"Mella" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 33.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva, en campo de goles, unha aguia de sable, armada e picada de ouro, e brochantes sobre o todo, tres faixas de ouro; bordo de prata, cargada de oito leonciños de púrpura.
-
GALICIA
Anarquista e topógrafo. En 1877 afiliouse ao Partido Republicano Federal (PRDF), asumindo pouco despois a secretaría da sección viguesa. En 1880 fundou o semanario federalista La Propaganda, que representou o seu paso do federalismo ao anarquismo. En 1881 marchou a Madrid ao ser acusado de inxuriar o marqués de Elduayen, e un ano máis tarde asistiu, representando a Federación Local de Vigo, ao II Congreso da Federación de Trabajadores de la Región Española (FTRE) celebrado en Sevilla. Na súa estancia en Madrid coñeceu o fundador da Revista Social, Juan Serrano Oteiza, quen o animou a estudar topografía. As súas colaboracións na devandita revista fixérono coñecido nos medios libertarios e obreiristas, ben pola súa denuncia do episodio de La Mano Negra en Andalucía, ben polo seu posicionamento anarcocolectivista. En 1884 presentouse a un concurso literario en Vigo co ensaio El problema de la emigración en Galicia, co que gañou o Primer Certamen Socialista de Reus....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo. Iniciou a súa carreira como segundo operador durante a década de 1940 e os primeiros anos da de 1950, con reiteradas colaboracións con directores, como Florián Rey, Antonio Román e Ladislao Vajda. Nos seus anos de formación destaca o traballo con directores de fotografía, como Enzo Ricioni, Cecilio Paniagua e, sobre todo, Enrique Guerner. A partir de 1952 principiou o seu labor como director de fotografía, que se caracterizou, fundamentalmente, polo funcionalismo das súas imaxes. Isto levouno a traballar con directores como Jesús Franco, Rafael J. Salvia, Pedro Lazaga ou León Klimovsky. Participou en coproducións, sobre todo con Italia, de especial singularidade na década de 1970, e que se inscriben dentro do peplum e do spaghetti-western, ás ordes, entre outros, de Alberto de Martino, Carlo Campogaliani ou Sergio Bergonzelli.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e político. Doutor en Dereito, foi deputado por Pontevedra no Parlamento de Galicia por UCD (1981-1985) e Coalición Galega (1985-1989). Foi conselleiro de Economía, Facenda e Comercio e vicepresidente da Xunta de Galicia (1983-1984). Exerceu como presidente do Consello de Administración de ISODEL e FRIGSA e foi director xeral de Política Financeira do goberno central, representante de España ante a OCDE, no FMI e no Banco Mundial. Escribiu Teoría de los ciclos, Non somos inocentes (1990), A Galicia posible (1992), Bieito Bieito (1993), Coa palleta distraída (1994), A falacia do economicismo (1994), Luces de Fisterra (1994) e Sorte do paxariño (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Arzúa. Construíuse no s XIII aínda que experimentou reformas no s XVI. De estilo románico rural, ten planta rectangular dunha soa nave. Sobre o testeiro atópase un Agnus Dei sobre o que se colocou unha dobre cruz circular.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten case a mesma aparencia, as mesmas calidades ou as mesmas características que algo ou alguén.
-
Aplícase aos termos alxébricos que conteñen as mesmas letras afectadas polos mesmos expoñentes.
-
-
Aplícase ás dúas figuras xeométricas entre as que hai unha semellanza.
-
Aplícase a dous polígonos que, tendo ángulos iguais, teñen os lados proporcionais.
-
-
Pondera a intensidade, o tamaño ou a cantidade.
-
Persoa ou cousa da mesma especie que outra.
-
-
-
Calidade de semellante.
-
Aquilo que fai que unha cousa sexa semellante a outra.
-
Transformación xeométrica T de O en O tal que a distancia entre as imaxes de dous puntos calquera é igual á distancia entre estes dous puntos multiplicada por unha cantidade constante positiva denominada razón da semellanza. Dúas figuras denomínanse semellantes se hai unha semellanza que transforma unha na outra. As semellanzas conservan a forma das figuras, pero cambian a magnitude, ancheándoa ou reducíndoa segundo a razón sexa respectivamente meirande ou menor que 1. As semellanzas de razón 1 chámanse isometrías ou movementos ríxidos. As homotecias son exemplos típicos de semellanzas. As semellanzas que conservan a orientación chámanse directas ou propias, e as que a cambian chámanse indirectas ou impropias. Toda semellanza ten un punto fixo, denominado centro de semellanza.
-
Correspondencia entre os efectos causados por todas as forzas que actúan sobre o modelo de laboratorio e os causados por todas as forzas correspondentes que actuarían sobre o modelo a escala real.
-
teoría de modelos.
-
-
-
Ter a aparencia dalgo ou dar unha impresión determinada.
-
Ser unha cousa ou persoa semellante a outra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos basidiomicetos, da orde dos tremelais, con cutícula lisa, aparencia de cerebro e carne xelatinosa. En Galicia pódese atopar nas pólas das árbores a especie T. mesenterica.
-
GALICIA
Político. Estudou en Santiago de Compostela, onde fundou os xornais El Pensamiento de Galicia e El Pensamiento Galaico (1887). Foi deputado (1893-1919) e fundou o Partido Tradicionalista e El Pensamiento Español (1919). Sostiña que os tres puntais do tradicionalismo eran a unidade católica, a monarquía cristiá e a liberdade municipal. Propugnaba unha representación corporativista e, en política internacional, era partidario da federación con Portugal e do achegamento a América Latina. En Galicia participou en diversos actos rexionalistas. Foi correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘cereixa’.