"ICOM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 55.

  • Entidade vinculada á UNESCO fundada en 1946 e con sede en París. Promove e coordina, a escala internacional, actividades orientadas ao desenvolvemento dos museos. Desde 1977 promove o Día Internacional dos Museos (18 de maio).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Establecemento dedicado a aloxar e, máis modernamente, a tratar de curar os enfermos mentais. O feito de que a finais do s XVIII a loucura fose considerada simplemente un perigo social, determinou que os enfermos mentais fosen tratados practicamente como malfeitores e criminais. Francia e Inglaterra foron os primeiros estados que estableceron unha lexislación de acordo coas esixencias derivadas dunha nova comprensión da loucura como enfermidade, a miúdo curable. En Galicia, en xullo de 1885, fúndase en Santiago de Compostela o primeiro manicomio, en Conxo, con catro séculos de diferenza respecto ao primeiro do Estado Español; era unha institución privada en mans da igrexa e outros socios capitalistas, ata que en 1969 pasou a mans da Deputación da Coruña.

    2. Lugar onde reina a confusión, a desorde ou o balbordo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. A súa obra caracterizouse polo estilo rápido na execución, por unha técnica moi esmerada e polo emprego de catro cores. Destacan o Rapto de Proserpina, Apolo e Artemisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático grego. O seu libro Introdución á aritmética, de inspiración pitagórica, foi considerado durante toda a Idade Media como un dos máis típicos representantes da ciencia grega. Escribiu tamén Enjeiridon harmonikes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do nome persoal grego Nikomédes ‘que vence pola súa meditación’, do verbo nikáo ‘vencer’ e médos ‘meditación’. A súa festividade celébrase o 15 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático grego. Descubriu a concoide dunha curva, que utilizou para resolver os problemas da duplicación do cubo e a trisección dos ángulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (ss III - IV) Mártir. Foi martirizado baixo o mandato de Diocleciano (303). A súa festividade celébrase o 15 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Bitinia (279?-250). Durante o seu goberno, conseguiu reunificar e helenizar profundamente toda a rexión de Bitinia. Foi o fundador de Nicomedia (264 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro rei de Bitinia (91-74 a C), fillo e sucesor de Nicomedes II. Aliado dos romanos, foi vencido (88 a C) por Mitridates VI de Ponto e tivo que abandonar a rexión, pero volveu coa axuda de Lucio Cornelio Sula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Bitinia, situada en Propóntide (posteriormente mar de Mármara), preto da actual poboación turca de Izmit. Fundada en 264 a C por Nicomedes I, foi capital do Reino de Bitinia, e despois de 74 a C da provincia romana de Ponto e Bitinia. Foi a sede predilecta de Diocleciano, que a embeleceu con basílicas, palacios e pórticos. Durante o s IV foi saqueada polos escitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección das unllas causada por fungos parasitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á folla composta en que os folíolos arrancan do ápice do pecíolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nicomedes-Pastor Díaz Corvelle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á folla composta por folíolos dispostos nos dous lados da raque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da psicoloxía experimental que se ocupa da medida das funcións mentais en xeral e das características psíquicas do individuo, en particular, contrastándoas cun modelo típico determinado. Está orientada a medir o rendemento ou comportamento da persoa nunha situación concreta e sérvese, fundamentalmente, dos tests.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á psicometría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á psicomotricidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade motriz da persoa contemplada desde o punto de vista psicolóxico, é dicir, como unha actividade que está en función dunha intencionalidade, característica que a diferenza da motricidade. Preténdese superar o dualismo cartesiano corpo-alma e expresar a unidade funcional existente entre psiquismo e motricidade.

    VER O DETALLE DO TERMO