"OIT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 172.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de torta de formas diferentes que se fai con biscoitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica a facer ou vender biscoitos. Antigamente, os biscoiteiros formaban parte do gremio dos forneiros.
-
-
Pan, xeralmente sen lévedo, feito con moita fariña, moi pouca auga e sen sal que se facía cocer unha segunda vez para que se endurecese e se conservase mellor. Antigamente se empregaba para abastecer os barcos.
-
-
Doce feito, basicamente, con flor de fariña, ovos, azucre, manteiga e, posteriormente, cocido no forno, que se caracteriza pola súa lixeireza e esponxosidade. Hai diferentes tipos de biscoitos, en función da proporción dos ingredientes básicos, da adición doutros (chocolate, froitas, etc), do tempo de cocción, etc. Emprégase tamén como base doutras moitas preparacións de pastelería, pois a súa suavidade permite casalo con outros produtos doces como marmelada, chocolate, froitos secos, crema, nata, etc. Na tradición oral recóllense, entre outros, os seguintes ditos: “Pouco me gusta o biscoito cando non é moito”; “Biscoito de monxa e regalo de aldea, doullos a quen queira”.
-
biscoito borracho
Doce elaborado xeralmente como biscoito cortado en anacos e bañado cun xarope de auga e ron, ou doutro licor, azucrado e queimado.
-
-
-
Pasta fina e tenra de caolín cocida no forno, á que se lle deixa a superficie en estado mate, sen tinturas nin verniz. Coñecido xa nas manufacturas do Extremo Oriente, difundiuse en Europa a partir da segunda metade do s XVIII.
-
Calquera pasta cerámica non esmaltada, despois de recibir a acción do lume.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Curtametraxe realizada en Galicia por Raúl Veiga, adaptada libremente dun relato homónimo de Xosé Luís Méndez Ferrín. Foi a base para a elaboración dunha longametraxe titulada A metade da vida (1994), filme intimista que non tivo boa acollida do público.
-
-
Momento último da tarde en que comeza a facerse de noite.
-
No período de tempo que precede a noite.
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto francés. Traballou en Portugal, onde contribuíu ao nacemento e á evolución do estilo gótico manuelino. Entre as súas obras destaca a igrexa de Xesús de Setúbal (dende 1492), o mosteiro dos Xerónimos de Belem (1500-1556) e as capelas imperfeitas do mosteiro de Batalha (1509-1579).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Local, por regra xeral non demasiado grande, onde teñen lugar preferente as actuacións de cantantes, conxuntos e grupos musicais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
voitirón.
-
PERSOEIRO
Libretista, compositor e crítico musical. Estudiou composición e estética no Conservatorio de Milán. No ano 1868 estreou a ópera Mefistofele, que foi un fracaso rotundo, despois dalgúns arranxos dita ópera triunfou en Boloña, Venecia e Milán (1881). Escribiu numerosos libretos para óperas, como La Gioconda de Ponchielli (1876), Otello (1887) e Falstaff (1893) de Verdi, con quen traballou ao longo de moito tempo. Durante os anos sesenta realizou críticas musicais e publicou o libro de poesías Libro dei versi (Libro dos versos, 1862-1867).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e historiador. Dedicado á intervención sobre o patrimonio arquitectónico dende unha óptica próxima ás formulacións de John Ruskin, elaborou unha teoría da intervención en edificios históricos baseada en formulacións teóricas posteriores. Da súa obra escrita cómpre subliñar L’Architettura del Medio Evo in Italia (A arquitectura do medievo en Italia, 1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfuro de níquel e ferro, de fórmula (Ni,Fe)S2. Cristaliza no sistema cúbico e é de cor gris metálica. Ten dureza 5,5-6 e peso específico 4,6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade cultural vasca do s XVIII, de ideoloxía ilustrada, fundada no 1748, que deu orixe á Sociedad Económica Vascongada de Amigos del País.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e historiador de arquitectura e de urbanismo. Estudiou arquitectura na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1936) e socioloxía e urbanismo na University of Columbia (EE UU). Foi catedrático da Escola Superior de Arquitectura e director do Museo de Arte Contemporáneo en Madrid (1958). Foi senador (1977-1979) e conselleiro do reino (1978-1979). Entre as súas obras destacan La catedral de Valladolid: una página del siglo de oro de la arquitectura (1947), La catedral nueva de Salamanca: Historia documental de su construción (1951), Museo del Prado: Guiones de arquitectura (1952), Historia de la arquitectura española (1965), Breve historia del urbanismo (1968), La crisis del lenguaje arquitectónico (1972), Historia de la arquitectura occidental (1974), Liberalismo, ideas y recuerdos (1989), El Palacio Real de Madrid (1993) e Arquitectura de Madrid, siglo XX (1999). Participou tamén nas obras colectivas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e físico. En 1820 marchou a Rusia, onde foi profesor de matemáticas na Escola de Vías e Comunicacións de San Petersburgo. En 1830 volveu a Francia, onde se dedicou á construción de diversas redes de ferrocarrís, locomotoras e pontes metálicas. Deu forma alxébrica ao principio de Carnot e foi un dos pioneiros da termodinámica. En 1858 ingresou na Académie des Sciences.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Angustia provocada por algunha fatalidade. Na tradición oral recóllense os seguintes refráns: “Coitas e camiños dannos amigos. Nas coitas que un ten coñécese quen nos quer ben”.
-
Motivo literario de gran rendemento na poesía dos trobadores galego-portugueses, ata o punto de se converter no elemento central da poética trobadoresca peninsular, por oposición á matriz provenzal na que predomina o tema do joi (‘goce do amor’). No plano léxico este motivo reflíctese a través dunha serie de termos e expresións orientadas a manifestar a dor provocada polo sentimento amoroso. Na cantiga de amor adoita vir motivada pola actitude despiadada da dama e a súa negativa a corresponderlle ao namorado. Na cantiga de amigo, que reflicte o motivo desde unha perspectiva feminina (mesmo cando se dá cabida ao sufrimento que por causa da amiga padece o namorado), figuran como desencadeantes da coita da amiga a ausencia, a tardanza, a partida ou a infidelidade do namorado. Nas cantigas de escarnio a coita foi obxecto de sátiras e parodias, como a que leva a Pero Gomez Barroso na súa composición “Moir’ eu aqui de grand’ afan” a equiparar o sufrimento orixinado polo amor ao provocado pola...
-
-
Especie de tumor no peito que afecta ao gando porcino e vacún.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terreo que se deixa sen cultivar.
-
-
Que ou quen ten coita.
-
Que ou quen non ten moita decisión ante as cousas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde ás voces ‘oír’ e ‘escoitar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Folla de metal empregada para cortar, con fío por un lado ou polos dous, que pode manexarse a través dun mango ou soporte e que varía de forma segundo os usos. Ex: Utiliza unha coitela para afeitarse. O zapateiro comprou unha coitela nova para cortar o coiro.
-
-
Agresión feita cun coitelo ou cun instrumento semellante. Ex: A víctima recibiu nove coiteladas do seu agresor.
-
Ferida que resulta dunha agresión realizada cun coitelo ou cun instrumento semellante. Ex: Xa lle curou a coitelada que tiña na perna.
-