"Olea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 56.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos, caracterizado por presentar cogomelos co sombreiro de ata 4 cm de diámetro, de cor acastañada ou dourada, superficie lisa, láminas ferruxentas e pé dourado cun anel estriado. Orixinario de Oceanía, a especie D. maculata detectouse por primeira vez en Europa en terras de Galicia, asociado ás plantacións de eucaliptos.
-
-
Ondular a folla dun instrumento cortante, especialmente da gadaña por estar mal afiada.
-
Abrandar a froita moi madura.
-
Ondularse a folla da gadaña por mor dun mal cravuño.
-
Abrandarse moito a froita ou empezar a podrecer.
-
-
GALICIA
Pintor e escritor. Foi un dos integrantes da denominada nova figuración madrileña. As súas primeiras obras achegáronse á arte pop e posteriormente outorgoulle o protagonismo á cor. Entre as súas obras destacan Desnudo bajando la escalera (1976-1977) e Matisse de día, Matisse de noche (1977). Na súa faceta de escritor destaca Aprender a nadar (1980). Recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas en 1992.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Feito de anotar un equipo moitos goles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen marca gol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Marcar goles, especialmente en gran cantidade, ao equipo contrario.
-
-
Levantar a voz máis do necesario.
-
Chamar a alguén con grandes voces.
-
Falar sen discreción de algo que se debería calar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polea de gran diámetro (de 5 a 8 m), coa canle forrada dun material de elevado coeficiente de frición, empregada en aparatos de elevación, especialmente nas minas.
-
-
Moverse unha cousa no lugar onde está fixada ou encaixada.
-
Andar cambaleándose.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores ou arbustos, da familia das oleáceas, que se caracteriza por ter follas perennes, simples, opostas e coriáceas, flores tetrámeras dispostas en panículos ou acios e froito en drupa. A especie máis coñecida é a O. europaea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista trimestral editada en Vigo a partir da primavera de 1994. Subtitulouse “Boletín do departamento de patrimonio histórico e medio ambiente do Concello de Vigo”. Cesou ao redor da primavera de 1995. Dirixido por Rafael Ojea Pérez, contou coa asistencia técnica de Gonzalo López Márquez. Nos seus apartados, sempre cunha perspectiva de respecto ao medio natural, tratou temas relacionados coa arqueoloxía, a etnografía, a mellora ambiental, a natureza urbana, a historia, a inspección ambiental, a biodiversidade e as directivas e normativas europeas. Destacou polo seu rigor científico e a súa capacidade divulgativa.
-
PERSOEIRO
Arquiveiro. En 1520 entrou ao servizo do Conde de Lemos como arquiveiro e bibliotecario. Permaneceu dúas décadas na vila de Monforte de Lemos, onde desenvolveu unha actividade investigadora moi relevante, que deixou rexistrada nos espazos en branco dun exemplar do Ptolomeo, de Treschel. Alí escribiu, en tres columnas, o que se considera o primeiro vocabulario galego-castelán, con 156 entradas e algúns sinónimos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Comezou como documentalista en televisión, para logo debutar no cine con Días de viejo color (1967). Despois de dirixir o inquietante filme El bosque del lobo (1971), reorientou a súa obra cara a un clasicismo máis puro. Da súa filmografía destacan Tormento (1974), La Corea (1976), Akelarre (1984), El maestro de esgrima (1992, Goya ao mellor guión adaptado, 1993), Morirás en Chafarinas (1994), Más allá del jardín (1996) e Tiempo de tormenta (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás oleáceas.
-
Planta da familia das oleáceas.
-
Familia de plantas leñosas, da orde das escrofularias, que presentan follas opostas, simples ou compostas, flores regulares, normalmente tetrámeras, orixinariamente hermafroditas, con dous estames e co xineceo súpero bicarpelar, e de froitos moi diversos. Son propias das rexións tropicais e temperadas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antibiótico que se obtén do Streptomyces antibioticus. É activo contra bacterias Gram-positivas e tamén contra algunhas Gram-negativas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Glicósido que se extrae das follas do loendro e posúe unha acción cardiotónica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima lipásico do óso das olivas. Actúa a máis de 35°C,polo que é necesario evitar que a temperatura das olivas durante a fermentación nos muíños acade eses graos, porque faría diminuír a calidade do aceite.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal ou éster do ácido oleico. Os oleatos dos metais alcalinos presentan propiedades humectantes, deterxentes e emulsionantes e forman parte da constitución da maioría de xabóns comerciais.
-
-
Que produce ou contén aceite.
-
Que é da natureza do aceite.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Limpar con petróleo pulverizado.