"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

    1. Que non ten mobilidade.

    2. Célula de resistencia das cianobacterias caracterizada pola acumulación de produtos de reserva, aumento de tamaño e engrosamento da parede celular. Aparece baixo condicións exteriores adversas, podendo xerminar cando estas cambian.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cocobacilos gramnegativos, aerobios e oxidasa negativos responsables de infeccións graves como a meninxite, a septicemia e diversos procesos supurativos en pacientes afectados de trastornos internos graves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espora desprovista de flaxelos que atravesa un período de repouso antes de xerminar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa francesa. De pensamento ateo e pesimista, expresado, entre outras escolmas, en Premières poésies (Primeiras poesías, 1845), que segundo a crítica foi o seu mellor poemario, Poésies philosophiques (Poesías filosóficas, 1872) e Pensées d’un solitaire (Pensamentos dun solitario, 1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘ó home’, usada para calificar os argumentos que se dirixen contra a forma de razonamento do interlocutor partindo dos seus mesmos principios e coas súas mesmas razóns, non á materia disputada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sindical mariñeira. Iniciou a súa actividade no ano 1917 e cesouna ao comezar a Guerra Civil. Os seus obxectivos eran asociar a todos os traballadores do mar de Bueu que estivesen matriculados; mellorar a condición do sector e defender e representar aos traballadores do mar diante dos patróns e autoridades gobernativas. Malia que a súa vinculación inicial foi co socialismo da UXT, debido á estratexia de espallamento que a CNT e a súa Federación Regional de Industria Pesquera encetaron dende o ano 1931 por todo o litoral galego, a organización remataría comprometéndose co ideario anarquista, que non abandonaría ata a súa disolución. Entre 1932 e 1936, debido as continuas flutuacións do prezo da sardiña, que repercutían directamente nas endebles economías mariñeiras, promoveu unha serie de mobilizacións da clase mariñeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dificultade para executar movementos opostos dunha maneira rápida e alternativa. É síntoma de afección cerebelosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten moitos cartos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía arxentina de aviación fundada en 1950 polo Ministerio de transportes. No ano 1990 foi adquirida pola compañía española Iberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta ou extrema diminución de gammaglobulinas no sangue. Forma parte do numeroso grupo das síndromes de inmunodeficiencia conxénitas. O tratamento consiste na administración de gammaglobulina ou de inmunoglobulina G.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Doutorado en Sagrada Teoloxía con especialización en Liturxia no Pontificio Ateneo Antoniano de Roma. Foi vigairo provincial da provincia franciscana de Santiago e secretario da Facultade de Teoloxía do Pontificio Ateneo Antoniano. Desde 1986 desempeña o cargo de secretario da provincia franciscana de Santiago, amais de ser promotor de Formación Permanente e mestre de Liturxia e Teoloxía Espiritual no Instituto Teolóxico Compostelano. Participou na preparación das edicións galegas do Diurnal e do Leccionario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundada en 1921 na illa de Ons (Bueu). Foi a primeira asociación de carácter económico-laboral que se formou na illa. Organizaba os colonos que se dedicaban exclusivamente a traballos de subsistencia agrícola e á tradicional pesca do polbo. Aparece no período de extensión do sindicalismo mariñeiro de clase en Galicia (1910-1930), e quizais se tivese organizado para defender a economía insular do réxime de explotación privada á que a sometían os donos do arquipélago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ciclista. No seu palmarés figura o Primeiro Campionato de España de Afeccionados. Participou nos Xogos Olímpicos de Seúl do 1988. Campión galego de ciclocrós e do V Campionato de España de profesionais de ciclocrós, ambos os dous no 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido polos Reis Católicos no ano 1475 a Alonso Ramírez de Arellano y Enríquez, Capitán Xeneral da fronteira de Navarra. Por enlace matrimonial (1670) pasou aos Manrique de Lara, condes de Frigiliana, e aos Carvajal, duques de Abrantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre francés. Profesor da clínica neurolóxica da Salpétrière de París (1947-1960). O seu nome pasou á asociación dunha sintomatoloxía pseudo-tabética e dunha espondilite (síndrome de Alajouanine-Françon).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Discípulo de Cosimo Rosselli, a súa obra mestra é a taboa da Visitación (1503).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Folla, bráctea, ou outro órgano que ten as nervacións brancas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de albumina no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo á albuxínea.

    2. Capa grosa, branca, de tecido fibroso que cobre un órgano, especialmente a inmediata ao testículo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Picada producida por un alfinete que pode ocasionar unha ferida leve.

    VER O DETALLE DO TERMO