"Jos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1142.
-
GALICIA
Funcionario na Coruña e director do xornal Diario de La Coruña. Traslada a súa residencia a Madrid e colabora con numerosas revistas da época como El Museo Nacional ou La América, e dirixe o xornal El Correo de Las Antillas. No 1861 obtén o primeiro accésit nos Xogos Florais da Coruña co poema titulado A la Religión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista brasileiro romántico. Primeiro gran prosista do seu país, compón fundamentalmente novelas sentimentais. Foi considerado o iniciador da corrente indixenista. Destacan as obras: O guaraní (1857), Iracema (1865) e Ubirajara (1875).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de capela da catedral de Santiago. Nela desempeñou o seu maxisterio nun curto período de apenas ano e medio (febreiro de l893-setembro de 1894). Antes fora organista nas catedrais de Valladolid e Segovia. En Compostela desenvolveu unha actividade pouco relevante, deixando unha ducia de composicións, algunhas das cales foron censuradas por M. Lozano (cóengo da catedral) e por S. Tafall (coéngo e tamén mestre de capela), xa que o autor se permitira certas licencias mal vistas na música sacra, como a inclusión de timbais. Cómpre destacar a amizade que mantivo con Xoán Montes, que lle dedicou a súa célebre balada Unha noite na eira do trigo. Despediuse de Santiago ao ser nomeado Mestre de Capela da catedral de Madrid, onde permanececeu ata 1903, ano no que ingresou na Compañía de Xesús, abandonando a música. Da súa produción destaca unha obra coral que presentou ao certame da Exposición Rexional de Lugo (1896).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escritor. Foi un dos principais representantes das vangardas en Portugal. Estivo en contacto co grupo Orpheus. Escribiu algúns dos máis irreverentes manifestos futuristas e outros, conferencias e varios textos doutrinais: Manifesto Anti-Dantas (1915), A Cena de Ódio (1923), Direcção Única (1933), Elogio da Ingenuidade (1938), entre outros. Mantivo contactos con Sonia Delaunay e cos ballets rusos. Formou unha compañía de ballet e traballou en París como bailarín (1919). Fixo decoracións murais en Madrid e en Lisboa. Publicou A Engomadeira (1917), A Invenção do Dia Claro (1921) e Nome de Guerra (1938), así como obras de teatro, Antes de começar (1919), Deseja-se mulher (1928) e Pierrot e Arlequim (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Doutor en Ciencias da Información. Foi subdelegado de La Voz de Galicia en Santiago, presidente da Asociación de la Prensa de Santiago, fundador da Federación de Asociaciones de la Prensa de Galicia, director de Diario 16 de Galicia e do semanario Metrópolis. Dirixiu as revistas Xóvenes Agricultores e Territorios. Escribiu Libertade de comunicación, comunicación en libertade e é o responsable da Biblioteca de Autores Galegos editada polo Consello da Cultura Galega. Dende 2009 é xefe de prensa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de escena, profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Madrid e dramaturgo, ligado a grupos independentes da escena madrileña como Tábano ou Teatro Español Independente. En Galicia realizáronse diversos espectáculos a partir do seus textos, entre os que cómpre salientar Viva o duque, noso amo, estreado por Mua en 1984 con dirección de Xosé Manuel Pazos Varela ou Guillados, estreado en 1999 por Máscara Producións con dirección de Xerome Calero e Antón Casal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Estudiou en París (1799) e en Roma (1804-1823). Contrario á invasión napoleónica de España, collérono preso, e foi liberado posteriormente grazas ao escultor Antonio Cánova, por quen estivo influído. Fernando VII nomeouno primeiro escultor de cámara no 1823. É, xunto con Damiá Campeny, un dos escultores neoclásicos máis apreciados da Península Ibérica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político. Emprega os pseudónimos de Txillardegui e Larresoro. No campo da novela, cómpre salientar da súa produción a súa primeira obra Leturia ‘ren egunkari izkutua (Diario secreto de Leturia, 1957), seguida por Pere Leartza’ko (Pedro de Learza, 1960), Elsa Scheelen (1969) e Haizeaz bestaldetik (Alén do vento, 1979). Polo que se refire ao ensaio, destaca a recompilación de artigos Huntaz eta hartaz (Acerca disto e daquilo, 1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista e catedrático. Profesor mercantil desde 1964, en 1970 licenciouse en Ciencias Económicas e Empresariais e entrou a impartir clases na Escola de Empresariais de Vigo. En 1981 acadou o doutorado e pasou de profesor asociado a agregado, converténdose pouco despois (1983) no primeiro catedrático que tivo este centro como Escola Universitaria. Da súa experiencia profesional ao marxe da docencia destaca a súa etapa en Caixavigo, primeiro como director da área de empresas (1981-1986) e logo como director xeral da Escola de Negocios (1987-2000). Fundou tamén dúas empresas, Estrategia y Organización, S.A. (EOSA, 1993-2005) e DPI Consultores (2007-). Ten publicados oito libros de temas empresariais, entre os que destacan La PYME-competitividad: Gestión e Implantación (Alta dirección, Barcelona 1996) e Dirección por Implicación: El cambio estratégico (Pirámide, Madrid 2006), e máis dunha ducia de artigos publicados en revistas como Economía y Empresa ou Actualidad Financiera....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Perito e profesor mercantil. Exerceu como Catedrático na Escola de Comercio de Donosti e na Escola de Estudios Universitarios e Técnicos de Gipuzkoa. Publicou, entre outros, Elementos de Contabilidad y Teneduría de Libros, Contabilidad General e Integración y Análisis de Balances.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
José Niebla.
-
PERSOEIRO
Escritor arxentino, coñecido tamén polo pseudónimo Fray Mocho. É autor de narracións costumistas e picarescas de extraordinaria popularidade: Un viaje al país de los matreros (1897), Cuentos de Fray Mocho (1906). As súas obras completas publicáronse en 1954.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Redactor gráfico de El Progreso, delineante e fotógrafo. Foi delegado en Lugo da axencia Efe e da Asociación Nacional de Informadores gráficos de Prensa. Recibiu diversos premios en fotografía artística (1976-1979). As súas creacións poden contemplarse nos volumes Lugo, cita con los siglos (1982), Dueños de la luz (1990), La otra cara (1996) ou Cinco años de jazz 1991-1995 (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador, crítico literario e semitista andaluz. En 1848 publicou os Estudios históricos, políticos y literarios sobre los judíos en España, continuados, en certa maneira, coa Historia social, política y religiosa de los judíos de España y Portugal (1875-1876), achega básica sobre o tema. Decisiva para a investigación posterior da literatura foi a Historia crítica de la Literatura española (1861-1865). Destacan, tamén, diversas monografías e críticas de arte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor da Costa de Marfil. É autor en lingua francesa de pezas de teatro dunha grande importancia para o desenvolvemento do teatro indíxena. Escribiu tamén ensaios socio-culturais sobre a África moderna (La mare aux crocodiles, 1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xesuíta misioneiro, civilizador e pedagogo. Chegou a dominar a lingua tupí, da que publicou a primeira gramática en 1595 e un vocabulario. Promoveu a fixación do núcleo de poboamento que se convertería na cidade de San Paulo (1554) e asistiu á fundación de Río de Xaneiro (1565). Deixou escritas varias pezas teatrais escolares en tupí, latín e portugués, como o Auto de São Lourenço, consideradas as primeiras manifestacións literarias brasileiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político brasileiro. Logo de se trasladar a Portugal, converteuse en 1812 en secretario vitalicio da Academia das Ciencias de Lisboa. De volta ao Brasil, Pedro I nomeouno Ministro (1821-1823) e cando abdicou (1831) designouno titor de seu fillo, Pedro II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor brasileiro. Participou no movemento modernista do seu país e cultivou a poesía (Pau Brasil, 1925) e a novela (Marco Zero, 1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresario de orixe rioxana instalado en Santiago desde 1756, onde abriu unha tenda e un almacén. A partir dos anos sesenta do s XVIII desenvolveu unha importante actividade comercial con América e con outros puntos de Galicia e España ata converter a súa firma comercial nunha das máis importantes de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pallaso. En 1920 montou, xunto cos seus curmáns René e Pau (Polo), o famoso número de Andreu-Rivels. Gozou dun amplo prestixio internacional e o número, no que empregaba unha cadeira e unha guitarra, acadou moita sona.
VER O DETALLE DO TERMO