"Miranda" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 25.

  • PERSOEIRO

    Propagandista e librepensadora. Xastra de profesión e de ideario próximo ao socialismo, participou en convocatorias públicas que se realizaron en Betanzos ou Santiago de Compostela, a prol da liberación dos anarquistas encadeados tras os sucesos de maio de 1901 na Coruña. A súa presenza en mitins políticos do século XX era motivo de escándalo no contorno da Igrexa Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e militar. Tentou dúas expedicións (1805-1806) para liberar Venezuela, pero fracasou. En 1810 uniuse aos secesionistas venezolanos e conseguiu a adhesión dos plantadores de cacao. Xeneralísimo e ditador da Nova República (1812), pactou finalmente cos realistas, e os seus propios homes entregárono aos partidarios de Fernando VII. Morreu no cárcere.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Caleiro (Vilanova de Arousa). Consta dunha torre cadrada de tres andares e un edificio de dúas alturas e planta rectangular. A torre está coroada cun antepeito con ameas, unicamente nun dos seus lados; gárgolas nos catro vértices e escudo na planta superior dunha das arestas. Destaca a cheminea, de grandes dimensións, rematada con pináculos, e un hórreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Despois de residir en Italia (1521-1526), onde coñeceu a Bembo, Sannazaro e Ariosto, introduciu as formas renacentistas italianizantes en Portugal con Fábula de Mondego e a égloga Alexo (1527). A súa tarefa innovadora concretouse na introdución da comedia en prosa e na adaptación de novas estrofas e novos subxéneros. Escribiu tamén obras de tipo tradicional e alternou as linguas portuguesa e castelá, debido á pertenza, nesa época, de Portugal á coroa castelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Despois de debutar no filme La miel (1979, de Pedro Masó, iniciou unha destacada carreira que lle levou tamén ao medio televisivo. Das longametraxes en que participou destacan Valentina (1982), Si te dicen que caí (1989, Premio Goya ao mellor actor), Amantes (1991), Belle Époque (1992), La niña de tus ojos (1998) e El lobo (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO