"Kola" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 100.
-
PERSOEIRO
Escritor e publicista ruso. Estudiou na Universidade de Moscova e en 1854 incorporouse á redacción da revista Sovremennik. Combateu as reformas políticas de Alexandre II e interveu na fundación da organización democrática Zeml’a i Vol’a (Terra e liberdade). En 1862 condenárono a presidio e durante o encarceramento escribiu Čto delat’? (Que cómpre facer?, 1863), novela na que expón o seu ideario político-social, de corte populista. Despois dunha curta etapa en liberdade, deportárono a Siberia (1864-1883) e a Astrakhan (1883-1889).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante polaco. Comezou pintando esmaltes no obradoiro do pintor Haid. Ilustrou numerosas edicións de obras literarias de Ariosto, Cervantes e Lessing, entre outros. Retratou a vida familiar e cotiá do pobo e da pequena burguesía. Foi nomeado en 1797 director da Academia de Berlín.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático. Membro dunha familia aristocrática do Imperio Austro-Húngaro, foi o fundador da Unión Paneuropea (1922). Defendeu a unión política, económica e cultural de Europa, da que excluía a URSS e o Reino Unido. Expuxo as súas teorías no libro Paneuropa (1923) e nunha revista do mesmo nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico literario e tradutor ruso. Especialista na literatura española, especialmente do Século de Ouro, dedicouse tamén á literatura francesa do s XVIII e a outras literaturas eslavas. Publicou, entre outras obras, Servantes i Don Kikhot (Cervantes e Don Quixote, 1934), Servantes, žizn’i tvorčestro (Cervantes, vida e obra, 1946), Volter (Voltaire, 1946) e Bol’garskij teatr (Teatro búlgaro, 1950). Así mesmo, traduciu La vida del Lazarillo de Tormes e diversas obras de Quevedo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico, publicista e poeta ruso. Colaborou na revista Sobremennik. Desde concepcións liberais evolucionou cara a ideas democrático-revolucionarias do socialismo utópico, en defensa dos campesiños oprimidos. Os seus ensaios sobre Gončarov, Ostrovskij e Turgen’ev son mostras clásicas da crítica literaria rusa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto ruso. Traballou na realización do plano do metro de Moscova, do que foi arquitecto oficial dende 1941.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de escena ruso. Discípulo de Konstantin Stanislavski, logo de formarse na escola do Teatro de Arte de Moscova, creou unha compañía con actores e actrices novos que pasado algún tempo adoptou o nome de Teatro Contemporáneo. Centrou o seu traballo na presentación de espectáculos creados sobre textos de autores como Vasilij Aksionov, Edward Albee ou John Osborne. En 1971 foi nomeado director do Teatro de Arte de Moscova, onde desenvolveu un programa de renovación desta compañía rusa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Escribiu escenas breves para pequenos teatros e colaborou como dramaturgo co Teatro de Arte de Moscova, con Eugeni Vajtangov e con Vsevolod Meyerhold. Da súa produción destaca Mandat (O mandato, 1925), Samonbicja (O suicidio, 1928), prohibida pola censura pero representada en Europa e América nos anos sesenta e setenta, e Zasedanie o smeche (Sesión sobre o río, 1938). Entre 1933 e 1940 estivo deportado en Siberia, e a partir de entón orientou a súa carreira á adaptación de clásicos, á elaboración de guións para cine e á escrita de textos para rapaces.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Investigador, dramaturgo e director de escena ruso. Participou activamente na longa xeira de experiencias renovadoras e transformadoras que se desenvolveron en San Petersburgo e Moscova, e que procuraban novas formas de teatralidade alleas ao realismo e ao naturalismo do momento. Creou a compañía do Teatro Antigo coa que explorou as posibilidades da commedia dell’arte italiana, da literatura dramática medieval francesa e da escrita do Século de Ouro español. Desenvolveu un especial gusto polas formas teatrais populares en que as caretas italianas se mesturaban cunha visión paródica e grotesca da existencia. Dirixiu (1910-1917) o Teatro do Espello Torcido, onde desenvolveu o seu proxecto do teatro das pequenas formas. Escribiu máis de cen monodramas e creou parodias literarias, arlequinadas, pantomimas e outros xogos e divertimentos onde se mesturaba a lectura crítica coa experimentación vangardista. Foi un dos primeiros impulsores do movemento do Outubro Teatral e participou na...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Revolucionaria rusa. Afiliada ao populismo e posteriormente ao socialismo revolucionario, foi fundadora da asociación terrorista Zeml’a i Svoboda (Terra e Liberdade). Participou nos atentados contra o Tsar Alexandre II e estivo presa entre 1884 e 1904. Escribiu Memories of a Revolutionist (1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista alemán. Entre 1900 e 1902 estudiou as linguas da rexión de Caucasia e, desde 1909, ensinou lingüística xeral na Universidade de Berlín. Foi un seguidor das teses de Wilhelm von Humboldt e traballou nun sistema de clasificación das linguas que comprendía oito tipos. Foi o primeiro que publicou unha gramática e un dicionario do dialecto occidental de Irlanda. Ademais editou textos en armenio e grego e a Zeitschrift für arnebische Philologie (1901-1904). Cómpre destacar as súas obras Der deutsche Sprachbau als Ausdruck deutscher Weltanschauung. Acht Vorträge (1899), Lehrbuch des Dialekts der deutschen Zigeuner (1903), Die Stellung des Armenisch-Zigeunerischen im Kreise der verwandten Mundarten (1905) e Die Haupttypen des Sprachbaus (1910).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Impulsor do realismo crítico no seu país, colaborou na revista Gazette littéraire (1831). Da súa produción destacan Vecera na khutore bliz Dikan’ki (Veladas no casarío de Dikanka, 1831-1832), Mirgorod (1835, triloxía na que estaba Taras Bul’ba, que logo completaría e editaría como novela en 1942), Revizor (O inspector, 1836), Mërtvye dusi (Almas mortas, 1842), Arabeski (1842, con Sinel, O capote, 1842) e Vybrannye mesta iz perepiski s druz’jami (Fragmentos da miña correspondencia cos amigos, 1847).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico alemán. Coñecido como Justinus Febronius, foi consagrado bispo axudante de Trier (1748). Defendeu as teses galicanas e deu orixe ao febronianismo. O seu Liber singularis foi condenado pola Igrexa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político ruso. Estudiou enxeñería da construción. Membro do PCUS desde 1961, en 1985 foi nomeado primer secretario do Comité Central do partido en Moscova e, ao ano seguinte, ingresou no Politburó. Elixido deputado (1989), declarouse partidario do pluralismo político e económico para a sociedade soviética e no congreso da República Rusa que tivo lugar en Sverdlovsk, foi designado presidente (1990). Vencedor nas eleccións de 1991 á presidencia da Federación Rusa, abandonou o PCUS. Tralo golpe de estado dese mesmo ano, asumiu poderes especiales concedidos polo Parlamento, e adoptou medidas como a despolitización do exército e a xurisdición rusa sobre as empresas rusas e os recursos naturais. No mes de decembro creouse a Comunidad de Estados Independentes (CEI) e foi elixido presidente. Anunciou a aprobación dunha nova constitución que lle confería amplios poderes e que reducía os do Congreso de Deputados do Pobo, que desaprobaba a manobra do presidente, e ordenou a intervención do exército...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e historiador ruso. Foi o representante máis destacado do sentimentalismo ruso, que reflectiu en Bednaja Liza (A pobre Liza, 1792). Como historiador escribiu, cunha visión liberal, Istorija gosudarstva rossijskogo (Historia do estado ruso, 1816-1826).
VER O DETALLE DO TERMO -
PENÍNSULAS
Península da oblast’ de Murmansk, Rusia (140.000 km2). Está bañada polo mar de Barents, ao N, e polo Mar Branco, ao S e ao L. Forma parte da rexión de Laponia. A principal cidade é Murmansk.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo polaco. Foi expulsado do Partido Comunista (1966) e exiliouse. Exerceu en EE UU, Canadá e Reino Unido. Representante do marxismo revisionista, escribiu Der Mensch ohne Alternative (O home sen alternativa, 1960), Traktat über die Sterblichkeit der Vernunft (Tratado sobre a mortalidade da razón, 1967), Kultura i fetysze (A cultura e os fetiches, 1970) e Metaphysical Honor (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Protivin 1914) Poeta e artista plástico checo. A súa actividade poética é inseparable da de creador de metáforas plásticas a partir da manipulación de imaxes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Šumen.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Akinčicy, Minsk 1882 - Minsk 1956) Escritor bielorruso. Enxalzador da vida campesiña, escribiu Novaja zemlja (A nova terra, 1923) e Simon-muzykant (Simón, o músico, 1925). Tamén publicou novelas, como Na prostorakh žizni (Os amplos espacios da vida, 1926), e teatro, Vojna-vojne (Guerra á guerra, 1937). Recibiu o Premio Stalin en 1949.