"Mary" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 34.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gladys Mary Smith.
-
PERSOEIRO
Escritora inglesa. Tomou o nome de Mary Wortley Montagu tras casar con Edward Wortley Montagu, duque de Kingston. De grande imaxinación e versatilidade, estableceu unha dura polémica literaria con Alexander Pope. É autora do libro de poemas Town Eglogues (1747), publicado inicialmente como Court Poems. Postumamente, editouse un abundante epistolario (1763) e Works (1803).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano. Cunha gran capacidade para a dramatización, posúe unha voz escura e ampla. En 1959 debutou no Covent Garden de Londres e en 1962 na Scala de Milán. Acadou sona internacional coa ópera Porgy and Bess (1952), de Gershwin, convertendose na primeira soprano afroamericana en triunfar nos escenarios operísticos de todo o mundo. Retirouse en 1990 no Metropolitan Opera de Nova York.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mezzosoprano inglesa. Debutou en 1948 cunha interpretación do Messiah de Händel na Southwark Cathedral e en 1961 obtivo un grande éxito con Orfeo e Euridice, de Gluck. Gravou obras de Mahler, Bach e Händel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Modista. En 1965 difundiu a minisaia lanzada por A. Courrèges, a través do prêt-à-porter e a confección en serie. Representa o pensamento e os movementos sociais da década de 1960.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política e xurista irlandesa. De nome Mary Terese Winifred Bourke, foi membro do Irish Labour Party e presidenta da República de Irlanda (1990-1997). Gran defensora dos dereitos humanos, dirixiu o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos (1997-2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora inglesa. Formou parte do grupo de Bloomsbury. Da súa obra destaca o poemario The land (1926), as novelas The Edwardians’(1930) e All Passion Spent (1931), e as biografías noveladas The Eagle and the Dove (1943) e Daughter of France (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
División administrativa de Xamaica (611 km2; 111.466 h [2001]). A súa capital é Port Maria.
-
PERSOEIRO
Novelista, filla de W. Godwin e M. Wollstonecraft, casou con P. B. Shelley. De nome Mary Godwin Wollstonecraft, foi a creadora de Frankenstein na súa novela Frankenstein or the Modern Prometheus (1818). Tamén destacan Valperga (1823), The Last Man (1826), A Mortal Inmortal (1834) e Lodore (1835).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica canadense. Coñecida como Mary Pickford, fundou en 1919, xunto con Charles Chaplin, David W. Griffith e Douglas Fairbanks, a produtora United Artists. Foi protagonista de diversos filmes, como The Little Teacher (1909), Coquette (1929), pola que recibiu un Oscar; e Secrets (1933).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica estadounidense. Coñecida como Meryl Streep, comezou a súa carreira no teatro. Da súa filmografía destacan Kramer vs Kramer (1979, Oscar á mellor actriz en 1980 e Golden Globe en 1981), The French Lieutenant’s Woman (1980, Golden Globe en 1982), Sophie’s Choice (Oscar á mellor actriz en 1982 e Golden Globe en 1983), Out of Africa (1985), Postcards from the Edge (1990), The House of Spirits (1994), The Bridges of Madison County (1995), Music of the Heart (1999), Adaptation (2002, Golden Globe en 2003) e The Hours (2002, Silberner Bär en 2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Mae West, creou a personaxe da vampiresa que triunfou na década de 1930. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Destacan os seus filmes She Done him Wrong (1933), I’m no Angel (1933), Belle of the Nineties (1934), Klondike Annie (1936) e Every Day’s a Holiday (1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora, nai de Mary Shelley. Relacionada co círculo de radicais do editor Johnson, defendeu os dereitos das mulleres nos ensaios Thoughts on the Education of Daughters (1787) e A Vindication of the Rights of Woman (1792) e na novela Mary (1797).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mary Pierrepont.