómpre salientar a medalla de primeira clase que recibiu en 1851.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico de arte e filósofo italiano. En 1948 fundou, con B. Munari e A. Solati, o Movimento pro Arte Concreta (MAC) e en 1955 presentou, con M. Zanuso, unha exposición sobre deseño industrial italiano en Londres. Foi profesor de estética na Universidade de Milán dende 1956. Colaborou coas revistas Casabella, Nueva Visión, Art d’Aujourd’hui e The Studio. Entre as súas obras destacan as monografías Bosch (1953) e Dürer (1958), e varios ensaios, entre os que sobresaen, Il devenire delle arti (O devir da arte, 1959), Ultime tendenze nell’arte d’oggi (Últimas tendencias na arte de hoxe, 1961), Senso e insensatezza nell’arte d’oggi (Sentido e insensatez na arte de hoxe, 1971) e L’intervallo perduto (O intervalo perdido, 1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico de arte, director de compañía e empresario teatral ruso. Iniciou a súa carreira en San Petersburgo, onde frecuentaba os locais nos que se reunían artistas plásticos, creadores literarios, actores, bailaríns e músicos, sendo un dos fundadores da revista Mir Iskusstva (O mundo da arte, 1898-1904), ao tempo que comezou a organización de exposicións en San Petersburgo e París ou a distribución de espectáculos. Foi así como concibiu a idea de crear unha compañía estable de ballet, os Ballets Rusos, que propiciaron unha fonda renovación nas artes escénicas. D’agilev non era nin bailarín, nin músico, nin coreógrafo, nin pintor, nin persoa vinculada ao mundo teatral, mais foi quen de agrupar arredor do seu proxecto músicos, pintores, coreógrafos, bailaríns, actores, directores ou mecenas, como Coco Chanel, que converteron a súa compañía nun referente fundamental na historia contemporánea das artes escénicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arranxador, pianista e director de orquestra. Coñecido como Gil Evans, tivo unha formación autodidacta e debutou en Stockton como director de orquestra entre 1941 e 1949. Colaborou coa orquestra de Claude Thornhill e posteriormente traballou con Miles Davis, con quen gravou Birth of the Cool e Miles Ahead. Dende os anos setenta interesouse polos instrumentos acústicos e electrónicos con obras como There Comes a Time (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e historiador. Interesouse en temas de historia local que publicou no Boletín da Real Academia Galega e en diversas revistas americanas. Das súas obras destacan Sobre insculturas rupestres en la provincia de Pontevedra (1916), Judiadas colonnianas: o La nueva fantasía sobre el hallazgo del libro náutico de Cristobal Colón (1924) e Arte rupestre galaico (1930). Membro correspondente das comisións provinciais de monumentos de Ourense e Pontevedra, da Academia Latina de Ciencias, Artes e Letras de París, da Real Academia de la Historia, da Sociedad Arqueológica e da Academia de Declamación, Música e Buenas Letras de Málaga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor portugués. Licenciouse en Filoloxía Clásica na Universidade de Coimbra (1940) e, posteriormente, exerceu a docencia. Cultivou a novela neorrealista (O caminho fica longe, 1943) e o existencialismo marcou a súa obra posterior (Mudança, 1949; A face sangrenta, 1953). Da súa produción destacan ademais Do mundo original (1957), Carta ao futuro (1958), Aparição (Prémio Camilo Castelo Branco 1959), Espaço do invisível (1965), Alegria breve (Prémio da Casa da Imprensa 1965), Invocação ao meu corpo (1969), Para sempre (1983), Até ao fim (Grande Prémio Romance da Associação Portuguesa de Escritores 1987) e Cartas a Sandra (1996). Así mesmo, gañou o Prémio do Centro Português da Associação Internacional de Críticos Litérarios (1985), o Prémio Fémina (1990), o Prémio Europália (1991) e o Prémio Camões (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo brasileiro. Renovou os estudios sociais na utilización de fontes ata entón pouco consideradas pola comunidade científica. Publicou, entre outras obras, Casa-Grande e Senzala: formação da familia brasileira sob o rexime da economia patriarcal (1933), Uma cultura ameaçada, a luso-brasileira (1942) e Interpretação do Brasil: aspectos da formação social brasileira como proceso de amalgamento de raças e culturas (1947).

    VER O DETALLE DO TERMO