"Inn" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 114.

  • PERSOEIRO

    Historiador bizantino. Secretario de Manuel I Comneno, acompañábao nas expedicións militares e converteuno en figura central da súa obra histórica, inacabada, que comprende os anos 1118-1176.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • No marco da retórica clásica, elaboración coidadosa do discurso prestando atención, sobre todo, ao ritmo e á eufonía das palabras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa grega. Competiu con Píndaro en certames poéticos. Típico expoñente da poesía dórica, foi valorada polo helenismo. Ovidio deulle este nome á protagonista das súas elexías amorosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta islandés. Escribiu Lilja (O lirio), poema dedicado á nai de Deus que reflicte a través da súa simboloxía a mentalidade medieval de Islandia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe dun ciclo de narracións sobre a chegada dos normandos a Irlanda, difundido tamén en Escocia. No s XII considerábase un personaxe histórico e converteuse nun heroe de narracións baseadas na tradición popular e nos modelos heroicos e mitolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación lixeira de regatas que leva un só pao, orientable, e a orza móbil. Foi declarada olímpica en Helsinqui en 1952. Ten 4,5 m de eslora e ten un único tripulante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. En 1972 foi nomeada directora da Cidade Teatro de Reykjavik, cargo desde o que potenciou a literatura islandesa. Foi presidenta de Islandia (1980-1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico e teatral inglés. Representativo do cine inglés, deuse a coñecer na etapa de esplendor do free cinema da man dos realizadores K. Reisz, co que fixo Saturday Night, Sunday Morning (1960), e T. Richardson, co que fixo Tom Jones (1963). Outras películas nas que participou son Two for the Road (Dous na estrada, 1967), Under the Volcano (Baixo o volcán, 1984), Miller’s Crossing (Morte entre as flores, 1990), The Playboys (Playboys, 1992) ou Rich in Love (En busca do amor, 1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Altiplano de Noruega, cunha altitude de 600 m sobre o nivel do mar e situado no interior do Fylke homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FYLKE

    Fylke de Noruega (48.637 km2; 74.061 h [estim 1999]). A capital é VasØ (6.330 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo noruegués. Profesor nas universidades de Oslo e Stanford, centrou os seus estudios na filosofía da linguaxe. Destacou polas súas interpretacións da filosofía de E. Husserl, á que considerou unha teoría xeneralizada do significado. Editor do Journal of Symbolic Logic (1970-1982), escribiu Husserl und Frege (1958). Foi membro, entre outras, da American Academy of Science and Arts e da Kongelige Danske Videnskabernes Selskab.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor inglés. Formouse en París e en 1910 estableceuse en Londres. Foi un dos fundadores do Camden Town Group. Realizou paisaxes e escenas de cidades caracterizadas polas pinceladas grosas e regulares e polos contornos firmes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humorista e guionista. Despois de supervisar Lucky Luke (1955), fundou a revista de historietas ilustradas Pilote (1959;, onde creou, en colaboración con Uderzo, o personaxe de Astérix. O seu humor, sen violencia nin amargura, baséase nos xogos de palabras e nos clixés propios da cultura e da mitoloxía populares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico e teatral inglés. En 1934 debutou como actor de teatro na compañía de John Gielgud e posteriormente no Old Vic Theatre. Simultaneou a actividade teatral con pequenos papeis no cine a mediados da década de 1940. Da súa filmografía destacan Great Expectations (1946), Oliver Twist (1948), The Man in the White Suit (1951), The Ladykillers (1955), The Bridge on the River Kwai (1957), Lawrence of Arabia (1962), The Fall of the Roman Empire (1964), Doctor Zhivago (1965), Fratello Sole, sorella Luna (1972), Star Wars (1977), The Empire Strikes Back (1980), Return of the Jedi (1982) e Kafka (1992). Recibiu o título de Sir en 1959.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago de Vesterålen, Noruega, situada ao NL das illas Lofoten (2.198 km2; 31.098 h [1980]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á folla pinnaticomposta que remata nun folíolo e que ten, por tanto, un número impar de folíolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da Europa Central, afluente do Danubio pola dereita. Nace nos Alpes (Suíza), atravesa o Tirol (Austria) e penetra despois en Alemaña. Desemboca en Passau, Alemaña, logo dun curso de 525 km de lonxitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de innato.

    2. Sistema filosófico que afirma que hai unha serie de ideas, principios e nocións universais que son innatas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se ten desde o nacemento.

      1. Aplícase a aquilo que é connatural a un ser.

      2. ideas innatas

        Ideas ou principios que, segundo o innatismo, son connaturais ao intelecto humano e por tanto non se derivan da experiencia.

    VER O DETALLE DO TERMO