"Herrera" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 28.
-
PERSOEIRO
Militar. Participou na represión da revolta republicana en Ferrol (1872) e ascendeu a capitán e a xeneral de Brigada. Loitou contra os carlistas e Afonso XIII concedeulle o título de conde do Grove. Escribiu Tratado de balística de las armas rayadas (1881).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Foi cóengo da catedral de Salamanca, arcebispo de Santiago de Cuba (1875-1889) e de Santiago de Compostela (1889-1922), e, desde 1897, cardeal (1897). Celebrou un Congreso Católico Nacional (1902).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Foi ministro da Guerra (abril 1808) e formou parte da xunta constituída por Fernando VII, antes da súa marcha a Baiona, aínda que recoñeceu despois a Xosé I Bonaparte. Emigrou a Francia (1814) e escribiu, xunto con Miguel José de Azauza, Memoria sobre los hechos que justifican su conduta política desde marzo de 1808 hasta abril de 1814 (1815).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre e político, oitavo conde de Benavente. Herdou o título do seu irmán Luis de Herrera y Enríquez, ambos os dous fillos de Antonio Pimentel y de Velasco-Herrera. En 1580, ao morrer Enrique I de Portugal, penetrou en territorio portugués con 16.000 homes para asegurar o triunfo de Filipe II, e apoderouse de Bragança. Foi lugartenente de València (1598-1602) e vicerrei de Nápoles (1603-1610).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, sexto conde de Benavente. Foi amigo persoal do Emperador Carlos V e padriño e titor do Rei Filipe II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Foi ministro da Gobernación (1858-1863 e 1865-1866) e presidente do Consello de Ministros (1833-1884). Formou parte da comisión redactora das constitucións de 1869 e de 1876, e fundou a Unión Liberal e a Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Torneo de fútbol que se disputa na Coruña desde 1946, e no que se lembra a figura de Tareixa Herrera Pedrosa. Creado na posguerra para paliar as penurias económicas das persoas con menos recursos, o gañador recibe como trofeo unha réplica en prata da torre de Hércules.
-
PERSOEIRO
Militar e político panameño. Formouse nas escolas militares de El Salvador, EE UU e Venezuela. Tenente coronel da Guardia Nacional, tomou parte no golpe militar que derrocou ao presidente Arnulfo Arias en 1968. Convertido en comandante da Guardia Nacional, exerceu un control pleno e ditatorial do Estado, gobernando por decreto e encarcerando e exiliando aos seus adversarios. O seu fillo, Martín Torrijos , secretario do Partido Revolucionario Democrático, asumiu a presidencia de Panamá en 2004.
VER O DETALLE DO TERMO