"Lor" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 863.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Discípulo de Miguel Anxo e do Bronzino, é autor dos frescos da Capela Gaddi de Santa María Novella en Florencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor italiano establecido en Florencia a finais do s XV e máis coñecido polo seu nome latino Laurentius Franciscus de Alopa. Imprimiu obras dos clásicos gregos e latinos. Destacan: Antoloxía grega (1494), publicada baixo a dirección do humanista Girano Lascaris, os Himnos de Calímaco, catro traxedias de Eurípides, Medea, Hipólito, Alcestes e Andrómaca, a Argonáutica de Apolonio de Rodas (1496) e a primeira edición da tradución latina das obras de Platón co nome de Laurentius Venetus. Ademais foi o introdutor da utilización das versais en imprenta.
VER O DETALLE DO TERMO -
ARQUIPELAGOS
Arquipélago da Indonesia, ao N da illa de Timor, composto por dúas grandes illas, Pantar e Alor (Ombai), e outras menores. Alor, a máis grande, mide 2.330 Km2. A principal cidade é Kalabahi.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de Málaga, Andalucía, na Hoya de Málaga, á beira do Guadalhorce (12.862 h [1996]). Cultivo de secaño (oliveiras e amendoeiras). Central hidroeléctrica sobre o Guadalhorce.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Ocasionar tristeza ou pesar por mor dalgún problema, especialmente por estar cheo de débedas.
-
Preocuparse ou entristecerse por causa dalgún problema, especialmente por motivos económicos ou por estar cheo de débedas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Irregularidade periódica no ritmo do corazón ou do pulso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de raíces formado por un eixe principal e ramificacións laterais de ordes diferentes. É usual nas ximnospermas e nas dicotiledóneas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome do territorio formado por Alsacia -agás o territorio de Belfort- e unha parte de Lorena, pertencente a Alemaña nos períodos 1871-1918 e 1940-1944. Foi cedido por Francia a Alemaña na Paz de Frankfurt (1871), que puxo fin á Guerra franco-prusiana, pertencendo ao Imperio Alemán ata 1918, que volta a Francia logo da Primeira Guerra Mundial. O territorio comprende unha grande maioría de poboación de lingua xermanica, agás a zona de Metz, de fala francesa. As súas dúas partes constitutivas xamais tiveron unha historia común. Foi erixido en Reichsland, directamente dependente do Reich, pero sen chegar a constituír un estado federado. O territorio obtén a institución dunha Dieta bicameral e tres votos no Bundesrat no 1911. A vitoria aliada do 1918 prodúcese nunha etapa de incompleta asimilación a Alemaña de Alsacia-Lorena. A reincorporación a Francia comporta dificultades, malia aos sentimentos favorables da maior parte da poboación, debido ao contraste entre o proceso de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten as flores alternas.
-
PERSOEIRO
Xeólogo e paleontólogo italo-arxentino. Descubriu unhas 6.000 especies fósiles, e organizou 35 subordes (1906). Erroneamente suxeriu que os mamíferos se esparexeron polo mundo dende a Arxentina, polo que foi criticado e desautorizado ata o final da súa vida.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia cristalina que funde a 241°C. É un diurético aforrador de potasio que potencia o efecto das tiazidas. Emprégase no tratamento da hipertensión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
No branqueamento dos fíos, dos tecidos e da pasta de papel, substancia engadida aos baños de lavado para eliminar os restos de hipoclorito ou de cloro libre. Normalmente, trátase de axentes redutores con tiosulfato, bisulfito ou metabisulfito sódico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento vexetal de cor amarela. Recibe tamén o nome de antoxantina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Florencio Martínez.
-
PERSOEIRO
Mestre de obras. Chegou a Galicia en 1571. Representa, xunto con Mateo López, a ponte entre as caducas tendencias renacentistas (as súas primeiras obras son goticistas e as seguintes renacentistas) e as novas ideas que farían triunfar o purismo en Compostela. En 1571 construíu o primeiro corpo da Torre das Campás da Catedral de Lugo, obra aínda goticista que leva como único ornamento a balaustrada. Seguiu coa Torre das Campás e coas obras da igrexa luguesa de Santo Andrés de Castro. Dirixiu as obras de edificación do hospital de San Roque de Santiago e construíu a capela de San Xacinto, na igrexa conventual de San Domingos de Bonaval.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora. É autora dunha obra de tendencia realista, aínda que empregue referentes surrealistas en creacións como As Caracolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nun endomorfismo dun espazo vectorial, cero do polinomio característico. Se f é un endomorfismo dun espazo vectorial, os autovalores de f son as solucións da ecuación polinómica en λ: det (f - λx) = 0. Tamén se chama valor propio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sentimento da propia valía, que pode oscilar entre o sentimento de superioridade e o de inferioridade. O individuo mide as propias accións segundo o eu ideal. A autovaloración ten un gran valor psicodiagnóstico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
John Lubbock.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento fotosintetizador de natureza porfinírica, organometálica, con magnesio. Ten a mesma estrutura xeral que a clorofila. Preséntase nas rodobacteriáceas.