"Mali" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 112.

  • Xénero de insectos, da orde dos malófagos, de ata 2 mm. Áptero e de corpo aplanado, presenta a cabeza ancha con ollos compostos reducidos e mandíbulas longas e dentadas. Son ectoparasitos de aves e mamíferos que se alimentan da epiderme. Poden sobrevivir ata 24 días sen necesidade de hospedeiro e son especialmente activos durante o inverno. A especie D. equi, que afecta principalmente aos cabalos, pode ocasionarlles a caída do pelo e deben ser tratados con permetrinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de antílopes, da familia dos cérvidos, ao que pertence o blesbok.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Na xuventude trasladouse a Madrid e posteriormente a Barcelona. De ideas espiritistas, colaborou en El Criterio e dende 1879 publicou a revista mensual La Luz del Porvenir e libros de poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciada en Ciencias da Información pola Universidad de Navarra, foi, entre 1975 e 1980, cronista de sociedade en Faro de Vigo e Diario de Pontevedra. Desde 1983 colabora na revista Telva. Foi subdirectora de Radio 80 Pontevedra e cronista de sociedade en Onda Cero. En televisión, foi coordinadora do programa Mesa Reservada (TVG), redactora de Antena 3, colaboradora no programa De buena mañana (Antena 3), e entrevistadora en Encantada de la vida (Antena 3), Pasa la Vida (TVE), e Ahora (Antena 3).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de formal.

      1. Requisito regulamentario ou legal que hai que cumprir para a execución de algo.

      2. Trámite necesario para a realización de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disolución acuosa (do 30% ao 40%) do formaldehído. É volátil, incolora e emprégase como desinfectante, xermicida e funxicida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coidado excesivo da forma, das normas e das convencións sociais.

      1. Sistema filosófico que se caracteriza pola importancia que se lle dá ás estruturas xerais dun obxecto, dunha ciencia ou dunha disciplina.

      2. formalismo kantiano

        Sistema metafísico que explica a intelixibilidade da natureza pola forma ou leis do pensamento.

    2. Corrente lingüística herdeira do estruturalismo, que concibe a lingua como unha forma pura. O seu máximo representante é Louis Hjelmslev, do Círculo Lingüístico de Copenhaguen, quen propón un enfoque formal para o estudo da linguaxe coñecido como glosemática. L. Hjelmslev leva o estruturalismo ás súas últimas consecuencias, ao delimitar o obxecto de estudo da lingüística ás formas como unidades abstractas, preconizando unha separación radical con respecto á súa base material, os sons no plano da expresión, e a realidade extralingüística no plano do contido. Tanto os sons como a realidade extralingüística formarían parte do que el denomina substancia, que quedaría fóra do campo de interese da lingüística. Segundo esta teoría, o único método de investigación válido é a introspección, é dicir, ao lingüista chégalle co seu propio coñecemento intuitivo e individual da lingua que estudia. En efecto, dado que non interesa o uso real da lingua, desprézase calquera intento de elaboración...

    3. Tendencia literaria desenvolvida pola escola de formalistas rusos, que propugna que os contidos das imaxes poéticas se basean nos principios sintácticos, morfolóxicos, rítmicos e métricos que configuran a totalidade do texto poético.

    4. Tendencia creativa teatral na que os significantes se sitúan nun primeiro plano, mentres os significados, ou a mensaxe, perden importancia e interese. Debedora dos principios da arte pola arte, esta corrente comezou a coller forza no mundo teatral a partir das primeiras iniciativas do teatro total que formulara Richard Wagner, e das posteriores propostas simbolistas, nas que aspectos como a luz, a música ou o deseño do espazo escénico cobraban especial relevancia, e das indagacións das vangardas históricas. Non obstante , foi nos anos sesenta e setenta cando a investigación formal desenvolveu todas as súas posibilidades cos traballos de creadores como Jerzy Grotowski, Richard Foreman, Robert Wilson ou Jan Fabre.

    5. Doutrina introducida polo matemático alemán David Hilbert que propugna que a ciencia matemática só é un xogo formal con símbolos e regras. A construción dun sistema formal resulta de obter, a partir duns axiomas iniciais, dos que pode non existir ningunha realización concreta, un conxunto consistente de teoremas. Esta doutrina oponse ao loxicismo de Russel e Whitehead, e ao intuicionismo de Brouwer. Tamén se coñece co nome de axiomatismo ou axiomática formal, xa que, a partir duns axiomas iniciais obtéñense un conxunto de teoremas.

    6. Predominio dos contidos técnicos ou formais sobre os contidos expresivos ou poéticos nunha obra de arte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao formalismo.

    2. Que ou quen actúa con formalismo.

      1. Seguidor do formalismo.

      2. escola de formalistas

        Escola literaria rusa que se formou na primeira metade do s XX e que se dedicou á investigación e á práctica poética dentro do formalismo. Foi precursora de novas correntes literarias e lingüísticas. Entre os seus compoñentes destacaron V. Šklovskij, B. Eichenbaum e J. Tynianov.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de formalizar.

    2. Proceso utilizado para especificar, a través dunha metalinguaxe, a estrutura dunha linguaxe. Este proceso atópase en calquera das linguaxes coñecidas, desde a ordinaria, en calquera dos seus aspectos (deportivo, social, etc), ata a científica, filosófica ou matemática.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar carácter legal ou regulamentario a algo a través dos requisitos ou formalidades necesarias.

    2. Fixar algo con exactitude e precisión.

    3. Dar carácter serio ou formal a algo.

    4. Someter a formalización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación que se creou oficialmente en 1984 coa intención de promover o uso do galego nas administracións públicas. Os seus membros fundacionais foron Xosé González Martínez, Xoaquín Monteagudo Romero, Xermán García Cancela e Carlos Díaz Abraira. En 1984 a AFNLG propúxolle a Xerardo Estévez, a convocatoria dunha xuntanza de rexedores municipais galegos para orientar a política lingüística nos concellos galegos. Posteriormente a AFNLG asinou con colectivos pertencentes ao ámbito do dereito convenios de colaboración para normalizar e estender o uso do galego. Coa Dirección Xeral de Política Lingüística editáronse por primeira vez textos xurídicos en lingua galega e creáronse gabinetes de asesoramento lingüístico nas audiencias provincias e no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Como consecuencia disto, maxistrados como Daniel García Ramos, Pablo Sande, Orencio Pérez González, Benito Montero, Carlos Varela, Xosé Xoán Barreiro Prado e Fernando Leiceaga, moitos xulgados e tribunais de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político estadounidense. Membro do Republican Party, foi elixido presidente en 1920 e ocupou o cargo ata 1923. Mostrouse contrario á Sociedade de Nacións e favorable aos aranceis sobre as mercadorías europeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de fenómenos relacionados coa circulación de fluídos quentes e ricos en auga que constitúen un importante axente de metamorfismo xeolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Décimo califa omeia (724-743), irmán e sucesor de Yāzid II. Durante o seu goberno o califato alcanzou a súa máxima expansión, cando conquistou, entre outras, Bordeos, Arles, Aviñón e Lyon. A derrota do seu exército en Poitiers (732) freou a súa expansión cara ao N de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de informal.

    2. Acto informal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falta de formalismo.

    2. Tendencia artística, desenvolvida despois da Segunda Guerra Mundial, que se basea no valor expresivo da materia pitórica, quedando nun segundo plano a temática da obra. Agrupa correntes afíns como a art autre, o tachismo, a action painting e a pintura da materia ou matérica. Está representada por J. Fautrier, J. Pollock, F. Kline, W. S. Wols, M. Tobey, J. P. Riopelle, G. Schneider, W. de Kooning, M. E. Vieira da Silva, P. Soulages, A. Burri e outros. En España o seu desenvolvemento coincidiu cos anos do aperturismo político e o fin do illamento internacional do réxime franquista. Foi cultivado por Antoni Tàpies e outros membros de Dau al Set, Manuel Millares e os integrantes de El Paso, Eduardo Chillida, Martín Chirino, Lucio Muñoz, Gustavo Torner e outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao informalismo.

    2. Que ou quen segue o informalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei para a normalización do galego que pretende garantir e regulamentar o proceso normalizador do galego como lingua propia do país, asegurar a igualdade do galego e do castelán como linguas oficiais de Galicia e servir de marco xurídico propio para posteriores procesos específicos en áreas concretas da sociedade galega. O texto final oficial da LNL foi debatido no Pleno do Parlamento o 15 de xuño de 1983 e aprobado, por unanimidade, por todos os grupos parlamentarios constituídos (AP, UCD, PSOE, PCG e EG). Os tres deputados do BNG-PSG non formaban parte do arco por expulsión ante a negativa a xurar acatamento á Constitución. Foi promulgada o 14 de xullo de 1983, pero en outubro o Goberno central (PSOE acababa de tomar posesión do executivo) interpuxo recurso contra dous artigos: 1.2 (“Todos os galegos teñen o deber de coñecelo e o dereito de usalo”) e todo o art   7, baseándose no art 161.2 da Constitución. O Tribunal Constitucional ditou sentenza xunto coas sentencias de impugnación das...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Guinea (8.800 km2; 210.889 h [1983]). A súa capital é Mali (5.000 h [1965]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de África Occidental que limita ao N con Alxeria, ao L con Níxer, ao S con Burkina Faso, Costa de Marfil e Guinea e ao O con Senegal e Mauritania (1.248.574 km2; 10.700.000 h [estim 2001]). A súa capital é Bamako.
    Xeografía física
    O relevo de Mali pode dividirse en dous sectores ben diferenciados. Ao N sitúase unha rexión árida, practicamente deshabitada, que enlaza polo NL coa rexión granítica sahariana. Ao S álzanse uns altiplanos formados por relevos tabulares de xesos. Pódense diferenciar catro zonas climáticas: na zona setentrional o clima é desértico, cunhas precipitacións case inexistentes; na zona central rexístranse unhas precipitacións de entre 200-600 mm de media anual e unhas temperaturas suaves; na zona meridional as precipitacións sitúanse entre os 600-1.000 mm anuais; e na zona S rexístranse unhas maiores precipitacións, arredor dos 1.600 mm anuais. A rede fluvial está composta polas concas do Níxer e do Senegal....

    VER O DETALLE DO TERMO