"Isabel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 59.

  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Alemaña. En 1708 casou co arquiduque Carlos, que disputaba a coroa de España a Filipe V. Cando o seu marido marchou a ocupar o trono imperial, como Carlos VI, permaneceu en Barcelona en calidade de rexente (1711-1713).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Portugal, filla de Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela. Foi declarada herdeira de Castela nas Cortes de Madrigal en 1476. Casou en 1490 co príncipe Afonso, primoxénito de Xoán II de Portugal. Despois de morrer este en 1491, casou co seu irmán, Manuel I (1497). Á morte do seu irmán, o príncipe Xoán, ela e o seu home xuraron como príncipes de Asturias (1497).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Castela, de Aragón e de Portugal, filla de Enrique IV de Francia e de María de Medici. En 1615 casou co futuro Filipe IV e opúxose á influencia do conde-duque de Olivares no seu reinado, ata que conseguiu a súa destitución en 1643.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duquesa de Parma e raíña consorte de España. Casou en 1714 con Filipe V. Interveu de forma activa na política do monarca sobre Italia, onde conseguiu para o seu fillo Carlos o título de rei de Nápoles, e para o seu fillo Filipe o Ducado de Parma. Foi rexente ata que chegou o seu fillo Carlos de Nápoles (1759).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Navarra, filla de Luís IX de Francia. Casou en 1258 con Teobaldo de Champagne. En 1269 participou nunha cruzada contra os musulmáns en Tunes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra, filla de Filipe IV de Francia e Xoana I de Navarra. Casou con Eduardo II de Inglaterra (1308), enfrontouse aos Despenser, favoritos do rei (1320), e tivo que fuxir a Francia (1325). Retornou a Inglaterra en 1326 para depoñer o rei (1327) e foi rexente do seu fillo, o futuro Eduardo III de Inglaterra, ata que este a desterrou en 1330.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Landgravina de Turinxia, filla de André II de Hungría e de Xertrude de Merania. Casou en 1221 con Luís de Turinxia, con quen tería tres fillos. O marido alistouse na Quinta Cruzada, convocada por Gregorio IX, pero morreu na viaxe. Ao quedar viúva (1227) renunciou á man do Emperador Federico II e o seu cuñado, Enrique de Turinxia, apartouna do trono. Entrou na Orde Terceira Franciscana e instalouse en Marburg, onde fundou un hospicio para pobres. Na iconografía leva un rico vestido sobre un sinxelo hábito franciscano e unha coroa na cabeza. En 1235 foi canonizada por Gregorio IX. É patroa da arquidiocese de Bogotá e a súa festividade celébrase o 17 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Castela. Casou con Xoán II de Castela (1447), matrimonio concertado por Álvaro de Luna para obter a axuda portuguesa na loita contra a Coroa de Aragón. Foi nai de Isabel I a Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Alemaña e raíña de Castela e Aragón, neta dos Reis Católicos. Casou en Sevilla (1526) co seu curmán, Carlos I, matrimonio do que naceu o futuro Filipe II. Actuou como rexente entre 1529-1532 e 1535-1539.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Portugal, filla de Pedro III de Aragón e sobriña neta de santa Isabel de Hungría. Casou con Denís I de Portugal, co que tivo dous fillos: Afonso, que o sucedería no trono como Afonso IV de Portugal, e Constanza, futura raíña de Castela. Aínda que sempre tentou conciliar na Guerra Civil (1322-1323) ao seu home co seu fillo, foi acusada de favorecer a este último, polo que a exiliaron a Alenquer e confiscáronlle o seu señorío de Leiria; máis tarde foi rehabilitada. Ao enviuvar (1325), retirouse ao mosteiro de Santa Clara de Coimbra e peregrinou a Compostela. Con ocasión da declaración de guerra entre o seu fillo e o seu neto, rei de Castela, interveu para lograr a paz e morreu durante a viaxe. Construíu albergues, hospicios, colexios e un hospital. É avogosa dos territorios en guerra. Na iconografía leva un rico vestido sobre o hábito franciscano e unha coroa enriba da cabeza. En 1625 foi canonizada. A súa festividade celébrase o 4 de xullo, aínda que antes da reforma do calendario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Castela e de Aragón, filla de Enrique II de Francia e de Catarina de Medici. O seu matrimonio con Filipe II acordouse no Tratado de Cateau-Cambrésis (1559), como alianza contra o protestantismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Romanía e escritora, filla do príncipe Xermán de Wied. Casou en 1869 con Carlos I de Romanía. Utilizou o pseudónimo de Carmen Sylva nas súas obras en alemán, francés e romanés. Autora de poesías de carácter romántico, novelas e contos, escribiu a colección de lendas Rumänische Dichtungen (Poesías romanesas, 1881) e os Pensées d´une reine (Pensamentos dunha raíña, 1883).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Austria, filla de Maximiliano, duque de Baviera, e de Luísa de Baviera. Coñecida como Sisí, casou en 1854 co Emperador Francisco Xosé I de Austria. As sucesivas desgracias familiares fórona afastando dos seus deberes oficiais. Morreu apuñalada por un anarquista italiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Madrigal de las Altas Torres 1451 - Medina del Campo 1504) Raíña de Castela e León (1474-1504), filla de Xoán II de Castela e Isabel de Portugal. Aínda que a sucesión non lle correspondía (a herdeira era Xoana a Beltranexa), foi empregada durante a guerra civil por un dos bandos nobiliarios, que conseguiu que fose recoñecida herdeira no Tratado dos Toros de Guisando e proclamada raíña ao morrer Enrique IV. En 1469 casou con Fernando de Aragón; cando este se converteu en monarca de Aragón, Fernando II, produciuse a unión dinástica das dúas coroas pero non a política ( Reis Católicos). Co sostemento do seu home, reduciu con dureza os sectores hostís da nobreza castelá, andaluza e galega e puido empezar a conquista do Reino de Granada (1481-1492), que puxo fin á presenza musulmana. Iniciou unha política de prestixio da monarquía, coa abolición dos privilexios outorgados por Enrique IV á nobreza (1480), e realizou unha segunda reforma administrativa coa estruturación do Consello Real,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra e de Irlanda (1558-1603), filla de Enrique VIII e de Ana Bolena. A anulación matrimonial dos seus pais deu pé ao conflito entre católicos, partidarios dos dereitos de sucesión de María I Stuart (raíña de Escocia), e protestantes, partidarios de Isabel Tudor. Unha vez que accedeu á coroa, unha das súas primeiras medidas foi restablecer o anglicanismo a través da Acta de Supremacía de 1559, pola que a igrexa se sometía á autoridade rexia. A execución de María I Stuart (1587) deu lugar á declaración de guerra do monarca hispánico Filipe II, que rematou coa desfeita da coñecida como Armada Invencible (1588). Impulsou o comercio, constituíndose no seu reinado as primeiras compañías comerciais das Indias Orientais e poñéndose as bases que elevarían a Inglaterra a potencia colonial, comercial e industrial no s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de España (1833-1868), filla de Fernando VII e de María Cristina das Dúas Sicilias. O seu acceso ao trono trala revogación da lei sálica, provocou a Primeira Guerra Carlista (1833-1840). Durante a minoría de idade actuou como rexente a súa nai e, entre 1840-1843, o xeneral Espartero. En 1846 casou con Francisco de Asís de Borbón, desbotando a candidatura do pretendente carlista, o seu tío Carlos María Isidro de Borbón, o que deu lugar a un segundo conflito (1846-1848). Durante o seu reinado consolidouse o tránsito do estado absolutista ao liberal. A Revolución de Setembro de 1868 puxo fin á Década Moderada e ao seu reinado. Desde o seu exilio parisino abdicou no seu fillo Afonso XII en 1870.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Reino Unido e presidenta da Commonwealth. Casou en 1947 con Filipe Mountbatten, duque de Edimburgo, e sucedeu ao seu pai Xurxo VI en 1952.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Eume nas Pontes de García Rodríguez. Trátase dunha ponte de perpiaños do s XIX con tres arcos rebaixados. Pertence á C-641 de Rábade a Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsarina de Rusia (1741-1762), filla de Pedro I e de Catarina I. A rebelión militar que destronou a Iván VI levouna ao poder. Restableceu o Senado (1743), fomentou o comercio exterior (1754) e fundou a Universidade de Moscova (1775). En política exterior loitou contra Prusia na Guerra dos Sete Anos e conseguiu o S de Finlandia polo Tratado de Åbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muller de Zacarías e nai de Xoán Bautista. Era familiar de María, nai de Xesús Cristo. A súa festividade celébrase o 5 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO