"Mau" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 189.
-
PERSOEIRO
Axudante de dirección e realizador cinematográfico. Estudiou no Centro Sperimentale di Cinematografia de Roma. Colaborou con Pier Paolo Pasolini na elaboración de guións. Destacou polas súas adaptacións literarias nos filmes Gli innamorati (Os namorados, 1955), L’eredità ferramonti (A herdanza Ferramont, 1976), La storia vera della signora dalle camelie (A verdadeira historia da señora das camelias, 1980) e La villa del venerdí (A vila dos venres, 1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Sarreaus baixo a advocación de san Bartomeu.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. A súa produción, moi variada, está unificada por un estilo preocupado pola luz e polo espacio, decorativo e vibrante. Estivo influído por Pierre Bonnard e por Édouard Manet. Entre as súas obras destaca Liberation (Liberación, 1944). Obtivo o Premio Blumentahl en 1924 e o Premio Carniege en 1939.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico, irmán de Louis-Victor de Broglie e duque de Broglie. Estudiou na École Navale, doutorouse en ciencias e fundou un centro de investigación de física atómica. Estudiou a aplicación dos raios X ao estudo dos cristais. As súas obras máis importantes son Les rayons X (Os raios X, 1922) e Introdution à la physique des rayons X et gamma (Introdución á física dos raios X e gamma, 1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gorro de veludo ou satén vermello rodeado de armiño que cobre a cabeza e as orellas. Usábano os papas fóra das funcións litúrxicas e foi substituído polo solideo branco.
-
GALICIA
Militar. Foi cabo de milicias de Galicia e publicou a obra Historia del Apóstol de Jesús Christo, Patrón y Capitán de las Españas (1610?).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e organista italiano. Foi mestre de capela da Accademia della Morte de Ferrara, de Santa Maria Maggiore de Bergamo e de San Petronio de Boloña. Foi un dos creadores da escola instrumental de Boloña e mestre de Vitali. Entre as súas obras relixiosas destacan numerosos oratorios e, no campo instrumental, a colección de sonatas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador da India (321?-296 a C). Xeneral da dinastía dos Nanda que, despois de derrocar o rei Mahāpadma Nanda de Magadha, fundou o Imperio Maurya. Estendeu os seus dominios polo N da India, co que iniciou o gran imperio que continuaron Bindusāra e Aśoka o Grande. Derrotou a Seleuco I Nicátor, que pretendía recuperar os territorios que conquistara Alexandre o Grande no val do Indo, e asinaron un tratado de paz (305 a C). Estableceu a capital en Pā ṭ aliputra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e cantante. Dende 1909 actuou no Folies-Bergère, sala desde a que proxectou a súa carreira internacionalmente. No ámbito musical acadou éxitos como Ma pomme, Valentine ou Louise. Con respecto ao seu labor cinematográfico traballou en Hollywood entre 1928 e 1935, onde participou nas películas The Smiling Lieutenant (O tenente sorrinte, 1931), The Merry Widow (A viúva alegre, 1934), Gigi (1958), Can-can (1959), Fanny (1961) e Jessica (1962), entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista norteamericano, fillo de John Bates Clark. Foi profesor na Universidade de Columbia, en 1936 presidiu a American Economic Association e, dende 1947, foi membro da Economic Society. Na súa obra principal, Studies in the Economics of Overhead Costs (Estudio da economía dos custos xerais, 1923), introduciu os custos como un factor determinante e distinguiu entre custos sociais e custos privados. Doutras publicacións súas, cómpre salientar Alternative to Serfdom (Alternativa para a servidume, 1955), The Ethical Basics of Economic Freedom (Os fundamentos éticos da liberdade económica, 1955) e Competition as a Dynamic Process (A competencia como proceso dinamizador, 1961), obras nas que expuxo os problemas da competencia no capitalismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. Traballou en Venecia (1469-1504) e adaptou os principios arquitectónicos de Alberti á tradición veneciana. Entre outras obras, realizou a igrexa de San Michele en Isola (1468-1480) e rematou a de San Zaccaria (1482-1500). Atribúenselle os palacios Vendramin-Calergi (1500?) e Corner-Spinelli (1500).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Estudiou arquitectura no seu país e posteriormente ampliou a súa formación en París. Foi profesor na facultade de Arquitectura de Montevideo (1921-1952), onde fundou en 1936 o Instituto de Urbanismo. Entre outras obras, foi autor dun plano urbanístico e do edificio da municipalidade na capital uruguaia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo e editor. Publicou numerosas obras didácticas escolares que tiveron gran difusión (especialmente un método de lectura e outro de aritmética, ademais dunha Enciclopedia cíclico-pedagógica). Foi o promotor da editorial Dalmau Carles Pla SA que, en 1931, publicou a Biblioteca Pedagògica Catalana para o ensino do catalán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Editor. Militou na Unió Catalanista, da que foi secretario xeral, e no Estat Català. Foi subdirector e fundador do semanario Nosaltres Sols (1931-1934). Tamén fundou Edicións Mediterrània (1935), Editorial Dalmau i Jover (1945) e Rafael Dalmau, Editor (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo e filólogo. Utilizou os pseudónimos Llibertadà e Poli Glot. En 1918 fundou o Liceu Dalmau, de ensino medio e técnico. En 1940 transformouno no Institut Belpost de ensino a distancia. Foi membro da Akademio de Esperanto como representante da lingua catalana. Fundou e dirixiu a revista Clarisme. Creou o método de taquigrafía internacional que leva o seu nome. Publicou novelas e ensaios filolóxicos, como Seny i atzar, Una altra mena d’amor, Polèmica, Sinceritat, Poliglotisme passiu (1936) e Aclariments lingüístics (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Marchante, pintor e restaurador. Instalado en Barcelona (1884), foi discípulo de Joan Brull (1896) e frecuentou Els Quatre Gats, onde realizou unha exposición individual. Fundou unha galería de arte en 1906 e foi director artístico da sala de arte da Llibreria Catalònia (1933-1936). Presentou a aqueles artistas que achegaban unha nova visión da arte e as grandes figuras internacionais. En 1917 publicou a revista 391, voceira do dadaísmo. Entre as mostras que promoveu destacan a Exposición de Arte Abstracto e a Exposición de Arte Moderno Nacional y Extranjero, ambas de 1929. Impulsou a Associació d’Artistes Independents (1936) e redactou o seu manifesto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Por encargo de Afonso V de Aragón viaxou a Castela (1428) e a Flandres (1431-1436), onde coñeceu a pintura flamenga. Trasladouse a Barcelona (1443-1460), onde contratou algúns retablos. Consérvanse dúas obras documentadas: o retablo dos Consellers (Conselleiros, 1445), obra que presidía a capela da casa da cidade de Barcelona e considerada unha das primeiras obras do estilo hispanoflamengo, e a táboa central do retablo de Sant Baldiri (1448) da igrexa parroquial de Sant Boi de Llobregat.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista italiano. Profesor de filosofía da linguaxe e director do departamento de ciencias da linguaxe da Università de La Sapienza (Roma), dirixiu a revista Riforma della scuola. É autor de Storia linguistica dell’Italia unita (Historia lingüística da Italia unida, 1963), Il linguaggio della critica d’arte (A linguaxe da crítica de arte, 1965), L’introduzione alla semantica (Introdución á semántica, 1965), Senso e significato (Sentido e significado, 1971), Scuola e linguaggio (Escola e linguaxe, 1977), Minisemantica. De linguaggi non verbali e della lingue (Minisemántica. Da linguaxe non verbal e da lingua, 1982) e Guida all’uso delle parole (Guía para o uso da palabra, 1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo e psicólogo francés. Doutorouse en Letras en 1937, despois de exercer como profesor na Escola Normal. Ensinou pedagoxía e psicoloxía na Universidade de Estrasburgo (1945-1956) e, despois, foi catedrático de Ciencias da Educación na Sorbonne e desempeñou o cargo de director do laboratorio de pedagoxía. Centrou os seus estudios na adolescencia e, sobre todo, nos intereses e necesidades desta etapa e no seu aproveitamento pedagóxico. É autor, entre outras, de La crise d’originalité juvénile (1937), Comment étudier les adolescents (1938), Les étapes de l’éducation (1952), La psychologie de l’enfant (1956) e Traité des sciences pédagogiques (1969), en colaboración con Gaston Mialaret, unha extensa enciclopedia que trazaba o panorama das ciencias da educación nos pasados anos setenta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista francés. Foi profesor na École de Langues Orientales e especializouse en linguas africanas. Destacan as súas obras Manuel dohoméen (1894), Essai de manuel pratique de la langue mandée (1901), Vocabulaires comparatifs (1904), Les noirs de l’Afrique (1922), Civilisations negro-africaines (1925) e Les nègres (1927).
VER O DETALLE DO TERMO