"Gustavo" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 26.
-
PERSOEIRO
Médico e político. Doutorouse en Roma (1900) para despois trasladarse a Madrid e naturalizarse español (1904). Catedrático de Parasitoloxía e Patoloxía Tropical na Universidad de Madrid (1911), foi xefe do servizo central de desinfección e da sección de parasitoloxía do Instituto Nacional de Higiene (1907). Dirixiu a loita contra as enfermidades de transmisión en Guinea (1909) e contra a malaria (1920). Foi elixido deputado nas Cortes Constituíntes da Segunda República (1931) e exiliouse tras a Guerra Civil a Francia, Arxentina e Cuba. Foi membro da Real Academia de Medicina (1914).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e diplomático. Estudou con Óscar Esplà e formou parte do Xeración da república. En 1930 estreou o ballet La romería de los cornudos, cunha estética moi persoal; ademais dun Concierto militar para violín e orquestra, a zarzuela El coro (1931), música de cámara e cancións. En homenaxe aos poetas da Xeración do 27 compuxo Llanto por Federico García Lorca (1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Brazo de mar duns 320 km de longo e 96 km de ancho, situado ao L do Ártico, entre o arquipélago de Parry, ao S, a illa Ellef Ringnes, ao L e a de Borden, ao O.
-
GALICIA
Enxeñeiro. Doutor enxeñeiro e diplomado en Maxisterio e Planificación e Administración de Empresas, foi delegado do Colegio de Ingenieros del ICAI en Galicia e presidiu o Patronato do Pedrón de Ouro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista ruso. Participou na Revolución Rusa, e foi coautor do Primeiro Plano Quinquenal soviético. Experto en planificación, participou na discusión sobre os criterios de selección de investimentos, rexeitando aqueles que incorporasen magnitudes típicas dunha economía de mercado e formulando criterios alternativos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Esquiador italiano. Converteuse no especialista máis destacado do eslálom da primeira metade da década de 1970. Gañador da Copa do Mundo en 1971, 1972, 1973 e 1975, nos Xogos Olímpicos de Sapporo (1972) obtivo a medalla de ouro do xigante e a de prata do especial en Sapporo e en Innsbruck (1976). Nos Campionatos do Mundo de 1974 gañou ambas as dúas especialidades do eslálom.
VER O DETALLE DO TERMO