"Mendoza" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 30.

  • PERSOEIRO

    Administrador. Primeiro vicerrei de Nueva España (1535-1550) e vicerrei de Perú a partir de 1551, contribuíu a organizar o funcionamento da colonia mediante reformas administrativas e fomentando a economía. En 1536 instalou a primeira imprenta do continente americano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Mañufe (Gondomar). Datada no s XVIII, a súa planta ten forma de U, e a á S apenas foi desenvolvida. A fachada presenta unha escalinata con dobre rampla, que remata nun patín, e na parte posterior ten solaina corrida en forma de L. Destaca a cheminea rematada con catro pináculos e conta cun brasón coas armas dos Mendoza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador. Ocupou diversos postos na Corte de Carlos V e interveu nas campañas de Italia, Alemaña e Austria. Nomeado adiantado do Río de La Plata (1534), fundou o forte Nuestra Señora del Buen Aire, futura Bos Aires, e outras cidades pero, enfermo, decidiu volver á Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico. Deán da catedral de Santiago de Compostela, foi vigairo capitular en dúas ocasións, en substitución de Bertomeu de Rajoy Losada e de Francisco Alejandro Bocanegra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Administrador colonial e bispo de México. Reformou os estudos universitarios e opúxose aos xesuítas a causa da xurisdición eclesiástica. En 1649 ocupou o bispado de Osma. Carlos III e os inimigos dos xesuítas intentaron, no s XVIII, que fose canonizado, sen éxito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre castelán, avó do marqués de Santillana. Fiel a Pedro I o Cruel, desde 1366 serviu a Enrique II de Castela e despois o seu sucesor Xoán I. Ao entrar este en Portugal en 1383 foi nomeado rexente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Aristócrata e avó do marqués de Santillana, consérvanse dúas composicións en galego da súa autoría, recollidas no Cancioneiro de Baena: nunha reproduce a morte por amor e noutra dedícalle unhas palabras a unha doncela que decide ingresar nun convento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Membro dunha destacada familia mexicana, en 1600 viaxou a España para estudar na Universidad de Salamanca. Considerado un dos principais dramaturgos españois do s XVII, a súa complexión física proporcionoulle crueis burlas dos seus contemporáneos, o que se relaciona co carácter ético e moralizante do seu teatro. Unha sobriedade e rara perfección na forma e un sentimento da dignidade humana constitúen algúns dos seus trazos máis característicos. Publicou vinte comedias en dous volumes, das que destacan La verdad sospechosa, Los pechos privilegiados, Ganar amigos, El tejedor de Segovia e El Anticristo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. En 1918 publicou o seu primeiro libro de poemas, Los heraldos negros, de influencia modernista, ao que seguiron o vangardista Trilce (1922), a novela El Tungsteno (1931) e o póstumo Los poemas humanos (1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, VIII condestable de Castela, II duque de Frías (1512), IV conde de Haro e cabaleiro do Toisón de Ouro. Durante o conflito das Comunidades de Castela, formou parte do Consello de Rexencia e levou á aristocracia a secundar a causa real. Venceu os comuneiros en Villalar e os franceses en Logroño e Hondarribia.

    VER O DETALLE DO TERMO