"IKI" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 34.

  • PERSOEIRO

    Eclesiástico ruso. Coñecido como Nikon, foi metropolita de Novgorod (1648-1652), patriarca de Moscova (1652-1666) e conselleiro do Tsar Aleixo de Rusia. Emprendeu unha importante reforma litúrxica e disciplinaria que provocou o movemento cismático coñecido co nome de Raskol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra húngaro. Foi director da Ópera de Leipzig (1879-1892) e da Ópera de Budapest (1893-1895) e un dos primeiros en rexistrar música sinfónica en discos. Destacou pola súa espontaneidade e polas improvisacións artísticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que foi coñecida Vladikavkaz entre 1930-1944 e entre 1954-1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político finés. Presidente do Partido Conservador, opúxose á rusificación intentada polo goberno tsarista no seu país. Foi o primeiro ministro da nova Finlandia independente e posteriormente embaixador en Estocolmo (1936-1939). Foi primeiro ministro (1944-1946), despois de firmar o armisticio que puxo fin á Segunda Guerra Soviético-finlandesa (1944), e sucedeu a Carl G. Mannerheim na presidencia da República (1946-1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital dos Estados Federados de Micronesia, situada na illa de Pohnpei [10.500 h (estim 1999)].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - Nagasaki 5.2.1597) Mártir. Ingresou na Compañía de Xesús e foi un bo predicador. Morreu crucificado en Nagasaki, xunto con outros 25 mártires. A súa festividade celébrase o 6 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ruríkidas.

    2. Individuo pertencente á descendencia agnaticia de Rurik, que reinou en diferentes principados rusos e, finalmente, en Rusia ata 1598.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ácido xiquímico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado do SL de Asia central que limita ao O e ao NO con Uzbekistán, ao NL con Kirguizistán, ao L con China e ao S con Afganistán (143.100 km2; 6.237.000 h [estim 2000]). A súa capital é Dušanbe.
    Xeografía

    Xeografía física
    Máis da metade do territorio está por riba dos 3.000 m. O territorio atópase nunha zona de intensa actividade sísmica. Distínguense catro rexións fisiográficas: na metade oriental, o Pamir, que culmina no pico Comunismo (7.495 m); as cordilleiras de Turkestán, Zer ǎ vsan e de Gissar ao NO; o extremo O do val de Fergana ao N; e os vales de Vachš, Gissar e Amudarja ao SL. O clima é continental, suave nos vales e extremo nas montañas. As precipitacións son escasas e aumentan cara ao SO. Os ríos máis importantes son o Amudarja, o Sydarja e os seus tributarios. A maioría percorren as rexións centrais e do O, e desembocan no mar de Aral. É importante tamén o lago Karakul’....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico grego. Loitou na resistencia grega (1940-1945) e na Guerra Civil (1947-1949). Apresado, foi deportado a Icaria e Makronissos. Escribiu cancións sobre temas populares, de tipo político e ciclos sobre textos de diversos poetas en forma de canción ou de oratorio popular. Destacan o oratorio Canto General (1979), sobre textos de Pablo Neruda. Durante a Ditadura dos Coroneis sufriu novamente prisión, deportación (1967-1970) e exilio (1970-1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poeta lendario da India a quen se lle atribúe a composición do Rāmāyana e a invención da forma métrica típica da antiga poesía sánscrita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Pskov, Rusia, situada á beira do Lovat’ (117.000 h [1997]). Posúe construcións mecánicas e industria electrotécnica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa aeronáutico estadounidense que se levou a cabo en 1975 para explorar Marte e que se basou no envío das sondas automáticas Viking 1 e Viking 2. Mediu e determinou as formas de vida no solo do planeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro shōgun Tokugawa e de Xapón (1867-1868). Coa axuda dos daimyō conseguiu a dirección política do país en 1862, e procurou restablecer o autoritarismo do réxime militar de goberno (bakufu). As revoltas de Satsuma e Chosu (1867) provocaron que dimitise e desapareceu o shogunado.

    VER O DETALLE DO TERMO