"ONG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 454.

  • PRAIAS

    Praia da península do Barbanza situada na beira meridional da ría de Muros e Noia. Queda ao S do castro de Baroña, na parroquia de Baroña, concello de Porto do Son.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da parroquia de Reinante, ao L da punta do Gabito, no concello de Barreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da beira meridional da ría de Vigo, no límite da parroquia de Chapela (concello de Redondela), coa de Teis (concello de Vigo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilagarcía de Arousa baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter científico aparecida en Vilagarcía de Arousa a finais do século XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial de Vilagarcía de Arousa. Realizada en estilo barroco, rematouse contra o ano 1667. No 1690 encargóuselle a Melchor de Velasco a construción da Capela do Rosario seguindo o modelo da Capela do Cristo de Burgos da catedral compostelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da península do Barbanza, na beira meridional da ría de Muros e Noia, situada ao N da punta Sarrosa pechando a lagoa de San Pedro de Muro, na parroquia de Xuño, concello de Porto do Son.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome comercial do ácido 1,5-naftalenodisulfónico, intermediario na fabricación de colorantes. Obtense sulfonando o naftaleno con ácido sulfúrico fumegante e separando o isómero 1,6.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Técnico en radiofonía. Perfeccionou o circuíto dos receptores superheterodinos (1914), estudiou as modulacións de frecuencia das ondas de radio (1918) e ademais pode ser considerado o inventor do actual sistema de modulación de frecuencia FM (frecuencia modulada).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizadora cinematográfica. Comezou a súa carreira dirixindo curtametraxes e documentais. O seu filme My briliant career (1979) conseguiu once premios do Instituto de cine de Canadá, incluíndo o de mellor directora e mellor película. Coa súa nova versión de Little women (Mulleriñas, 1994) baseada na novela homónima de Louise May Alcott, consolidouse en Hollywood. Dirixiu, entre outros filmes, High tide (En busca do pasado, 1986) e The last days chez nous (Os últimos días nos que permanecemos xuntos, 1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Estudiou no Royal College of Sciences de Londres e de Leipzig con Adolf Wilhelm Hermann Kolbe. Exerceu como profesor de Química no Medical College of Saint Bartholomeu´s Hospital de Londres. Foi membro da Royal Society (1876) e recibiu a medalla Davy (1911). Como investigador traballou sobre terpenos e sobre os derivados do naftaleno. É coñecido especialmente polos estudios sobre o ensino da química, nos que propugnou un método heurístico baseándose nun traballo de laboratorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro militar. Ao mando dun navío inglés, desembarcou tropas en Cangas en 1719 cando a invasión inglesa de Galicia. En 1738 foi destinado a Menorca, naquel tempo baixo dominio británico, onde realizou o traballo de investigación histórica The history of the island of Minorca (A historia da illa de Menorca, 1740-1742); así mesmo, é o autor do primeiro mapa de Menorca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trompetista e cantante de jazz, tamén chamado Satchmo. Cantou en lugares públicos dende a infancia. Entrou na orquestra de Kid Ory (1917) acadando dende entón sucesivos éxitos, integrado nos conxuntos de King Oliver e Fletcher Henderson, ata que en 1925 fundou o seu propio grupo, o mítico Hot Five. É considerado un dos pais do jazz clásico. Durante os anos trinta foi o precursor do paso do estilo polifónico do tradicional New Orleans á preponderancia do solista, propia das correntes modernas do jazz. Gravou máis dun centenar de discos e participou nunha quincena de películas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astronauta. Foi aviador naval durante a Guerra de Corea e despois piloto de probas do avión-foguete X-15. Tomou parte, como comandante, da cápsula Gemini VIII, no primeiro enganche orbital estadounidense (1966). Tivo o mesmo cargo durante a misión lunar Apollo XI, que o conduciu a ser o primeiro home en pisar a Lúa (21 de xullo de 1969). En 1971 accedeu á Cátedra de Enxeñería Aeroespacial da Universidade de Cincinnati.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e inventor. Centrou a súa actividade no campo da industria armamentística e fundou os famosos talleres Elswick (1847). No 1854 presentou o canón que ten o seu nome, de retrocarga e alma raiada, co que revolucionou as técnicas de artillería. Aplicou con éxito a forza hidráulica á artillería de mariña (1870). En 1897 constituíu a sociedade Armstrong, Whitworth and Co, Ltd, que se transformou na Vickers-A.-Limited Company. En 1877 recibiu o título de barón Armstrong of Cragside.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da República Democrática do Congo (53.920 km2; 2.578.000 h [1994]). A capital é Matadi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ajmag de Mongolia (116.000 km2; 91.200 h [estim 1997]). A capital é Bajankhongor (16.300 h [1979]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pol baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO