"Haro" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 56.

  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Coñecido tamén como Charton ou Quarton, estableceuse en Aix-en-Provence, Arles e Aviñón entre 1444 e 1466. Só se conservan dúas obras documentadas: a táboa da Virxe da Misericordia (1452) e o Triunfo da Virxe (1454). Ademais, atribúeselle a Piedade de Villeneuve-lès-Avignon.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea bienal, de ata 120 cm de altura, pubescente, de follas pinnaticompostas con folíolos ovados e festonados, e de flores amarelas dispostas en umbelas compostas. Hai formas de cultivo (subespecie sativa), de talo anguloso, folíolos agudos e raíz axonomorfa, grosa e branca, empregadas como verdura e como forraxe. En Galicia tamén se poden atopar formas silvestres en lugares herbosos e camiños, que se caracterizan por ter o talo cilíndrico ou pouco anguloso e os folíolos obtusos.

    2. Raíz carnosa e comestible da planta homónima. Ten forma alongada e polpa branca e cremosa. Emprégase, principalmente, na preparación de potaxes e sopas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Herba anual, glauca, de talos gabeadores de ata 200 cm de lonxitude. Ten follas paripinnadas rematadas en gabiáns con folíolos elípticos e estípulas grandes e ovadas; flores brancas ou púrpuras, agrupadas en acios trifloros; froitos en legume; e sementes arredondadas, verdes ou amarelas, e lisas ou rugosas. Oriúnda de Asia central, xa se cultivaba en Europa dende o Neolítico. Estendida por todas as rexións temperadas do mundo, foi unha importante planta experimental en xenética e en fisioloxía vexetal. En Galicia cultívase a variedade vulgare e a variedade axiphium, coñecida tamén co nome de tirabeque.

    2. Semente comestible da planta do mesmo nome. Adóitase preparar cocida ou guisada, raramente crúa, en menestras, ensaladas rusas, guisos de carne ou de peixe, sopas e cremas.

    3. Herbácea do xénero Lupinus da familia das fabáceas. Presenta follas cun longo pecíolo e dixitadas en cinco folíolos, flores papilonáceas en ramos terminais e froitos en grandes legumes. As sementes destes froitos, os chícharos, poden ter ata un 35% do peso en proteínas, especialmente albuminas, polo que algunhas especies se cultivan para a alimentación humana e o gando, especialmente o porcino. As sementes presentan un alcaloide que chega a resultar tóxico e que precisa ser eliminado mediante un lavado con auga salgada; tras esta operación procédese a un cocido lixeiro para facilitar a súa dixestibilidade. O chícharo bravo tamén se emprega na agricultura para plantala antes do cereal nas rotacións de cultivo e para aproveitar a capacidade das fabáceas á hora de fixar nitróxeno no chan. As especies máis empregadas son: L. albus, de flores brancas e legumes de ata 10 cm de lonxitude, presente en solos areosos do sudoeste de Galicia e cultivada na costa mediterránea, dende...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor arxentino. Iniciouse co teatro (Examinando, 1955) e cultivou, posteriormente, a narrativa. Da súa produción destacan, entre outras obras, La causa (1960), Sudeste (1962), Con otra gente (1967), En vida (1971) e La balada del álamo Carolina (1976). Desapareceu en 1976 tras ser detido polas forzas militares arxentinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta norteamericano. Publicou, entre outras obras: White Buildings (Edificios brancos, 1926) e The Bridge (A ponte, 1930). En 1933 apareceron postumamente os seus Collected Poems (Poemas escollidos) e en 1952 a súa Correspondencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eséxeta e teólogo. Foi ministro da Igrexa Congregacionalista e profesor de crítica bíblica en Manchester (1930-1935), e de teoloxía en Cambridge (1935-1939). Para el, o corazón do Novo Testamento é a escatoloxía realizada. Publicou, entre outras obras, The Authority of de Bible (A autoridade da Biblia, 1928), The Bible and the Greeks (A Biblia e os gregos, 1935), The parables of the Kingdom (As parábolas do Reino, 1935), The interpretation of the Fourth Gospel (Interpretación do cuarto evanxeo, 1953), Historical tradition in the Fourth Gospel (Tradición histórica no cuarto Evanxeo, 1963) e The Founder of Christianity (O fundador da cristiandade, 1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e aviador. Participou na Primeira Guerra Mundial como aviador. Trala contenda conseguiu diversas marcas mundiais de velocidade. Durante a Segunda Guerra Mundial loitou no Extremo Oriente (bombardeo de Toquio, 1942), África e Europa. En 1946 abandonou o exército e foi nomeado director da compañía Shell (1946-1958). Dende 1959 traballou en proxectos espaciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo estadounidense. Estudiou enxeñería eléctrica no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts e, posteriormente, exerceu como profesor no mesmo centro. Destacou como investigador no tratamento da alta velocidade e do control remoto, e como inventor dun flash estroboscópico que permitía obter imaxes dun obxecto a gran velocidade cunha nitidez perfecta. Entre algunhas das súas innovacións, cómpre subliñar unha cámara provista dun flash electrónico para investigacións mariñas que empregaron Jean Cousteau, a Armada dos EE UU e numerosas expedicións científicas. Ademais, moitos dos seus inventos utilízanse para experimentos relacionados co radar, a televisión e a fotografía profesional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor inglés. Foi un dos fundadores do Camden Town Group e primeiro presidente do London Group. Cultivou o retrato, o bodegón, a paisaxe e temas relacionados coa clase traballadora. Recibiu a influencia postimpresionista no emprego dunha paleta brillante e da simplificación de planos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo e lingüista. Doutorouse en Antropoloxía (1940) na Northwestern University (Evanston, Illinois). Foi profesor na University of Minnesota e, en 1962, trasladouse á Stanford University, onde permaneceu ata o seu retiro (1985). Ademais de estudar os universais, investigou as distintas familias lingüísticas. Na súa obra The Languages of Africa (1963) -publicara unha primeira versión co título Classification of African Languages (1955)-, clasificou todas as linguas de África en catro familias: níxer-congo, nilosahariana, afroasiática e khoisan. Tamén estudiou a clasificación xenética das linguas de Nova Guinea e de América do Sur. Para a primeira distinguiu dúas familias: a austronesia e a indopacífica; e para a segunda concluíu que existía unha estreita relación entre as linguas de América do Sur e as de América do Norte, e que as linguas indíxenas de América pertencían a tres familias: esquimó-aleutiana, na-dené e amerindia. A partir da década de 1990 investigou as linguas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘neno’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático inglés. Foi catedrático de Xeometría en Oxford e de Matemáticas Puras en Cambridge. Investigou a teoría dos números, especialmente as súas funcións. Simultáneamente, pero independentemente do médico alemán Wilhelm Weinberg, formulou a lei de Hardy-Weinberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de La Rioja, situado na ribeira do Ebro e no límite con Euskadi (9.402 h [2001]). A súa economía está estreitamente ligada á viticultura, coa elaboración de caldos da denominación de orixe Rioja. Tamén destacan outros sectores, como o téxtil, o conserveiro e o de embutidos. Do seu patrimonio cultural destacan o convento de San Agustín, a igrexa de Santo Tomás (s XVI) e os palacios dos condes de Haro e de Paternina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Bizkaia. O primeiro membro coñecido é Eneco I de Bizkaia (?-1099?), conde e señor de Bizkaia, Durango e Nájera. O seu neto Diego I López de Haro o Branco (?-1124), repoboou Haro e adoptou o nome desta vila como nome da liñaxe. No s XIII a familia dividiuse en tres ramas, das que destacou a fundada por Lope Díaz de Haro (?-1289) e que recibiu en 1599 o marquesado de Carpio. Posteriormente, destacaron Diego López de Haro (s XVI), gobernador e capitán xeneral de Galicia; Luis Méndez de Haro y Guzmán (1598-1661), marqués de Carpio e valido de Filipe IV; Gaspar de Guzmán y Pimentel (1587-1645), conde duque de Olivares e valido de Filipe IV; e García de Haro y Guzmán (1585-1668), conde de Castrillo, vicerrei de Nápoles (1653-1658) e presidente do Consello de Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei anglosaxón de Wessex (xaneiro 1066-outubro 1066). Coroado rei en Westminster Abbey trala morte de Eduardo III de Wessex, enfrontouse á oposición de Harald III de Noruega, a quen derrotou na Batalla de Stamford Bridge, e a Guillerme de Normandie, quen o matou na Batalla de Hastings.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Wisbech, Cambridge 1939) Químico inglés. Estudiou na Universidae de Sheffield, onde se doutorou en 1961. Realizou investigacións baseadas na espectroscopia de microondas e capturou e analizou ondas producidas no espazo interestelar grazas á radioastronomía. Xunto con R. Smalley, R. Curl, e os estudiantes J. R. Head e S. C. O’Brien, crearon clusters de carbono a partir de grafito, que tras ser examinados descubriron que en vez de longas   cadeas de carbono, había fulerenos. Ademais conseguiron desenvolver un método para sintetizar estas moléculas. Por este descubrimento recibiu, xunto con Smalley e Curl, o Prremio Nobel de Química en 1996.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político inglés. Profesor da London School of Economics, foi membro do Labour Party. Partidario da amizade anglosoviética, participou na redacción do programa de goberno de Clement Attlee (1945). Escribiu The Rise of European Liberalism (1936) e Reflections on the Revolution of Our Time (1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico estadounidense. Coñecido como Harold Lloyd, foi un dos grandes cómicos do cine mudo. Comezou facendo papeis secundarios en westerns e curtametraxes e na década de 1920 creou a súa propia compañía, coa que produciu a maioría das súas películas. Dos seus filmes destacan Safety Last (1923), Girl Shy (1923), The Freshman (1925), Feet First (1930) e The Cat’s Paw (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gobernador e xustiza maior de Galicia (1484-1498?). Sucedeu a Fernando de Acuña nos seus cargos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e editor. Director da editorial Macmillan, foi ministro plenipotenciario no N de África. Deputado conservador (1924), foi nomeado ministro de Defensa (1954), de Asuntos Exteriores (1955), chanceler do exchequer (1955-1957) e primeiro ministro (1957). O caso Profumo obrigouno a dimitir (1963). Publicou unha autobiografía (1966-1973).

    VER O DETALLE DO TERMO