"Hernández" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 40.

  • GALICIA

    Actor e director de escena. Foi o creador do grupo A Farándula, co que dirixiu espectáculos como Burla e realidade de Sancho (1976), O catecismo do labrego (1977), Recital de poesías (1077), A corte miragreira (1978), Tres pezas curtas (1980) e Animación de rúa (1981). En 1977 impulsou a creación do Teatro Estable Galego, unha das primeiras iniciativas de creación de compañías estables, que non obstante non chegou a callar. A partir de 1984 abandonou a práctica do teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro de Minas. Ingresou no Corpo de Enxeñeiros de Minas en 1904 sendo destinado a Ciudad Real, desde onde pasou a Galicia para interesarse polo coñecemento do Paleozoico galego e dirixir os establecementos industriais de Vilaodriz, Viveiro, Vaamonde e Porcia. En 1914 ingresou no Instituto Xeolóxico para completar as súas rectificacións no Mapa Xeolóxico de Lugo, e en 1945 foi nomeado Inspector Xeral do Corpo de Minas. Foi creador e director, ata a data do seu falecemento, do Museo do Instituto Xeolóxico e Mineiro. Polo seu labor profesional e investigador foi recoñecido con diversos cargos e distincións, entre a que destaca o seu nomeamento como membro da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Traballou en Madrid, Salamanca e París (1913). Cun estilo sobrio, tallou en pedra obras realistas, inspiradas na arte exipcia antiga, cunha temática animalista e bustos, nús e retratos. Legou a maior parte da súa obra ao Estado español.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Licenciado e doutor en Ciencias. Catedrático de Física Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, fundou e dirixiu a revista Procesado de Bioseñales. Foi membro de diversas institucións, entre elas do Institute of Electrical, Electronic Engineering (IEEE) e da xunta directiva da Asociación Española de Bioingeniería. Traballou en centros de investigación punteiros de todo o mundo. Participou en proxectos de investigación internacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e ourive. Formouse no taller paterno e, posteriormente, na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando. Realizou paisaxes de tipo romántico cunha técnica de orixe impresionista. No campo do esmalte destacan as súas series sobre pazos e monumentos de Galicia. A súa obra atópase no Museo de Pontevedra e no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Narrador. Autor de relatos con moito humor e fantasía, próximos ao surrealismo, da súa produción destacan Libro sin tapas (1929), La envenenada (1931) e La casa inundada (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e naturista. Foi un dos introdutores nos reinos hispánicos da anatomía vesaliana e un dos primeiros defensores da circulación pulmonar. Dirixiu a primeira expedición científica destinada a coñecer a flora e a fauna de América, enviada por Filipe II en 1570 a Nueva España. Escribiu unha Historia Natural de Nueva España, que non chegou a ser publicada, e da que se perderon os seus orixinais no incendio de El Escorial de 1617.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gregorio Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Publicou Vida del Chacho (1863) e El gaucho Martín Fierro (1872), extenso poema considerado a máxima expresión da literatura gauchesca. En 1879 apareceu unha segunda parte, La vuelta de Martín Fierro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico, escritor e actor. Líder do grupo Siniestro Total e representante da movida viguesa da década de 1980, participou nos filmes La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos (1993) e Caspa Brothers. Escribiu Hay vida inteligente en el rock and roll? (1999). En 2000 formou o dúo Transportes Hernández y Sanjurjo con Rómulo Sanjurjo, acordeonista dos Diplomáticos de Montealto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Veterinario. Licenciado pola facultade de Zaragoza en 1946, instalouse en Galicia en 1962 como xefe do Servicio Provincial de Gandería de Pontevedra e, posteriormente, foi co mesmo cargo a Ourense. Traballou na selección e mellora da rubia galega, na implantación da raza pardo-alpina na metade oriental de Ourense e na mellora do gando en xeral en varias zonas de Galicia, facendo cruzamentos coa raza charmoise. Xubilado desde 1987, escribiu en numerosas revistas especializadas e en xornais como Faro de Vigo ou Celtiberia, e colaborou na Gran Enciclopedia Gallega. Destaca o artigo “Rapport sur les chavaux non domestiques existants en Galice”, na revista francesa Poney, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor. Despois da Guerra Civil (1936-1939) instalouse en Barcelona, onde levou a cabo o seu labor editorial. Fundou a Editorial Planeta en 1949, que publica preferentemente obras de autores en lingua castelá, e en 1952, instituíu o Premio Planeta, un dos máis importantes do mundo da literatura castelá. Recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito Cultural da Deputación de Barcelona e a Creu de San Jordi da Generalitat de Catalunya (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Deulle ás fachadas de edificios na Coruña un novo tratamento baseado nas características estéticas modernistas como os motivos vexetais ou as columnas ornamentadas así como certos cánones novos de proporcionalidade arquitectónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. A súa escultura reproduce fragmentariamente a realidade resaltando texturas e valorando as superficies. Da súa obra destaca a escultura a García Lorca (1986), Un pintor para el Prado (1989), Formaste de tu amor simetría (1991) e Esperanza caminando (1998) no teatro Campoamor en Oviedo. En Galicia realizou unha placa de bronce no Museo de Arte Fenosa na lembranza de Trincado. En 1982 recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas e en 1986 ingresou como académico na Real Academia de Bellas Artes de San Fernanado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi membro do Partido Republicano e cónsul de Guatemala e La Habana en Vigo, onde fundou o xornal ilustrado Pero Grullo (1881) e o semanario La Víbora (1887-1888). Recibiu varios premios polas súas composicións poéticas e publicou Cartas abiertas (1874), Letrillas y epigramas (1878) e La República española y las elecciones en Galicia (1886). Escribiu a peza dramática La petaca de D. Juan que non chegou a publicar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Formouse culturalmente grazas ás súas viaxes por Europa, ata que se instalou sucesivamente en Ibiza, Madrid e Vigo. Foi colaborador das revistas Bonaval e Coordenadas, onde publicou algúns dos seus poemas, como “Golosá” ou “Alicia”. Estableceu relacións co movemento beat e participou na revista desta tendencia, Poetry. A súa poesía caracterízase polo rexeitamento das formas tradicionais e un achegamento á expresión automática, onde abundan as imaxes case imposibles e místicas. Da súa produción destacan os libros poéticos Elenkar (1976), Cabalum (1980), Poesía (1994), Cuando se habla de ti (1998) e En el norte hay un mar que es más alto que el cielo (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista. Coñecida como Caridad Mercader, residiu en Barcelona desde os seis anos ata que en 1925 marchou, cos seus cinco fillos, a Francia. Militou na XV Sección do Parti Socialiste Français (1928) e, ao estalar a Guerra Civil Española (1936-1939), pasou a Catalunya e afiliouse ao Partit Socialista Unificat de Catalunya (PSUC). Posteriormente, no exilio interveu directamente na organización do asasinato de Trockij en México (1940), que cometeu o seu fillo Ramón Mercader i del Río. Posteriormente residiu en París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi un dos membros fundadores do grupo El Paso. A súa obra caracterizouse pola introdución de teas metálicas, moitas veces coloreadas e coas que logrou contrastados efectos luminosos e espaciais. Destacan as series La metamorfosis (1958-1963), Mandalas (1974) e Albercas (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Coñecido como Julio Antonio, formouse con Marià Pedrol e con Fèlix Ferrer, aínda que tamén frecuentou o taller de Miquel Blay en Madrid. En Almadén comezou a serie Los bustos de la raza, en que sobresaen Minera de Puertollano (1909) e Minero de Almadén (1910). Realizou monumentos aos Herois de la Independència, Carmo ou Goya (Madrid) e tamén o mausoleo de Alberto Lemonnier. Da súa obra, de raíces clásicas e de concomitancias renacentistas, destacan Venus Mediterrània (1912) e María, la gitana (1908).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Presidente do Partido Popular na Comunitat Valenciana desde 1983, foi deputado no Parlamento autonómico (1991-2002) e presidiu a Comunitat Valenciana (1995-2002). Senador (2002-2004), foi ministro de Traballo e Asuntos Sociais (2002-2004) e portavoz do goberno (2003-2004).

    VER O DETALLE DO TERMO