"Merín" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 27.
-
PERSOEIRO
Relixioso e guerrilleiro. Coñecido como o cura Merino, era reitor de Villoviado cando organizou unha guerrilla contra os franceses (1808). Despois da Batalla de Vitoria (1813) foi enviado a Catalunya. Acadou o grao de brigada e, en 1814, foi nomeado gobernador militar de Burgos. Absolutista intransixente, durante o Trienio Constitucional loitou contra o goberno liberal e mandou a vangarda dos Cen Mil Fillos de San Luís. Ao estalar a Primeira Guerra Carlista aliñouse ao lado de Carlos María Isidro de Borbón co que, en 1839 marchou a Francia pero foi confinado en Alençon.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Licenciado en Dereito, pertence ao grupo de escritores que iniciaron ao redor de 1975 unha nova etapa para a narrativa en lingua castelá. Comezou publicando poesía, recollida en Cumpleaños lejos de casa (1987), para logo pasar á narrativa, que desenvolveu en La novela de Andrés Choz (1976), a triloxía Las crónicas mestizas (1992) e Cuatro nocturnos (1999). En 1993 recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil por No soy un libro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Baltasar Merino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe principal dun ciclo de novelas de cabalaría, integrado por Palmerín de Oliva (1511) e Primaleón (1512), atribuídas a Francisco Vázquez, e Palmerín de Inglaterra (1547), atribuída ao portugués F. de Moraes Cabral.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Introduciuse na fotografía a través do seu pai, Osvaldo Salas, e comezou a traballar en El Imparcial (1955). Establecido en La Habana (1959), traballou en Revolución, Cuba, Bohemia e fundou co seu pai Gramma. Correspondente na Guerra de Vietnam, ocupou diversos cargos públicos e foi o fundador da Agencia de Prensa Latina. A partir da década de 1990 experimentou coa manipulación de imaxes e publicou Tabaco: visiones sobre la leyenda (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Porto de montaña de Austria, situado entre Baixa Austria e Estiria. O seu cumio acada os 985 m de altitude.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, situado ao N da capital provincial, ao pé da cordilleira Cantábrica e regado polo río Nela (3.777 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO