"Menes" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 24.
-
GALICIA
Político e militar. Pertenceu á Unión Liberal, foi deputado polo distrito de Pontedeume (1858-1865) e pola sección da Coruña (1865-1966), e director xeral de Obras Públicas (1864). Alcanzou o grao de coronel de infantaría e dedicouse aos estudos sobre fabricación de armas e aparatos xeodésicos. Escribiu Descripción de algunos instrumentos de Geodesia y Topografía (1853), Progresos de la Geodesia (1862) e Estudio de fortificación: atrincheramiento de campaña (1864). Foi membro da Real Academia de Ciencias (1862) e foi elixido académico da Real Academia Española (1867), aínda que non chegou a ingresar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cortesán persa. Dirixiu a resistencia da Sogdiana contra Alexandre o Grande (329 a C-328 a C) e derrotou os macedonios á fronte da cabalaría de arqueiros escitas. Rexeitado polo sátrapa da Bactriana durante o inverno do 329 a C-328 a C, tras a chegada de novas tropas gregas, foi asasinado polos seus aliados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral ateniense. En 411 colaborou na rebelión oligárquica de Pisandro e Antífonte e formou parte do Consello dos Catrocentos, así como do goberno democrático que depuxo o consello. En 406 participou na batalla naval das Arginusas, e tras a desfeita ateniense en Egospotamos (405), intrigou cos espartanos, negociou a capitulación de Atenas con Lisandro e foi un dos xefes dos trinta tiranos que condenaron a morte os demócratas máis conspicuos. Foi acusado de traizón e condenado a morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote. Exerceu o seu cargo en Portugal desde 1980 e en 1983 o Papa Xoán Paulo II nomeouno administrador apostólico en Timor Oriental. Bispo en Lorium (Lacio), desde 1988 defendeu os dereitos humanos de Timor e denunciou a necesidade dun plebiscito pola soberanía. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1996, compartido con J. Ramos Horta.
VER O DETALLE DO TERMO