"ILE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 483.

  • PERSOEIRO

    Mestre francés. Profesor da clínica neurolóxica da Salpétrière de París (1947-1960). O seu nome pasou á asociación dunha sintomatoloxía pseudo-tabética e dunha espondilite (síndrome de Alajouanine-Françon).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe Elector de Brandenburgo (1470-1476), fillo do Elector Federico I, á morte do cal herdou o margraviado de Ansbach (1440). Loitou contra Baviera, Bohemia e o Palatinado. No 1464 herdou o margraviado de Bayreuth-Kulmbach e no 1470 obtivo a marca e o título de Elector de Brandenburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, narrador e xornalista norteamericano. Director, entre outras, da revista Atlantic Monthly (Mensual Atlántico, 1881-1890), é lembrado sobre todo pola novela The Story of Bad Boy (O conto do rapaz malo, 1870) e pola colección de narracións costumistas Marjorie Daw and Other People (Marjorie Daw e outra xente, 1873).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político romanés. Contribuíu á afirmación da cultura romanesa. Foi director do Teatro Nacional de Iaşi (1840-1842) e da revista Romani Literara (1855). Consagrado como escritor, ocupou cargos políticos diversos (Ministro de Asuntos Exteriores, 1859; embaixador en París, 1855). Recolleu a tradición das cancións populares e como poeta equilibrou o seu romanticismo cun certo clasicismo na escolma Pasteluri (Pasteis, 1875). Escribiu un bo número de obras teatrais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequena agulla de metal, con cabeza redondeada -ás veces de cores- en lugar de burato nun dos seus extremos. Emprégase para soster o labor ou o picado na almofada, unir ou pregar dúas pezas de roupa, etc. Préndese nun alfineteiro.

    2. Prendedor metálico que une dúas partes dunha prenda e se usa como adorno.

    3. Peza de metal, puntiaguda nun extremo e con cabeza no extremo oposto, empregada no mundo prerromano e romano como agulla ou prendedor para o pelo. O proceso técnico empregado na súa elaboración era o da cera perdida. Os alfinetes castrexos e galaicorromanos son, polo xeral, bastante fortes e longos e case que todos os que se coñecen están feitos de bronce. As cabezas ofrecen variadas formas: cilíndricas, cónicas, globulares, en forma de botón ou flor e de traza campanular. Nalgún caso, presentan un notable tamaño e son de complexa ornamentación.

    4. Herba perenne de ata 80 cm de altura, de follas opostas, ovadas e amplexicaules e de flores vermellas ou brancas dispostas en panícula, coa corola formada por cinco pétalos soldados nun tubo rematado nun alfinete inferior. Aparece en toda Galicia entre rochas, valados e paredes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Corredor e profesor de esquí. Foi o creador da técnica que leva o seu nome, que consiste en levar os esquís sempre paralelos e xuntos, guiándoos mediante o movemento dos brazos e a rotación do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación que sinala que a interpretación dun fragmento musical debe facerse con dozura e gracia, amorosa e amablemente. Úsase a miúdo despois dunha indicación de movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Investigou sobre a estática dos fluídos, dilatación dos líquidos e gases, vapores saturantes e variacións da temperatura de fusión a fortes presións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico trivial, a eliminar, das olefinas en C5 e especialmente do 2-metilo-2-buteno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta místico alemán, graduado en medicina. Adaptou as novas formas da poesía profana a unha lírica místico-relixiosa, dunha gran claridade a pesar do uso de recursos retóricos. Son notables a recompilación de poemas Cherubinischer Wandersmann (Vagabundo querubínico, 1657) e os cantos místico-pastorís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación de pesca que se empregaba na ría de Pontevedra no s XVI e que levaba once ou doce tripulantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto empregado en medicina en forma de diclorhidrato como narcótico, analxésico e sedante. Crea hábito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra a epilepsia.

    2. Medicamento que combate a epilepsia. A cotío, o tratamento asocia dous ou máis fármacos, os cales producen efectos secundarios, polo que se debe seguir un control médico rigoroso. A supresión do tratamento con antiepilépticos ten que ser gradual, pois unha interrupción brusca pode desencadear novos ataques.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Resolveu algúns problemas de xeometría proxectiva, funcións alxebraicas, ecuacións diferenciais e análise complexa. Contribuíu á constitución do colectivo matemático Nicolas Bourbaki.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • herba das cortadelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das ranunculáceas ao que pertencen os paxariños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade etrusca situada ao S da actual Florencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome derivado, ao igual que Aquiles, do grego Akilleus (Ảχιλλεύς). Aquileo é o nome dun antigo militar romano quen, como consecuencia de se converter ao Cristianismo, foi martirizado en tempos de Diocleciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar eunuco romano que, logo de se converter ao Cristianismo, desertou xunto co seu compañeiro san Nereo e a súa ama Domitila; por esta razón, foi condenado en tempos de Diocleciano e sufriu martirio na illa de Poncia. Sobre o seu sepulcro, na Ardeatina (Roma), construíuse unha basílica. A súa festividade celébrase o 12 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO