"Nicolás" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 83.
-
GALICIA
Militar. Ingresou na Armada moi novo e participou en diversos enfrontamentos e combates durante a Primeira Guerra Carlista (1833-1839), como a Batalla de Bilbao (24.12.1836) ou o ataque e a capitulación de Irún e Fuenterrabía (17 e 18.12.1837). Bloqueou os portos de Cartagena, Alacant e Barcelona (1844) ao mando do bergantín Nervión, durante a sublevación centralista. Nomeado vicepresidente do almirantado (1873), recibiu pouco despois o título de comandante xeral da escuadra do Mediterráneo coa misión de combater a insurrección cantonalista. Desempeñou tamén a comandancia xeneral de Ferrol, de Cartagena, e La Habana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Organista e compositor. Pertencente a unha dinastía de músicos da corte francesa, introduciu en Francia a cantata e a sonata italianas, e procurou fundir o gusto francés co italiano. Compuxo numerosas cantatas, como a dedicada a Luís XV Le soleil vainqueur des nuages (O sol vencedor das nubes, 1721), ademais de motetes, pezas de órgano e de clavecín.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, matemático, filósofo e pedagogo francés, marqués de Condorcet. Xunto co seu mestre D’Alambert e con Voltaire, relacionouse con Turgot, quen lle facilitou o cargo de inspector xeral da moeda (1774-1776). Como economista, foi partidario do imposto progresivo. A súa hipótese sobre as decisións colectivas, coñecida como efecto Condorcet, e sobre a súa inconsistencia, aplicada ás votacións, recolleuna a moderna politicoloxía. En 1791 foi nomeado deputado pola asemblea lexislativa de París e asumiu a súa presidencia en 1792. Ese mesmo ano presentou o informe sobre Organisation générale de l’instrution publique (Organización xeral da instrución pública), que se converteu en horizonte da política educativa republicana e que acadou unha considerable resonancia en España, tanto no momento da aprobación da Constitución de 1812 como nas medidas subseguintes ditadas en 1813. Propugnou o control da natalidade, a elevación cultural da muller e a coeducación. Defendía que a...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico francés. Profesor na École de Santé e no Collège de France, foi un dos primeiros en poñer en práctica a concepción anatomoclínica da enfermidade, que fora introducida por Bichat. Clinicamente, débeselle a recuperación e o desenvolvemento do método da percusión. É autor do Essai sur les maladies et les lésions organiques du coeur et des gros vaisseaux (Ensaio sofre as enfermidades e as lesións orgánicas do corazón e dos vasos grosos, 1806) e dunha tradución francesa do Inventum Novum, de J. L. Auenbrugger, titulada Nouvelle méthode pour reconnaître les maladies internes de la poitrine (Novo método para recoñecer as enfermidades internas do tórax, 1808).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor francés. Entrou ao servizo do conde de Artois, en Versailles, onde estreou óperas cómicas (Nina, 1786). Autor de numerosos cuartetos de corda, da súa produción destacan Camille (1791) e Sargines (1788).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo. No ano 1727 trasladouse a Rusia, onde fundou unha escola de astronomía en San Petersburgo. No 1747 regresou a Francia, onde foi profesor de matemáticas do Collège de France e ocupou o cargo de xeógrafo e astrónomo da Mariña francesa. Dedicouse ao estudo da astronomía solar e foi o primeiro en determinar as coordenadas heliocéntricas das manchas solares. Publicou Mémoire pour servir à l’histoire et au progrès de l’astronomie, de la géographie et de la physique (Memoria para servir á historia e ao progreso da astronomía, da xeografía e da física, 1758).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Prateiro. Realizou, entre outras obras, unha cruz procesional de prata para a igrexa de Santiago de Esposende (Ribadavia, 1732).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e teórico. Discípulo de E. L. Boullée, construíu diversos edificios, realizou decoracións para as festas da Revolución Francesa e fixo deseños de edificios públicos durante a Convención. Entre os numerosos textos teóricos que escribiu destaca Précis des leçons d’architecture données à l’École Polytechnique (Leccións de arquitectura dadas na École Polytecnique, 1802).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político salvadoreño. Elixido presidente da República en 1935, as súas desavenencias co vicexefe José María Silva provocaron a súa dimisión ao ano seguinte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar, político e xornalista. Formado no colexio militar de Toledo, integrouse en 1856 no Batallón de Cazadores das Navas. En 1859 foi destinado a África no rexemento de Zamora e en 1863 trasladouse a Puerto Rico e desde alí aos EE UU. Membro activo no movemento revolucionario de 1868 e no movemento republicano federal de 1869, foi encarcerado en Béjar. Profesor do Ateneo Militar, foi o iniciador en 1872 do movemento revolucionario en Andalucía. Trala proclamación da República foi nomeado gobernador de Madrid e posteriormente ministro de Guerra. Restaurada a monarquía, exiliouse primeiro en Portugal e despois en París. Redactor do Noticiero de España e colaborador dos xornais madrileños El Imparcial, El descanso dominical e Gente Vieja, e do tinerfeño El Diario de Tenerife. Entre as súas obras destacan Dicionario Militar (1897), Memorias autobiográficas e Calandraca (1898). Recibiu a Cruz de San Fernando...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Explorador e cronista alemán. Enviado pola familia Welser a América, explorou entre 1529 e 1540 a área de Venezuela e Colombia. En 1538 participou na fundación de Santa Fe de Bogotá. Foi autor da Historia indiana (1557).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e poeta, pai de Leandro Fernández de Moratín. Asiduo do parladoiro literario de La Fonda de San Sebastián, foi un dos promotores en España do neoclasicismo, como reacción fronte á permanencia do teatro clásico español. Escribiu, entre outras obras, La petimetra (1762), Lucrecia (1763), Hormesinda (1770) e o drama histórico e patriótico Guzmán el bueno (1777).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo francés. En 1858 ingresou no Observatorio de París. No ano 1883 fundou o observatorio de Juvisy, que dirixiu ata a súa morte. Fixo numerosos estudios sobre as estrelas dobres e múltiples, a espectroscopia estelar e a topografía de Marte. Adquiriu gran fama como escritor de astronomía e, desde 1863, editou as revistas Cosmos e L’Astronomie. A súa obra máis coñecida é Les étoile et les curiosités du ciel (1881).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. En Italia pintou o tríptico da Resurrección de Lázaro (1461). En Aviñón dirixiu a decoración do palacio do Rei Renato I de Nápoles e pintou o tríptico A zarza ardente (1475-1476) da catedral de San Salvador de Aix-en-Provence. Atribúeselle o Díptico de Matheron (1475?).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta cubano. Colaborou nas publicacións Camagüey Gráfico, El Camagüeyano, Lys, Mediodía, Gaceta del Caribe, Mediodía, Orto e Hoy. Da súa produción destaca Cerebro y corazón (1922), Motivos de son (1930), Sóngoro cosongo. Poemas mulatos (1931), West Indies Ltd. (1934), El son entero (1947), La paloma de vuelo popular (1958), Prosa de prisa (1962), Tengo (1964), El gran zoo (1967), Cuatro canciones para el Che (1969), El diario que a diario (1972) e La rueda dentada (1972). Presidente fundador en 1961 da Unión Nacional de Escritores y Artistas de Cuba (UNEAC), recibiu o Premio Lenin da Paz (1954), o Premio Viareggio (1972) e o Premio Nacional de Literatura (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo francés. Obtivo medidas para determinar a paralaxe luar, mentres Lalande obtiña as medidas complementarias desde o observatorio de Berlín, e determinou a posición de 10.000 estrelas do ceo austral. Descubriu catorce novas constelacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Imitador de J. A. Watteau, fixo series sobre temas galantes e escenas da vida cotiá, como La leçon de musique.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formado con Peter Lely, foi retratista da burguesía intelectual. Das súas obras destacan Retrato de Le Brun (1686), La familia del pintor e Exvoto a santa Xenoveva, retrato colectivo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e urbanista francés. Realizou proxectos fantásticos e idealistas baseados na simplicidade xeométrica, que non chegou a realizar. Destacan os proxectos de cidades circulares das salinas de Chaux e Arc-et-Sernans (1773-1779). Realizou o teatro de Besançon (1778-1784), as prisións de Aix-en-Provence (1786) e os pavillóns de arbitrios do recinto de París (1784-1787).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante e fotógrafo. Relacionado cos intelectuais do Círculo de Bellas Artes e do café Pombo, a súa obra é un referente na evolución das vangardas en España. Autor de numerosas fotomontaxes (1932-1937), moitas das súas imaxes teñen relación cos movementos dadaístas e surrealistas. En 1936 traballou co arquitecto Florencio Mocoroa en Donostia e expuxo a súa obra xunto con Jorge Oteiza e Narciso Balenciaga (1930 e 1931), ademais de manter contacto con Miró, Picasso ou Alberti. Postumamente, editouse Nicolás Lekuona (1989).
VER O DETALLE DO TERMO