"Navarra" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 38.

  • Luís X de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Margarida de Valois-Angulema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Aragón, filla de Filipe III de Navarra. Casou en 1338 con Pedro IV de Aragón e foi nai de Costanza, nada en 1340, raíña de Sicilia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi alcalde maior de Ferrol (1835), xuíz en Madrid (1836) e maxistrado en Zaragoza (1837). Foi deputado a Cortes por Ontinyent (València), ministro de Gracia e Xustiza (1843-1846) e presidente do Congreso (1848-1851). Nomeado ministro de Estado en 1854, retirouse da política durante o Bienio Progresista (1854-1856), ata que volveu ser ministro de Gracia e Xustiza (1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome castelán de Nafarroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado medieval situado no extremo occidental dos Pireneos. Habitado na Antigüidade polos vascóns, mantivo unha forte resistencia contra calquera intento de dominio estranxeiro, e frustrou os intentos de romanos, visigodos, carolinxios (s VIII) e sarracenos (s IX). A finais do s IX, a influencia asturleonesa estendeuse polo Reino de Pamplona, con Sancho I de Pamplona (905-925) e García III de Pamplona (925-970), que continuou coa súa política expansionista. No primeiro terzo do s XI, coa desintegración do califato, impuxo a súa hexemonía na Península Ibérica baixo a dirección de Sancho III de Navarra (1000-1035), que incorporou o condado de Castela en 1029 e unha parte do Reino de León: Zamora, Astorga e León entre 1032 e 1033. As súas disposicións testamentarias de 1035 sinalaron o fin da expansión navarra e o inicio da súa decadencia política. O núcleo central pasou ao seu primoxénito, García IV de Navarra (1035-1054), co que se iniciou a Casa de Navarra e tamén as disidencias con Castela,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Pamplona (1000-1035) e conde de Aragón (Sancho II; 1000-1035), de Ribagorza (Sancho I; 1017-1035) e de Castela (Sancho II; 1029-1035), fillo e sucesor de García III. Casou con Munia, chamada tamén Maior, herdeira dos condados de Castela e Ribagorza. Aproveitou a morte do conde Guillerme II de Ribagorza (1017) para apoderarse de Sobrarbe, a parte central de Ribagorza (1017-1018) e do resto do condado (1025?). Cando Sancho I de Castela foi asasinado polos Vela en León (1029), fixo valer os dereitos da súa muller e ocupou Castela. Reivindicando as terras situadas entre os ríos Pisuerga e Cea, loitou contra o novo rei leonés Vermudo III e ocupou León (1034), Zamora e Astorga. Introduciu a regra beneditina nos mosteiros das súas terras e a teoría sobre a orixe divina da potestade real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1054-1076), fillo e sucesor de García V e de Estevaíña de Bigorra. Proclamado rei despois da Batalla de Atapuerca, tivo que xurar vasalaxe a Fernando I de León e Castela. Coa axuda de Sancho I de Aragón, loitou contra Sancho II de Castela na chamada Guerra dos Tres Sanchos (1067). Ao someter a al-Muqtadir de Zaragoza, provocou a intervención de Afonso VI de Castela, aliado do zaragozano, que invadiu La Rioja (1074). Vítima dunha conxura dirixida polos seus irmáns Ramón e Ermesinda, morreu asasinado, e Sancho I de Aragón converteuse en rei de Navarra (Sancho V).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sancho I de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1150-1194, fillo e sucesor de García VI e de Margarida. Os seus conflitos con Aragón e Castela iniciáronse a raíz do Tratado de Tudellén (1151), no cal Ramón Berenguer IV e Afonso VII de Castela acordaron repartirse o reino navarro. Xestionou o matrimonio da súa irmá Branca co infante castelán Sancho (futuro Sancho III) e asinou a paz con Castela (Soria 1153), pero os conflitos fronteirizos continuaron e os casteláns obtiveron La Rioja.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1194-1234), fillo de Sancho VI e de Sancha, filla de Afonso VII de Castela. Pactou cos leoneses e os almohades contra Castela e tivo que facer fronte á alianza de Castela e Aragón contra Navarra (Calatayud, 1198). Reconciliado cos dous reinos, participou na cruzada contra os almohades que culminou na Batalla de Las Navas de Tolosa (1212).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1234-1253) e conde palatino de Champagne (Teobaldo IV; 1021-1253) e de Brie, fillo póstumo do conde Teobaldo III de Champagne e de Branca de Navarra. Á morte de Sancho VII de Navarra foi nomeado rei de Navarra pola nobreza navarra. Iniciouse así a dinastía francesa de Champagne. Ordenou a elaboración dun Cartulario Magno e, probablemente, iniciou o Foro Xeral de Navarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1235-1270) e conde de Champagne (Teobaldo IV) e de Brie, fillo de Teobaldo I e de Margarida de Borbón. Accedeu ao trono navarro baixo a rexencia da súa nai, quen, en 1253, asinou o Tratado de Tudela co infante Afonso de Aragón, ratificado por Xaime I de Aragón en Monteagudo en 1254. Esta alianza permitiu a intervención de Xaime I para evitar a invasión castelá en Navarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoán I de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoán II de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Navarra, condesa de Champaña e de Brie (1273-1304) e raíña de Francia, filla de Enrique I de Navarra e Branca de Artois. A súa nai foi a súa rexente ata 1284, ano en que casou co futuro rei de Francia Filipe IV (Filipe I de Navarra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Navarra (1328-1349), filla do Rei Luís X de Francia e Margarida de Borgoña. Perdeu os condados de Champaña e de Brie I, que pasaron a Filipe VI de Francia. En 1317 casou co conde de Evreux, futuro Filipe III de Navarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Navarra (1555-1572) e condesa de Foix, de Bigorra e de Armagnac, vizcondesa de Bearn. En 1548 casou co duque de Vendôme (Antonio I de Navarra).

    VER O DETALLE DO TERMO